|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (276) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
3 de Agosto 2010PIÑEIRO CELEBROU AS SÚAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA DA VIRXE DO ROSARIO E SAN MARTIÑO E INAUGUROU A REFORMADA IGREXA PARROQUIALA parroquia xermadesa de Piñeiro celebrou por todo o alto, esta fin de semana, as súas festas patronais na honra da Virxe do Rosario e San Martiño. Os actos festivos comezaron o venres cunha verbena a cargo de Superfama e a Discoteca Movil Play. A xornada máis importante foi a do sábado, coa bendición da nova igrexa parroquial por parte do bispo de Mondoñedo. A sesión vermú foi da orquestra Compostela, que voltou á verbena xunto a orquestra Ilusión. Na xornada do domingo repetiuse a misa e procesión e a música da sesión vermú púxoa a prestixiosa orquestra Los Satélites, na que estivera o lembrado Pucho Boedo na década dos anos cincuenta do século pasado. Nesta derradeira verbena houbo sorteo de mil euros. Tamén se aproveitaron os festexos para realizar a inauguración da remodelada igrexa parroquial, acto no que estivo presente o bispo de Mondoñedo, Manuel Sánchez Monge, o alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, e numerosos veciños de Piñeiro e doutros lugares da comarca, que non se quixeron perder este importante acontecemento, polo que a igrexa quedouse pequena para acollelos e moitos tiveron que asistir á misa dende fóra. Oficiou o acto litúrxico o propio bispo, acompañado dos fregueses e o coro parroquial de Roupar. Antes de dar comezo o acto litúrxico, o cura das Pontes resaltou o esforzo realizado para a restauración da igrexa e agradeceu a todos cantos aportaron a súa axuda, como a asociación veciñal de Piñeiro, os comuneiros de montes, bispado de Mondoñedo, concello de Xermade e Deputación de Lugo. Antes da procesión, o bispo da diocese bendiciu a renovada igrexa. Os veciños e visitantes tamén puideron visitar a exposición de fotos antigas no local social da asociación veciñal, con máis de medio cento de fotografías nas que se reflicten escenas familiares dos veciños de Piñeiro de tempos pasados.
A PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE PIÑEIRO Pertence ó arciprestado de Xermade, que abarca oito parroquias deste concello (Burgás Cabreiros, Candamil, Cazás, Miraz, Momán, Piñeiro e Xermade) e as de Labrada (Guitiriz) e San Pedro e Santa María de Xestoso (Monfero). San Andrés de Lousada e San Pedro de Roupar pertencen ó arciprestado das Pontes. Numerosos regos e regatos atravesan a parroquia, sendo os máis importantes os de Sanche, Mazandoi e Porto Vello e, agás nos vales e na vertente cara o río Eume, a súa orografía supera os cincocentos metros, sobresaíndo a Medoña de Mazandoi (665 m.) ó sur da parroquia. A súa economía principal é a agricultura e a gandería, con varias explotacións de raza rubia galega e frisona. Como dato histórico podemos sinalar que alá por 1843 dicían publicacións da época que a parroquia de Piñeiro contaba con 41 veciños e 216 habitantes comprendendo os lugares de Aldea, Antoa, Asqueiral, Baqueriza, Casanova, Casanova de Sanche, Cerbeira, Corredor, Fontelo, Framil, Ladrela, Marando, Outeiro, Paradiña, Pena, Pouda, Rebujento, Ribas, Sanche Grande, Sanche Pequeño e Veiga. A súa distancia a Lugo era de 7 leguas, cinco e media a Mondoñedo, dúas a Vilalba e media legua a Xermade. O seu clima era frío pero san. A igrexa tiña como anexo a San Pedro de Miraz e o “curato” era de primeiro ascenso e padroado real e eclesiástico. A súa principal industria era a agrícola (centeo, patacas, algo de trigo e legumes) e cría de gando, principalmente vacún, así como caza de lebres e perdices e pesca de troitas. O concello de Xermade tiña 586 veciños e 2.931 habitantes, dos que só 256 eran electores, 255 por seren contribuíntes e só un por ter capacidade para votar. Contaba con catro escolas ás que ían 105 nenos e tan só once nenas e estaba rexido por un alcalde, un tenente, seis rexedores, un síndico, cinco suplentes e nove alcaldes pedáneos.
Nova cortesía de A.F. Publicado por CyberMODE -- 3 de Agosto 2010 as 09:01 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-El Tribunal Supremo admite a trámite la demanda para suspender la Ley Sinde
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón -PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||