29 de Xullo 2010

MIRADE A DIFERENCIA VECIÑOS

Xosé Manuel Ribeira envianos estas duas fotos dos dous tipos de Fraga...

Mesas-A-Fraga-2010.jpg


Publicado por CyberMODE -- 29 de Xullo 2010 as 04:14 PM


Comentarios

eu digo que debia de ser como na foto da esquerda.

Publicado por : teresa -- 29 de Xullo 2010 as 06:44 PM

Ti leva cousas para tres días, a ver que che queda despois da primeira noite.
tes que facer un cerrado e pechalo por lastima.

Publicado por : antonio -- 29 de Xullo 2010 as 08:02 PM

As cousas cambian o unico que sigue e seguira son as tradicions ;D

Publicado por : Festa da fraga festa nacional! -- 29 de Xullo 2010 as 08:26 PM

As cousas cambian o unico que sigue e seguira son as tradicions ;D

Publicado por : Festa da fraga festa nacional! -- 29 de Xullo 2010 as 08:26 PM

Amin tamen me gustaria moito ver a fraga como era antes,pero as cousas van cambiando...hoxe en dia se deixas algo non dura nin 3 min ali.....e tamen o que pasa que a xente nova vai o que vai e moitos fan a cabana para esconderse para que non os vexan os pais...eu votaba para que volvese a ser como antes e para que na sesion vermu poñan algunha forma de que a xente non pase con cristais,devido aque este ano abrironme una cexa cun casquillo de cerveza,pero ainda asi a fraga non defrauda..FESTA DA FRAGA FESTA NACIONAL¡¡¡eque seña por moitos anos que eu vouna disfrutar sempre que poda un saudo

Publicado por : un mais da festa da fraga -- 29 de Xullo 2010 as 11:02 PM

Neste debate gustaríame suliñar que ámbalas dúas fotos son deste ano (coido), co que queda demostrado que o que quere ir de mantel, vai. A min, que conste, tamén me gusta máis.
En canto aos cerrados/cabanas, dicir que non son cousa de agora, tanto, que hai anos (máis dos que seguramente ten algún dos que suspiran polo de antes) había concurso deles. Non eran estes cerrados de lona, pero o que aquí se debate non é unha cuestión estética, senón a existencia deles.
E por último, os cerrados non son cousa da xente nova, que tampouco son os únicos que beben nin os únicos que deixan todo feito unha merda. A educación e a mesura non é patrimonio dos vellos.
E a Festa da Fraga nunca defrauda. Pero nunca.

Publicado por : César -- 30 de Xullo 2010 as 09:51 AM

Hola teño 38 anos, teño fotos cun biberón sentada nunha manta na festa da fraga, e non habia tales cabanas, habia concurso de merendas, non de cabanas como di Cesar. Agora teño un neno de 2 anos e non imos a Festa da Fraga e de pena. Non temos educación para facer este tipo de festas, non se pode deixar a Fraga como queda logo da festa, debería ser so unha festa de merenda de campo (merenda no chan sin cabanas, sin toldos) como era nos meus tempos de nena. o que temos agora e de pena e de vegonza.

Publicado por : LUANOVA -- 30 de Xullo 2010 as 11:00 AM

Home César, non digas que había concurso de cabanas antigamente, pois iso non é verdade. Como tampouco había orxía lamacenta, nin campo de minas de cristais.. Alguén sabe a cifra exacta de fraguenses que pasaron pola caseta de protección civil, con cortes de vidro??
Ai amigo César... os que suspiramos polos vellos tempos nos que a Fraga era un día de unión e veciñanza entre os ponteses, vemos agora como esta festa agoniza entre a debastación etílica e a confusión ética e moral.
Desde logo que o meu fillo non irá a este tipo de "eventos orxiásticos" polo menos ata que teña idade de diferenciar entre o que se debe e pode facer.
E por último César iso de pensar que todos os que non gostamos da Fraga temos 20 ou 30 anos, iso eche moito supoñer...
Defendede a Fraga actual con argumentos, se é que os atopades e senón, por favor, non neguedes a realidade, seguide sumidos na intoxicación etílica que iso xa sabemos todos que vos vai ben..

Publicado por : axouxere -- 30 de Xullo 2010 as 01:44 PM

Teño 27 anos, non paso pola fraga dende fai uns 5 ou 6 anos. É unha vergonza que xente do pobo espere un ano para ter 3 días sen lei. Nesta festa, temos borracheras de nenos, temos as drogas pasando pola cara de propios e extraños, temos violencia gratuita, e dicir, temos a excusa perfecta para convertirnos no que criticamos ao longo de 362 días ó ano. É de notar tamen, que os do pueblo cada vez son menos os que se ven, e que os foraneos que se achegan ata As Pontes, a deixar todo como o deixan, a mexar nas ruas, a destrozar o mobiliario publico.... aproveitan para disfrutar del VALE TODO que se practica nesta vila coa connivencia de Autoridades e Mandatarios Locales. Eu mentras tanto, e 5 dias despóis da romeria, non podo disfrutar da fraga. Festa nacional, si señor.

Publicado por : Festa da Fraga... Indiferencia Nacional -- 30 de Xullo 2010 as 02:07 PM

Se tantos sodes os que queredes a merenda coma antaño facede un comunicado e un fin de semana ide pra ali cas mantas a comer,e todos contentos,non eta prohibida a entrada e se vos disgusta a fraga actual con non ir xa esta,tedes na vosa man facer a festa da manta cando queirades,hai opcions pra todos os gustos...besitos amores mios

Publicado por : ENFIN.. -- 30 de Xullo 2010 as 07:19 PM

En fin volta o mesmo que se a fraga asi que se a fraga asa,teño 32 anos e levo facendo cabana na fraga 15 ou 16 anos,de acordo q antes habian xestas,despois pasaron a facerse de cascarilla e agora son de tabla de encofrar,por que?? pois moi facil,nos montes non se pode andar por q ven seprona e multate,a cascarilla comprabase no unico aserradro q tiñamos nas pontes aora cerrado,asi que non queda mais q irse a tabla.O das merendas no mantel a verdd no recordo ,pode ser q nas suas orixes cando a fraga era so o 25 se fixese pero se queredes seguir viviendo de lembranzas seguide no voso mundo,cando un elixe,eso si non tratedes de convencer a xente,por que a fin de conta os que estades con lerias sodes sempre os mesmos,achegados ou militantes do bng,por eso a xente xa non vos fai nin caso,por que non vos vale nada que non fagades vos!!!

Publicado por : eu son eu -- 30 de Xullo 2010 as 11:05 PM

En fin volta o mesmo que se a fraga asi que se a fraga asa,teño 32 anos e levo facendo cabana na fraga 15 ou 16 anos,de acordo q antes habian xestas,despois pasaron a facerse de cascarilla e agora son de tabla de encofrar,por que?? pois moi facil,nos montes non se pode andar por q ven seprona e multate,a cascarilla comprabase no unico aserradro q tiñamos nas pontes aora cerrado,asi que non queda mais q irse a tabla.O das merendas no mantel a verdd no recordo ,pode ser q nas suas orixes cando a fraga era so o 25 se fixese pero se queredes seguir viviendo de lembranzas seguide no voso mundo,cando un elixe,eso si non tratedes de convencer a xente,por que a fin de conta os que estades con lerias sodes sempre os mesmos,achegados ou militantes do bng,por eso a xente xa non vos fai nin caso,por que non vos vale nada que non fagades vos!!!

Publicado por : eu son eu -- 30 de Xullo 2010 as 11:06 PM

Teño 26 anos, debe facer coma 4 anos que non vou á festa da Fraga. En canto ó das cabanas: moito máis enxebres con xestas coma antes. Tamén estou dacordo con que hai demasiados excesos nesa festa, e o que me abraia é ver a xente que xa peina canas seguir no mesmo plan que tiñamos con 15anos. Dígoo polas fotos que puiden ver na rede...

Publicado por : Vilán -- 31 de Xullo 2010 as 01:51 AM

en canto gañe o pp as municipais vaise acabar o desfase da Fraga...
uns cantos controis de seguridade cidadá nos accesos, limitación de acceso ao recinto a menores que non vaian acompañados de seus pais, organización do espazo para instalación de merenda ou cabana de xesta, restricción de acceso ao recinto con material e mobiliario doméstico (véxase: sofás, mesas camilla, colchóns, neveiras, conxeladores, ...), aumento do número de cabinas WC, supresión do servizo do camión motobomba da sesión vermut, aumento do número de contedores de lixo, limitación do servizo de distribución eléctrica a instalacións eléctricas propias do alumeado, con restricción para todo tipo de equipos de son que superen un número máx de decibelios, etc

Estas son só algunhas das propostas que axudarían a facer da Fraga unha festa aberta e segura para os nosos fillos, na que poder desfrutar do día na compaña de familiares e amigos, con total liberdade e seguridade.

Publicado por : paula -- 31 de Xullo 2010 as 12:39 PM

axouxere, si que tivemos concurso de cabanas, fai moitisimos anos digocho eu que paso de 50 y si esperamos po lo pp faceremos una corrida de touros

Publicado por : fdv -- 31 de Xullo 2010 as 09:24 PM

axouxere, si que tivemos concurso de cabanas, fai moitisimos anos digocho eu que paso de 50 y si esperamos po lo pp faceremos una corrida de touros

Publicado por : fdv -- 31 de Xullo 2010 as 09:25 PM

O feito de que nos anos ´70 se fixeran concursos de cabanas é iso, un feito. Como tal é comprobable, non discutible. Está nos programas de festas daqueles anos.
En canto a que a "festa agoniza entre a debastación etílica e a confusión ética e moral", "eventos orxiásticos", "seguide sumidos na intoxicación etílica que iso xa sabemos todos que vos vai ben..", "o que temos agora e de pena e de vegonza temos borracheras de nenos, temos as drogas pasando pola cara de propios e extraños, temos violencia gratuita", "o que me abraia é ver a xente que xa peina canas seguir no mesmo plan", non son máis que consideracións éticas e morais totalmente subxectivas, que afectan (ou deberían afectar) tan só aos que as pronuncian: se non che agrada o que aí hai ou cres que hai, non vaias. Pero deixa aos demais disfrutar.
Alí na Fraga habería 10 ou 12 mil persoas disfrutando e pasándoo ben. Moi ben incluso. E moitos deles levan indo desde cativos e, peinando canas, seguen a pasalo como cativos. Fan dano a alguén?
Polo demais, e volvendo a cuestión deste post, ás fotos, repito que se non me equivoco e as dúas son deste ano, iso demostra que cada quen pode ir como quera: de mantel e de cabana.

Publicado por : César -- 1 de Agosto 2010 as 01:14 PM

HOYGAN!1!! SI BOTAN HAL PEPE NOS TOKA A TODOS HEL EUROMILLONES, GARANTISADO!!!

http://www.youtube.com/watch?v=Qh2sWSVRrmo

Publicado por : Suso -- 2 de Agosto 2010 as 02:10 AM

como vos xa pasastes por iso ai ke kitar cabanas e deitarse no chan!!o do p ke vai facer controles e un palleiran ke kere matar a festa da fraga!!
palleiran a festa fraga e asi e punto

Publicado por : nu puta idea -- 2 de Agosto 2010 as 01:49 PM

Cesar unha puntualización referente as fotos as duas son deste ano pero os que chegamos o mesmo dia para xantar ( 25 ) cada vez temos que ir alexandonos da propia fraga porque si non ocupas o sitio marcado un ou dous dias antes , xa cho collen porque pensan que xa non vas , asi pasou este ano , polo tanto penso que deberian marcar unha zoa dentro para a xente que queira poñerse o mesmo dia sin ningun tipo de peche .

Publicado por : ribeira -- 2 de Agosto 2010 as 02:15 PM

Ribeira: supoño que solucións ten que haber para todo e para todos, pero na miña opinión non se debería sinalar zona ningunha. Todos deberíamos disfrutar da Festa da Fraga, cada un ao seu xeito, pero todos xuntos. Como sucede hoxe en día, cada quen vai buscando o "seu" sitio, a "súa" zona, sen que a autoridade lla marque. Xa ves que, malia todo o que dis, houbo sitio para xantar de mantel.
Que fuches marcar e quitáronche o sitio? Sempre vai haber xente así. É cuestión de educación, como poñer música a tope de volume ou deixar todo cheo de merda. Moito me temo que vai ser imposible acabar con eles, pero tamén é certo que son minoría. Chaman moito a atención, pero son minoría. Iso tamén hai que telo en conta.

Publicado por : César -- 3 de Agosto 2010 as 09:40 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Setembro 2010 (7)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (109)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Setembro 2010
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    




Xerado con
Movable Type 5.02