|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (275) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
1 de Xuño 2010Falamos con Gema Buitrón, por Xose FerreiroA arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas conseguiu esta fin de semana en Rovereto (Italia), xunto ás súas compañeiras Magali Foulón e Helena Fernández, a primeira medalla por equipos da selección española nas dezanove edicións dos Campionatos de Europa de Tiro con Arco, despois de caer ante Rusia na final. Apenas acaba de aterrizar en Madrid pero atendeunos coa amabilidade e a alegría que a caracteriza e asi nos resume Gema a súa actuación en Italia.
Hola Gema, felicidades, falanos un pouco do Campionato, a túa participación, as sensacions que tiveches … Hola! Pois a ver, foi un campionato un tanto especial, houbo de todo, sensacións boas, algunha que outra mala olvidada rapidamente por outra boísima, loitas co vento, tiradas tranquilas, emoción … A verdade é que como ves foi un campionato completiño completiño no que me sentín moi a gusto, quizais me quedou un pouco de mal sabor de boca por perder o meu desempate, pero o balance final é moi bo xa non só pola medalla de equipo, senón porque puiden disfrutar moitísimo. Conseguichedes a plata por diante de equipos impresionantes como Francia, Italia, Polonia, Alemania, Ucrania … ¿A que sabe esta medalla, subir ó podio, despois de tanto sacrificio e dos duros adestramentos co teu adestrador coreano (jeje), o gran Hyong Mok Cho? (Risas) Pois non vou mentir, sabe a GLORIA! Sempre che queda a cousa de dicir “podería haber sido no primeiro caixón”, pero a verdade que mirando todo o que loitamos e tódolos equipos que deixamos atrás ese lugar é perfecto. Para nós foi moi importante porque a parte de que é a primeira medalla do equipo feminino español nun Europeo, foi como a confirmación que levabamos tanto tempo esperando que en realidade temos ese nivel, o resto das veces sí sabiamos que podiamos estar ahi, pero é certo que non é ata que tes os pés no podium que non o crees de verdade. ¿Que tal estás desas molestias no hombro? Segundo me comentaches hai uns meses vas mellorando pouco a pouco … Si bueno, polo menos leva un tempiño sen dar moito a lata, hai días que parece que quere volver, pero por sorte vaino facendo menos, asi que a cousa vai ben. E iso que a vosa compañeira habitual, Beatriz Cabrero, está lesionada para todo o ano, e probablemente teña que deixar o tiro con arco, agardemos que non. ¿En que situación está agora Beatriz? Pois agora mesmo está en un impás como estamos todo o resto do equipo, estamos esperando resultados de probas e máis probas a ver se por fin un día escoitamos a resposta que todos queremos que é que Bea pode volver a adestrar e competir connosco, pero de momento seguimos esperando. Ogalla que asi sexa, pero dentro do malo estivo ben sustituida pola “junior” Helena Fernández, e incluso está na recámara Irene Delgado, que hai uns meses ganou unha proba sub21 en Francia, a naronesa Iria Grandal tamén ven por debaixo. Parece que tedes equipo para moito tempo ¿non? Si, e menos mal! A verdade é que estamos nun momento no que por sorte temos recursos en caso de que algunha do equipo titular falle. Pouco a pouco as pequenas foron poñéndose as pilas e podemos contar con elas para facer bos campionatos, como demostrou Helena esta semana. E da túa compañeira Magali, ¿que me dis? Ti e ela cada vez achegadesvos máis a Almudena Gallardo*, ¿non? jeje (Risas) Iso intentamos! A verdade é que non deixou as cousas fáciles nin moito menos, pero bueno, aqui estamos intentando chegar ó punto no que deixou o relevo. Penso que o estamos facendo ben, tanto Magali coma min estamos adestrando duro, tamén Helena, Iria e Irene, e parece que as cousas van saíndo. Tamén teño que dicir que temos o apoio total de Almudena, que agora viaxa con nós como parte da Federación, e a verdade é que é un apoio moi grande para nós e un punto de referencia. ¿Que sensacións se teñen ó quedar por diante de fenómenas como Schuh, Mospinek, Winter, Valeeva, Koval? … Sendo sincera non o pensara ata o momento de ler esta pregunta! Jeje, a sensación é de alegría, de tranquilidade por ver que o traballo que facemos é o adecuado, e por suposto de satisfacción. Coido que como xa dixen antes para min isto é máis unha confirmación de que podemos, e vexoo como o principio de todo. As arqueiras que nombras son moi boas e teñen o meu respeto, pero non deixan de ser xente que fan o mesmo que facemos nós, asi que coido e espero que a partir de agora aparezcamos sempre polo medio deses nomes. E a super potencia Rusia na final, o ouro e a plata individual, Erdyniyeva e Stepanova, ademáis de Perova … Unha plata por equipos que sabe a ouro ¿non? ¿Puidovos a presión na final ou eran casi invencibles? Bo sabor ten si! Coido que non, é verdade que a experiencia que teñen elas é moi superior á nosa, un equipo na súa primeira final frente a un veterán veterán, pero o noso equipo non entra nunca na liña de tiro pensando que está por debaixo, iso non quita que non sexamos realistas e saibamos que elas tiñan pluses, pero a verdade que a final estivo moi igualada. Non tivemos moita sorte porque o tempo non acompañou moito, o vento estaba por fastidiar, e como as finais son a tiro alterno non podes elexir cando tirar, asi que tamén depende moito de cando sople e cando non. De todas formas penso que aguantamos ben o tipo e foi unha final para disfrutar e sobre todo para aprender para a próxima ocasión. ¿Que me podes dicir da sorprendente medalla de bronce, a turca de 17 anos Elif Begunhan Unsal, que te eliminou por pouco? É unha arqueira moi xoven e con gran proxección. A verdade é que foi unha eliminatoria moi bonita a que tirei con ela porque a cousa estaba moi igualada e ningunha das dúas afrouxaba, foi unha pena ese desempate, pero bueno, estas cousas pasan. Espero que siga tirando como o está facendo e que poidamos atoparnos outra vez, iso si, a seguinte tócame a min!jeje ¿Que tal a cidade de Rovereto?, e Italia en xeral, ¿que che pareceu? Da cidade moito non vin, é o malo dos campionatos de tiro con arco, que os horarios son tan amplos que nos pasamos case os días enteiros no campo de tiro, que ademáis tende a estar nas aforas, co que aínda que acabes de competir tampouco podes facer moito, de todas formas tiven uns ratiños de relax nos que puiden visitar algo, e Italia é un dos países que máis me gustou, non sei si será polo parecido coa xente española, ou polos magníficos xelados! No resto do ano ¿cales son os teus plans e os teus obxectivos? Pois agora mesmo o que queda é saír disparada para Turquía, que é a segunda World Cup deste ano, que xa nos vamos o domingo, xa ves que non podemos nin desfacer de todo a maleta!, logo o Campionato de España dentro de tres semanas, a terceira World Cup en Ogden (USA) en Agosto, e os clasificatorios de Agosto, Setembro e Outubro para o equipo nacional do ano que vén. Asi que con isto os obxectivos son tirar o mellor posible os campionatos que mencionei, e clasificarme entre as tres primeiras para o equipo nacional do 2011 e así ter opción de coller plaza para Londres 2012 no mundial do ano que vén. Xa iremos vendo como vai saíndo todo. Pois, coma sempre, moitas gracias Gema, estaremos pendentes.
|
Novas Recentes
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón
-PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC -TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BETANZOS CF 2 Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||