|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (768) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1552) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (302) Emuladores (9) Enerxia (264) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (787) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (187) Pirateria? (273) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (386) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
25 de Xullo 2010A ROMARÍA DA FRAGANo ano 1904 por iniciativa do entón xuíz de Paz, Manuel Fernández Vidal, a celebración das festas prolongouse un día máis para celebrar o patrón pequeno o festivo seguinte, que nese ano foi o 25 de xullo. O lugar elixido foi unha finca dunhas oitenta áreas de superficie, situada nunha volta do río Eume preto da Areosa, poboada de carballos e outras árbores pequenas. A finca, coñecida como a Illa da Ramalleira, era propiedade de Sergio Rivera Chao e estaba totalmente rodeada polo río Eume, polo que os romeiros tiñan que achegarse a ela a través dunha pequena ponte.. A partir desa data e ata 1948 os ponteses e visitantes ían de romaría a esta paraxe na popularmente chamada Festa da Isla, nome que aínda os veciños seguían empregando cando xa se celebraba na actual fraga.
Debido á construción da presa da central da Calvo Sotelo en 1948, que anegou a pequena illa, os veciños tiveron que cambiar de lugar, elixindo unha finca no barrio do Barreiro, propiedade de Rita Cabarcos Durán, que fora mestra na escola de As Pontes. Esta fraga foi o lugar escollido para celebrar o día de Santiago para que os veciños seguisen gozando desta xira campestre. Dende 1950 vense celebrando nesta fermosa paraxe natural á beira do río Eume, entre os poboados da Fraga e do Barreiro. Aínda que en tempos recentes foi ampliada con outro terreo xa convertido en fraga hoxe , a veces quédase pequena, polo que as merendas e cabanas fanse tamén á outra beira do Eume, en fincas da Cuíña. Ata 1966 o baile remataba ó solpor e a verbena celebrábase na praza do Hospital. Había concursos de cabanas, empanadas, tortillas e traxes típicos e a música popular e tradicional amenizaba as merendas dos numerosos romeiros que enchían completamente a Fraga de Dona Rita e fincas dos arredores. A finca fora doada polo seu propietario, pero, ó falecer sen escriturar a doazón, o concello veuse na obriga de mercala ós seus propietarios por 725.000 pesetas a principios dos anos setenta do século pasado. Ata hai uns vinte anos as merendas eran case todas ó descuberto, agás unhas típicas cabanas feitas por grupos de romeiros. Hoxe en día aquel espírito aberto de veciñanza na festa foise perdendo co paso dos anos coa construción de “cabanas”, por dicilo dalgunha maneira, totalmente pechadas e cubertas de plástico que afean esta típica romaría con máis de cen anos de historia, declarada de interese turístico.
Nova cortesía de A.F (fotos dos anos 2007 e 2009). Publicado por CyberMODE -- 25 de Xullo 2010 as 09:00 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-Torneo de Kayak-Polo Concello de As Pontes 2012
-RESULTADOS DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO 21-29 XANEIRO -KM 29, VILA DE AS PONTES -CC.OO. y UGT se movilizan contra Industria por el plan del carbón -Axenda deportiva 4/5 - Febreiro - 2012 -Vivienda libre a precio de una protegida -La contaminación nos cuesta millones de euros -Sony confirma como su presidente al padre del éxito de la PlayStation -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 4 de febreiro -AS PONTES, FÚTBOL-7 DE VETERANOS: CAMPIONATO DE LIGA 2011/12 (14ª Xornada) Arquivos
- Febreiro 2012 (9)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||