|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1558) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (305) Emuladores (9) Enerxia (265) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (275) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
25 de Agosto 2010Entrevista a Xaime Castro, Alberto López e Rubén Rivas, presidente, adestrador e capitán do CD As Pontes. Por Minchi e Xose FerreiroMáis de oito anos pasaron dende aquel 19 de Maio de 2002 no que o Clube Deportivo As Pontes xogou o seu último partido en Terceira División no Campo do Poboado ante o Lemos. Despois de oito temporadas na Rexional Preferente o histórico As Pontes retorna á Terceira División, e debutará en Liga este próximo domingo rendindo visita ante o Pontevedra B. Quixemos falar co presidente, adestrador e o capitán do equipo e estas son as súas reflexións a poucos días do ansiado debut.
Hola Xaime, unha vez conseguido o ansiado ascenso, ¿cal e o obxectivo do equipo para este ano, e, sobre todo, a longo prazo? Hola, bueno, tal e como falamos hai un ano na última asamblea de socios onde foi elixida esta nova xunta directiva, a nosa idea era levar ó equipo a Terceira División nun prazo de catro anos, agora que as cousas saíron ben e fomos capaces de facelo no primeiro ano, nós agora mesmo plantexamonos que hai que ir pouco a pouco e, sobre todo, asentar o equipo en Terceira División. Tamén hai que ser realistas, eu creo que vendo a realidade social do pobo agora mesmo e da situación a nivel global de cómo están as empresas e os patrocinadores en todo o mundo pois agora mesmo creo que é unha categoría moi bonita e moi real para estar o Clube Deportivo As Pontes, e despois máis a longo plazo esperemos que todo isto mellore e que todo vaia ben, e si o As Pontes pode volver a gozar de patrocinadores importantes poderíamos intentar outras aventuras, pero en principio tentar asentarnos un pouco entre o que é a elite do fútbol galego na Terceira División que é a que corresponde para un clube do noso nivel tanto de pobo como de recursos. ¿Se tivera que dicir unha posición na que cree que quedará o equipo? Eu sinceramente, a Terceira é unha categoría terrible, dificilísima e igualada, e iso que alguén por ahí nos está poñendo un pouco como o cartel de medio favoritos, ¿non sei a que?, xa que é totalmente irreal, eu coñezo a Terceira, e sei que equipos hai por ahí adiante, e creo que imos ter que sufrir moito, como todos os equipos, quitando tres ou catro, os que están por encima do resto de clubs, como son o Racing, o Cerceda e Ourense, pois o resto eu creo que imos a sufrir moitísimo. Eu conformome con asentarme co menor sufrimento posible, sen que con iso eu quera dicir que nós renunciemos a nada, loxicamente imos a intentar gañar todos os partidos e ogallá todo saia de maravilla, pero bueno, xa digo, a ilusión de esta xunta directiva e do presidente que vos fala é que o clube se manteña e se asente, e todo o que sexa iso será un éxito para o clube este ano. Xa falando un pouco máis do resto dos planteis do clube, o filial, o feminino, o xuvenil de Liga Nacional e o resto dos equipos, ¿Con que quedaría satisfeito? Ben, eu en contra do que moita xente poda pensar, e non é nada utopico nin algo de falar por falar, nós temos algo moi claro, que a base nos prima, e o tema da formación sobre todo, o xuvenil de Liga Nacional interesaría aguantar esa categoría, que é moi bonita e onde os rapaces formanse moi ben futbolísticamente, e nas outras categorías, este ano estivemos cos infantís próximos ó ascenso á Liga Galega, se somos capaces de lograr algún ascenso á Galega pois ben, pero senon tampouco é un tema prioritario para nós, sobre todo que os rapaces se formen como futbolistas porque loxicamente este é un clube de fútbol, pero tamén se formen como persoas, e eu creo que niso si que estamos moi contentos e estamos facendo unha labor importante e na que queremos seguir incidindo. Esta será a décima tempada do equipo na Terceira División, que tamén estivo nove anos en Segunda B, incluso na gloriosa 1991-1992 xogou a Fase de Ascenso á Segunda División, despois de oito tempadas na Rexional Preferente, este ano retornase á categoría que máis ou menos lle corresponde a un clube histórico como o As Pontes, ¿que lle diría ós socios, afeccionados e a xente de As Pontes para que se animase a vir ó Poboado? Home, sobre todo que este é un clube que representa a As Pontes, é dicir, que vaias por onde vaias o Clube Deportivo As Pontes é coñecido e As Pontes é moi coñecida a través deste clube, e en segundo lugar que aquí hai máis de 200 nenos formándose, eu creo que aparte de futbolistas facendose boas persoas e boa xente. E por último, que creo que estamos intentando con moito esforzo e con moitísimo traballo facer unhas plantillas como foi a do ano pasado que logrou o ascenso, sen desmerecer a ningunha das que estiveron todos estes anos, e este ano pois intentar tamén que se volva a ver un gran fútbol no Campo do Poboado, eu creo que o que veña aquí vai disfrutar de bos partidos, e encima este ano hai equipos como Racing de Ferrol, Ourense e Cerceda, van pasar polo campo grandes equipos e a xente vai disfrutar, e animo a que veñan e que nos boten unha man porque o apoio do pobo de As Pontes para o CD As Pontes é absolutamente fundamental. E xa para rematar unha pregunta persoal, desde que é presidente ¿Cal foi o seu momento máis feliz? Buf, puido haber varios, a verdade é que non sei con cal quedarme, home, deportivamente falando seguramente o ascenso deste ano foi quizais o máis importante, polo menos como presidente e como clube, pero algo que me encheu moitísimo, moitísimo, moitísimo de orgullo, e disfrutamos moito delo foi o ascenso do equipo xuvenil á División de Honra na tempada 2006-07 porque eu creo que ninguén lle chegou a dar o mérito que tivo que un pobo pequeno coma este e con rapaces casi exclusivamente de aquí chegaramos a estar entre os mellores equipos de España na tempada 2007-08. Despois tiven moitísimos momentos felices e emotivos que me quedo con eles, pero bueno, no deportivo, sinalar eses dous pola importancia que teñen, pero simplemente cada día que vexo ós nenos xogar ahí fora xa son días felices e importantes para min como presidente do clube. Moitas gracias Xaime
Hola mister, escoitei que estaba moi satisfeito da pretemporada, ¿cales son os aspectos que máis lle gustaron? Hola. Pois o aspecto que máis me gustou sen dúbida é a predisposición da plantilla pra traballar, posto que é un grupo que asimila moi ben a carga de traballo, que ten unha predisposición moi boa para todo, tanto para o traballo fisico coma táctico, teñen unha moi boa actitude de cara a recepción do traballo, xa che digo, sexa físico, sexa técnico, sexa táctico, e bueno, é difícil atopar un grupo tan homoxeneo onde os xogadores son receptivos á hora de asimilar conceptos. Para un equipo que acaba de ascender en teoría o seu máximo obxetivo tería que ser a salvación, pero realmente, ¿a que aspira este ano? Cales son as súas metas? A miña meta é facer un equipo que sexa moi competitivo e que poda gañar a calquer rival en calquer campo, dentro de ser ambiciosos, ter ilusión, e non marcarnos ningún obxetivo sobre todo ata finalizar a primeira volta, a competición e o nivel que deamos na primeira volta será o que marque o obxetivo final. Este verán houbo moitas fichaxes, pódese dicir que o equipo é casi novo, ¿en canto tempo estima que os novos se acoplarán, que o equipo acabará carburando e que logrará o rendemento que vostede quere? Pois penso que o coñecemento total do equipo será entre finais de Outubro e principios de Novembro, temos xogadores moi polivalentes que aínda temos que buscarlles o posto onde podemos sacar o mellor rendemento de cara ó colectivo do equipo, entón penso que necesitamos un pouco de tempo para acoplarnos e ver si realmente os sistemas de xogo que vamos a empregar son os ideais para eles e a posición no campo é a idónea, porque todavía non está moi claro. Despois dun mes de adestramentos ¿xa ten máis ou menos claro o equipo titular e o esquema que vai utilizar ou ainda ten dubidas?, e ¿que espera do seu debut ante o Pontevedra B? Bueno, espero que o equipo compita ben e sobre todo asimile ben os conceptos que traballamos, anque aínda nos faltan moitas sesións para poder ver o equipo que queremos. Temos equipo na segunda liña e na liña de ataque perfilado, pero na primeira liña polas baixas que tivemos de Esmorís e a última hora de Rivas no lateral dereito e a dúbida que temos con Rochela que está lesionado estes días, pois teremos que traballar un pouco sobre todo a primeira liña, a liña defensiva, agora mesmo coa polivalencia que temos de Schuster, Juan, Jordi, Diego Piñeiro e Chote, pois xogar un pouco con eles para ver cales poderían entrar, pero aínda non o temos decidido todo. Este ano a Terceira terá moito nivel, estará o Racing, Ourense, e aquí imos ter derbis de rivalidade co Ferrol, Narón, Somozas e Vilalbés, ¿Cales considera que serán os rivais máis fortes e ve algún tapado que poida dar a sorpresa? Home, eu penso que Racing de Ferrol, Ourense e Cerceda, van a ser os tres primeiros clasificados, non sei a orde pero penso que seguramente o Racing de Ferrol será o que máis potencial ten, ten dous xogadores moi bos por cada posto, e sería o equipo que máis debería destacar na categoría. Despois en canto a equipo tapado, descoñezo a verdade as plantillas da zona sur, entón, tes equipos como o Ordes que fixeron unha gran plantilla, pero non sei realmente cal pode ser o equipo tapado, si que sei que os tres primeiros podome xogar algo a que van a ser estes tres. Moitas gracias Alberto
Hola Rivas, despois de tantas fichaxes, ¿que tal se están adaptando os novos ó equipo?, ¿hai bo ambiente? Hola, si, a verdade é que si, este ano hai moita xente nova, son sobre 14 incorporacións ou por ahí, pero a xente é bastante aberta, e a verdade é que dentro do vestiario está todo moi ben, non hai ningún problema de adaptación nin de ningún tipo. A plantilla hai dous anos xa era boa, o ano pasado fixeronse moitas fichaxes e a situación mellorou, e este ano suponse que aínda máis, ¿que cambio de calidade notas nos novos compañeiros?, ¿en que se nota? ¿nos adestramentos?, ¿nos partidos? Bueno, este ano notase bastante o salto de calidade que deu a plantilla, sobre todo porque é xente que está moi acostumada a xogar en Terceira División e é outro ritmo completamente distinto, entón os adestramentos son diferentes, con outro ritmo, con outra intensidade, aparte de que é moita xente nova e todo o mundo intenta buscar un sitio no equipo e a competencia é moito máis forte, pero bueno, o salto de calidade notase, a calidade da xente que veu este ano é moi importante. Despois do ascenso do ano pasado, ¿a que aspirades? ¿Cales son os obxectivos do equipo? ¿Permanencia ou tedes outras metas? O obxetivo é lograr a permanencia, canto antes se logre está claro que moito mellor para todos e máis tranquilidade, e unha vez que logres a permanencia podes tomalo de outra maneira e disfrutar un pouquiño máis do fútbol, pero en principio hai que salvarse e punto, despois de tantos anos non podes agardar outra cousa. A cinco días do debut en Pontevedra, ¿Cómo ves o estado do equipo en canto a ánimo, gañas e motivación? A verdade é que moi motivado e con moitas gañas de empezar xa, porque da pretemporada acabas cansado, está claro que non estamos no noso mellor momento, nin físicamente nin aínda nos coñecemos todos perfectamente para poder xogar xuntos, pero bueno, o equipo está moi motivado e a xente ten gañas de empezar xa. Cómo capitán e máximo expoñente do plantel, ¿que lle dirías á socios, afeccionados e a xente de As Pontes para que se animara a vir ó campo? Pois que este ano é unha categoría moi bonita, con equipos moi bos como o Racing de Ferrol, o Ourense, o Cerceda, que penso que este ano invertiron bastante no clube, apostaron bastante pola plantilla deste ano, con xente contrastada en Terceira División, e cos rapaces que xa había aquí, e penso que podemos facer unha boa tempada, e animar á xente a que se pase polo campo de fútbol, que sempre é agradable ver as gradas un pouco cheas. Moitas gracias Rivas Pois desde Amigus desexarlle moita sorte ó equipo no seu retorno á Terceira División e animar á xente de As Pontes a que acuda ó Campo. Nova cortesía de Minchi e Xose Ferreiro Publicado por CyberMODE -- 25 de Agosto 2010 as 01:11 PM 0 comentarios |
Novas Recentes
-Endesa movió ya por mar casi 600.000 toneladas de carbón
-PARTIDO DE ALEX CABARCOS NA MADROA -Horarios competición Club Baloncesto As Pontes 11/12 de Febreiro -Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES -Cierra el portal de intercambio de archivos BTjunkie -LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0) -Resultados da fin de semana do CB AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC -TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BETANZOS CF 2 Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||