25 de Xuño 2010

MANUEL LORENZO: 'As reservas indias son rexións autónomas''

manuel_lorenzo.jpg[El Progreso] Manuel Lorenzo naceu nas Pontes, pero síntese moi unido a Lugo, a última parada na súa traxectoria laboral antes de dar o salto a Phoenix (Arizona). Óptico de profesión, traballou en Multiópticas Callao durante catro anos, ata que foi visitar a unha amiga que traballaba no Laboratorio de Neurofisioloxía do Comportamento en Phoenix e comentoulle que buscaban a unha persoa do seu perfil.

Iso aconteceu en abril de 2008, e o 3 de xullo dese ano, véspera da festa nacional, Manuel chegaba coas súas cousas. Atrás quedaban o pulpo dos mércores na feira de Castro, as celebracións na Taberna de Marcos; os viños do Bar Anda, os chupitos no Trasno e as comidas ocasionais en Campa da Braña que tanto lle gustan. No laboratorio Manuel traballa como técnico no equipo de Stephen Macknik. "Paso a maior parte do día facendo experimentos relacionados coa visión, tratando de coñecer un pouco mellor como funciona o noso cerebro e o sistema visual en particular", conta.

Convive, di, con xente de moi distintas nacionalidades, e incluso moitos dos estadounidenses que coñece son primeiras ou segundas xeracións de familias inmigrantes. En Phoenix a ‘minoría’ máis ampla é a dos mexicanos, que representan "un terzo da poboación legal. Hai barrios enteiros que teñen os seus carteis en castelán e pódese vivir sen o inglés", conta Manuel. Neste contexto, "está sendo moi polémica a lei de inmigración de Arizona e, ainda que non se fala do tema, hai un certo racismo", aclara.


Arizona é un dos estados nos que tomou forma o mito do salvaxe oeste, pero algúns dos seus protagonistas teñen unha vida ben distinta á das películas. A situación dos indios nativos, explica Manuel, "parece moi complexa". As reservas indias son unha realidade "tan certa como a súa mala adaptación", indica, e o indio de hoxe en día "viste con camiseta, gorra, anda en coche e bebe cocacola. Teñen moitos problemas co alcohol, a obesidade e a falta de traballo", explica Manuel.

As reservas indias son "rexións autónomas dentro do propio estado", nun país onde estos teñen moita capacidade de autogoberno, o que fai que haxa moitas diferencias dun estado a outro. Sucede en asuntos como "a pena de morte, dereitos sociais, normas de circulación ou produtos de consumo. A Estrella Galicia é legal en California, pero non en Arizona", explica Manuel a modo de exemplo.

Phoenix atópase na área metropolitana coñecida como The Valley of the Sun (O Val do Sol) —unha das máis extensas dos Estados Unidos— un oasis no deserto de Sonora que conta con suministro abondoso de auga grazas aos ríos Salt, Green e Colorado. "Sorprende a cantidade de zonas verdes, árbores e natureza que hai", di .

Phoenix non é un centro urbano ao uso. "Non ten un centro e uns arredores, senón que todo é arredores, quitando un núcleo duns poucos rañaceos e edificios de cristais que se coñece como o downtown, e onde non hai xente pola rúa", conta Manuel, que asegura que é " a cidade máis pensada para o coche" de todas as que coñece, pero sen atascos.

O clima é "unha marabilla durante 8 meses do ano e faise insoportable durante o verán, con temperaturas que superan os corenta graos". Manuel ten a teoría de que "a invención do aire acondicionado cambiou a súa historia" e axudou a que pasara de 100.000 habitantes en 1950 a máis de millón e medio a día de hoxe. Cara ao sur do Valley "xa entra un no deserto, dominado pola figura dos saguaros, a imaxe que todos temos dun cactus e onde non é raro ver serpes de cascabel", explica Manuel. Cara o norte, a paisaxe cambia radicalmente e atópanse bosques frondosos, antílopes americanos, cervos ou coiotes.

A riqueza natural é para Manuel o máis destacable de Arizona, e a maior xoia constitúea sen dúbida o Gran Canon do Colorado, "o máis impresionante que teña visto", di, e tendo en conta que a súa afición é o parapente, ten visto dabondo. Recomenda moitos outros sitios para visitar, entre eles, as vilas mineiras que tanta vida lle deron a Hollywood: Jerome, Bisbee, Tombstone, OK Corral, Prescott, "por onde andiveron Wyatt Earp e compañía", di.

Tres cousas hai na vida: o coche, a tele e a comida
Na vida estadounidense "hai tres eixos: o coche, a tele ou ordenador, e a comida", e todo a un ritmo moi rápido, comenta Manuel. A gasolina é barata e todo está preparado para non baixarse do vehículo.

Nos medios de comunicación "hai un grao de competición en todo o que aparece, como se fose unha mentalización sutil da sociedade", conta Manuel. O exército ten unha presenza significativa nos medios. "A figura do veterano de guerra é moi respectada", di.
‘Scooters’ para mercar
Outra presenza constante é a comida e "iso leva a que a xente consuma sen parar e que se vexan obesidades mórbidas nunha porcentaxe escandalosa". Nos supermercados facilítanlles ‘scooters’ para que poidan facer a compra. No polo oposto, están "os que se coidan moitísimo" e para eles tamén hai "unha grande oferta de bebidas e produtos. O consumo é o eixo da economía".

Nos restaurantes "en menos de dez minutos está un servido e aínda ben non acaba, xa lle retiran o prato e lle traen a conta. Non é por meter présa, é a dinámica".

Os comercios abren todos os días e "en case todos os ladosun atopa máis xente traballando da que pensaría necesaria, por exemplo, un camareiro para dúas mesas, e viven das propinas", comenta Manuel.

O salarios son máis altos que en España, pero hai que descontar unha cantidade alta de gastos fixos: o seguro médico, o aforro para a xubilación, para a universidade. "O que perde o traballo ten moitos problemas" para cubrir eses fixos, explica Manuel. A idea de crédito tamén é diferente: "Un pode acumular débedas de miles de dólares se vai pagando fielmente, así o crédito aumenta e conséguense mellores intereses e máis fondo na tarxeta", conta.

Publicado por CyberMODE -- 25 de Xuño 2010 as 08:46 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12