|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
11 de Maio 2010Cerceda será a primeira vila galega en declararse «100% libre da SGAE»Farao dunha forma simbólica o próximo 22 de maio durante a celebración do seu 17.º festival [La Voz de Galicia] A localidade coruñesa de Cerceda será o primeiro pobo galego en declararse 100% libre da SGAE, aínda que só de forma simbólica. Será o próximo día 22, cando se celebre a 17.ª edición do seu festival, organizado pola Asociación Cultural Lucerna e dedicado desta volta á cultura libre. «É un tema que está de moda, pero xa vén de atrás», lembra Xosé Bocixa, membro de Lucerna. «Eu formo parte do grupo Zenzar, levamos cinco discos editados fóra da SGAE e houbo un momento no que era case ilegal. Chamábannos para ameazarnos sen pertencer a eles», explica. De aí que á asociación, composta na súa maioría por xente do pobo vinculada a grupos musicais, centre boa parte da súa actividade en concienciar á xente de que hai outras opcións. Así, a edición deste 2010 inaugurarase cunha mesa redonda na que se debaterá sobre os bens culturais de uso común, unha alternativa aos tradicionais dereitos de autor. Esta cita contará, entre outros, con Francisco Alvarellos e Joaquín Riera, socios da Casa de Música, «un espazo multidisciplinar compostelán que ofrece asesoramento a locais e grupos sobre lexislación e licenzas», en palabras de Bocixa. As actividades da tarde completaranse coa proxección de curtametraxes que non están suxeitas á SGAE e coa iniciativa de que os bares da zona pinchen unicamente música libre. «Xa falamos cos locais e distribuímoslles temas en MP3. Iso non é ningún problema, hai miles e miles», sinala Bocixa. Para a noite resérvase o prato forte do festival. Tras a lectura do manifesto que declarará á vila libre da SGAE, terán lugar as actuación musicais, da man dos grupos locais 12 Labirinto e Gendebeat, dos vigueses Selectah in Helicopta -que serán os encargados de pechar a noite- e Leo i Arremecághona, dos coruñeses Fracasados de Antemano e da banda de metal Nao. A iniciativa de Lucerna está sendo moi ben acollida porque, segundo Bocixa, a oposición á SGAE é xeralizada. «A xente está queimada, o que fan é unha auténtica sangría. Pretendemos amosar que hai outras solucións para a xente modesta deste negocio», sinala Bocixa. «Moitos están en contra, pero pensan que non está na súa man facer nada. Nós non somos uns expertos, pero colaboramos co noso gran de area», conclúe. Publicado por CyberMODE -- 11 de Maio 2010 as 08:36 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||