XXII festa do Requeixo
O vindeiro domingo 29 de agosto, celebrase na Capela a 22 edición da Festa do Requeixo, na que, amais de degustar o afamado Requeixo da Capela, dende hai uns anos xa comercializado, poderemos pasar un día disfrutando da boa música galega. O centro do cartel deste ano será para o grupo LUAR NA LUBRE, que actuará a partir das 21,30 h., pero antes, contaremos cunha importante presenza de músicos de As Pontes, representados por ALFAIA, que actuará a partir das 17 h., e de MUXAREGA, que o fará a partir das 19 h. Tamén, a continuación do Pregón da Festa a cargo este ano de BENIGNO CAMPOS, do programa da TVG “Larpeiros”, actuará a banda de música “SANTIAGO” de Arteixo, ás 13 h.
Exposicións, paseos turisticos, etc. completarán unha xornada que esperamos sexa do agrado de todos.

Nova cortesía de Jose Manuel Corral
Publicado por CyberMODE -- 27 de Agosto 2010 as 08:35 AM
0 comentarios