|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (196)
ArTe (120) As Pontes (3421) Axenda (1003) Canto Mais? (263) Ciencia (31) Comarca (472) Conexións (453) Cultura (251) Deportes (2165) Deseño (3) Ecoloxía (168) Educación (134) Emprego (5) Empresas (418) Emuladores (9) Enerxía (298) Enquisas (47) Especiais (79) EuroEume (115) Fotografía (196) Gastronomía (54) Hardware (616) Historia das Pontes (178) Humor (33) Lago (188) Linux/GNU (994) Log #irc (12) Moda (1) Motor (8) Mundo (283) Mundo Apple (854) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Música (779) Na Web (1344) Natureza (291) Novas (22) Opinión (40) Outros Mundos (56) Parroquias, festas e historia (84) PDA (32) Phone / Tablet (298) Piratería? (295) Ponteses (240) Recursos (4) Sanidade (32) Saude Natural (45) Seguridade (399) SenFios (238) Software (545) Tecnoloxía (601) Turismo (19) Tutoriais (9) Video Dixital (408) Videoteca (51) Windows (326) Zona Gamers (475) |
30 de Abril 2010Moción BNG: MOCIÓN SOBRE DE ACTUACIÓNS MÍNIMAS URXENTES NO PROXETO DO LAGOD. Ramón Gato Bañobre, na súa condición de portavoz do Grupo Político Municipal do BNG no Concello das Pontes, e na súa representación, presenta a seguinte MOCIÓN SOBRE DE ACTUACIÓNS MÍNIMAS URXENTES NO PROXETO DO LAGO. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O BNG ven mantendo unha actividade continúa de iniciativas e propostas, quer no ámbito autonómico, quer no municipal, orientadas todas elas a rematar coa pasividade, co descoñecemento, coa descoordinación e coa incertidume que caracterizan o meritado proceso, e a provocar o necesario e urxente cambio de actitude dos responsábeis políticos (Xunta e Concello). A comezos de ano, o Grupo Parlamentar do BNG preguntaba ao goberno da Xunta sobre da futura xestión do proxeto, pregunta que a día de hoxe non ten contestación. En abril de 2008 –co período de 100 días de goberno máis que superado-, o BNG rexistraba a súa primeira iniciativa sobre do lago-escombreira, a que seguiron outras dúas en maio e setembro de 2009; con diferencias no seu debate plenario (rexeitadas polo Psoe e polo PP as dúas primeiras, e aprobada a última cos votos en contra do goberno municipal), todas elas comparten o mesmo resultado: incumprimentos. Nunhas xornadas organizadas polo Concello no mes de abril, o representante da empresa responsábel do proxeto do lago estabelecía o remate do enchido do oco da mina para o vindeiro ano 2011, e anunciaba para o verán a execución das obras de acondicionamento relativas á denominada zona de praia. Pola súa banda, o goberno municipal tramitou e outorgou no que vai do seu mandato licenzas de execución de trazados de liñas de transporte eléctrico na meritada zona ou nas súas proximidades, e abandonou o vertedoiro de inertes dos Alimpadoiros. Para o BNG, o proxeto debe ser contemplado de forma global, integrada. No entanto, a sinerxia negativa da pasividade irresponsábel dos gobernos autonómico e local e da celeridade interesada do promotor, obrigan ao BNG a propor actuacións illadas, necesarias e urxentes, encamiñadas a impedir ou minimizar situacións actuais que condicionen ou limiten o desenvolvemento futuro dos posíbeis usos e aproveitamento do lago e da escombreira. 1º.- O Concello comprométese a elaborar, antes do inicio das obras anunciadas pola empresa promotora do proxeto do lago, un plano para a eliminación, cambio e/ou soterramento das liñas de transporte eléctrico que afectan á meritada zona e ás súas proximidades, e para o acondicionamento do vertedorio de inertes, plano que deberá ser executado de forma simultánea coas obras de acondicionamento da praia. 2º.- Instar á Xunta de Galiza, nomeadamente ás Consellarías de Economía e Industria e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a prestar a necesaria e obrigada colaboración, técnica e económica, para a elaboración e execución do plano do punto anterior. As Pontes, 30 de abril de 2010 Asdo.: Ramón Gato Bañobre Publicado por CyberMODE -- 30 de Abril 2010 as 06:17 PM 0 comentarios |
Novas Recentes
-Los trabajadores de As Pontes y Meirama piden mediación a la Xunta para lograr más tiempo para adaptar las centrales
-Valentín Gonzalez Formoso: El lago es una gran apuesta de todo el pueblo -Regata Provincial de Piragüismo -Axenda Cultural -Una empresa de A Capela se traslada a As Pontes -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: ASEMBLEA ORDINARIA DE SOCIOS -V Travesía das Fragas do Alto Eume -Torneo Fútbol 7 -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: 24/25 – MAIO – 2013 -Hasta 6 años de cárcel para las Web de enlaces según el nuevo Código Penal Arquivos
- Maio 2013 (97)
- Abril 2013 (129) - Marzo 2013 (105) - Febreiro 2013 (94) - Xaneiro 2013 (111) - Decembro 2012 (93) - Novembro 2012 (104) - Outubro 2012 (116) - Setembro 2012 (102) - Agosto 2012 (106) - Xullo 2012 (116) - Xuño 2012 (105) - Maio 2012 (126) - Abril 2012 (106) - Marzo 2012 (122) - Febreiro 2012 (103) - Xaneiro 2012 (117) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||