31 de Agosto 2010

Entrevista a Serafín Fontao e Carlos Mieres, adestradores da Selección Española de Kaiak Polo, por Xose Ferreiro

Esta semana, do 1 ó 5 de Setembro disputarase en Milán a novena edición dos Mundiais de Kaiak Polo. As Pontes estará representada polo adestrador absoluto Serafín Fontao e polo seleccionador Sub21 Carlos Mieres.

Serafín Fontao foi elixido mellor deportista pontés en 2001. 2 veces campión de España e 3 de Galicia, é unha auténtica institución dentro do Kaiak Polo español. Foi porteiro da selección española en nada máis nin nada menos que 5 Campionatos de Europa e 5 Mundiais. Os seus mellores resultados son un 4º posto no Europeo de Madrid 2005 e un 5º no Mundial de Canadá 2008.

Carlos Mieres tamén foi 2 veces campión de España e 3 de Galicia, como xogador da selección española participou no Europeo de Madrid 2005 (4º) e nos Mundiais de Xapón 2004 (7º) e Holanda 2006 (9º). Pero ademáis Carlos tamén foi un gran dianteiro nas categorías inferiores do CD Endesa As Pontes, e chegou a xogar no primeiro equipo.

O Kaiak Polo a grandes rasgos é unha combinación de piragüismo, waterpolo e baloncesto, xogase nunha pisicna cunha delimitación de 35 por 23 metros, as porterías miden 1 por 1.5 metros e están suspendidas a dous metros de altura, xogase a dous tempos de 10 minutos, con dous equipos de 5 xogadores cada un, cun balón de waterpolo e lóxicamente gaña o equipo que máis goles marca.

Serafín e máis Carlos aproveitan esta entrevista para que a xente se anime a practicar con eles no Pantano este maravilloso deporte que tantas alegrías deu ó pobo pontés, que de seguro que non se van a arrepentir. Mantiven unha conversa con eles antes de partir cara a Milán e estas son as súas impresións sobre a cita mundialista.

foto1.jpg


- Hola, ¿Como vedes a situación do Kaiak Polo local?, que tantos éxitos deu a este pobo, o equipo sub21 desapareceu, e o absoluto ten problemas pra reunir os xogadores suficientes, ¿Que tipo de solución lle vedes? Hai futuro?

SF: Hola, pois o Kaiak Polo local está pasando por unha mala época porque a xente cada vez vai máis maior, temos fillos, traballo, e os rapaces novos non se implican tanto como se facía antes, e as novas tecnoloxías para os novos no tempo de lecer están acabando co deporte, pero bueno …
CM: Hola, a situación do Kaiak Polo local, a verdade, si que é preocupante dende o punto de vista que o futuro non é moi optimista. A realidade é que nesta tempada tivemos moitos problemas á hora de confeccionar un equipo con certas garantías, dado que eran moitas as dificultades para reunir 7 ou 8 palistas cun certo compromiso e disponibilidade para asistir ós adestramentos e ós diferentes torneos de Liga Nacional, de feito vimonos en certa maneira obrigados a facer un fichaxe dun palista de Madrid, Jorge Huertas, que xogou este ano con nós. A base do equipo somos palistas veteráns e que moi ó noso pesar non nos quedan moitos anos de competición e polo tanto isto levanos a pensar que senon hai relevo xeneracional o futuro presentase relamente incerto. Si que é verdade que o ano pasado o noso equipo sub21 proclamouse Campión de España, pero de ese bo grupo as circunstancias persoais de todos e cada un deles cambiaron este ano, e non houbo continuidade. A solución é complicada e ogallá tivese a variña máxica que nos permitirá dar continuidade a este deporte que tantos éxitos deu ó pobo de As Pontes, pero sen dúbida pasa por fomentar o deporte desde as categorías inferiores e conseguir que senon todos, si a gran maioría dos rapaces, adopten o hábito do adestramento e sacrificio que ó final supón calquer deporte a un certo nivel.

- Serafín, dos que aínda quedan a día de hoxe a nivel absoluto, ¿a que xogador pontés verías con máis posibilidades de xogar na selección española?, aparte de Carlos e máis ti (risas) … Carlos, no teu equipo querías incluir a algúns xogadores do equipo sub21 do Grupo Xuvenil que quedou Campión de España o ano pasado pero finalmente non puideron ir. Falame un pouco desta xeneración e ¿que futuro lles agarda ós rapaces? en caso de seguir adiante que aínda son moi novos.

SF: Pois a nivel absoluto tanto Óscar, Hugo e Iván Pena, que xa estiveron na sub21 e na absoluta, os tres teñen cualidades suficientes técnicas e de experiencia para xogar coa selección, deberían de adestrar o tema físico, moito físico, e a nivel sub21, temos ós “gemelitos”, David e Diego Cebreiro, que tamén teñen moitas cualidades e son moi bos, pero deben de adestrar moito.
CM: É seguro que no equipo sub21 do Grupo Xuvenil que se proclamou Campión de España o ano pasado, había xogadores que este ano poderían ter a posibilidade de pelexar por unha das 7 plazas para disputar o Mundial, sempre e cando tiveran continuidade nos adestramentos e disponibilidade para poder asistir a concentracións e torneos. Uns porque xa pasaron á categoría senior e outros porque por circunstancias persoais o impediron, a verdade é que quedei coa pena de non poder contar con algún pontés na selección española. O ideal sería que este grupo puidera seguir adestrando e tiraran uns dos outros, incluso trataran eles de implicar a algún amigo máis e desta forma teriamos outra xeneración de futuro que nos permitiría dar continuidade ó Kaiak Polo local.

foto2.jpg

- Falamos do Mundial de Milán e as vosas seleccións, ¿cualidades dos vosos xogadores?, ¿a maior virtude do equipo?, ¿alguén que destaquedes que poida ser a "revelación"? ...

SF: A maior cualidade é que son un equipo, xogan en equipo, non hai ningún mellor que outro, e son físicamente moi fortes, adestraron este ano moito o físico, e logo a revelación debería ser o máis antigo de todos, Fofi do Málaga, que debería coller xa os galóns, leva moitos anos sendo xogador da selección pero nunca colleu a capitanía e este ano creo que debe ser o seu mundial.
CM: Esta fin de semana temos en Madrid a última concentración preparatoria, e desprazaremonos ó Mundial o día 29. Estamos encadrados nun grupo con Francia, Bélxica e Irlanda, cos cales temos que pelexar para conseguir unha das dúas plazas que nos darían o pase á seguinte fase. Se desenvovemos na auga a nosa forma de xogar sacandolle o maior rendemento ós nosos puntos fortes, se defendemos a un nivel alto e non deixamos que nos intimiden o físico dos alemáns e holandeses por exemplo, e somos capaces de roubar balóns e explotar a nosa velocidade no contraataque estou seguro de que podemos darlle un susto a calquer selección.

- Levades moitos meses adestrando, os maiores quedachedes nunha magnífica 2º posición na Flanders Cup, tras perder 1-0 con Francia na final, e os sub21 acadachedes unha boa 5º posición, ¿en que momento de forma chegades a esta cita?

SF: Estivo ben o segundo posto e sen dúbida imos chegar ben, a pesar de que levamos so 7 xogadores, dos cais un estivo lesionado moito tempo entón vai mermado físicamente, pero bueno, eu creo que imos chegar ben de forma ó Mundial e imos facer un bo papel.
CM: O noso quinto posto na Flanders Cup sen dúbida é una boa pedra de toque, pero os equipos afinan a preparación para chegar ó 100% ó máximo obxetivo que neste caso é sen dúbida o Mundial. O noso equipo chega en bo momento e como non podía ser de outra forma coa moral moi alta e pensando que podemos aspirar a todo, pero sen dúbida tamén hai que ser realistas e saber que hai equipos moi competitivos e que temos que estar moi concentrados.

- ¿Con que posición, resultado ou rendemento vos quedaríades satisfeitos? ¿A que aspiran as vosas seleccións?

SF: Gustaríame dicir primeiro (risas), pero eu creo que entre os catro primeiros sería moi bo, quinto sería bo, sexto e séptimo aceptable, de ahí para abaixo xa sería unha actuación máis normal.
CM: O noso grupo a priori é complicado, non obstante o ideal sería pasar esta primeira criba e estar loitando por un posto entre os 8 primeiros, a partir de aquí un resultado fantástico sería calquer opción de medalla, pero o noso obxectivo para este primeiro ano é algo máis modesto, e si estamos entre os 5 ou 6 primeiros poderiamos dicir que o obxectivo estaría cumprido sobre todo pensando que estamos en un proxecto máis a longo prazo como sería o Europeo de Madrid o ano que ven.

- ¿A quen vedes favoritos pra este Mundial nas vosas respectivas categorías? Falademe dos rivais que vexades con máis posibilidades.

SF: En categoría absoluta sempre hai seis equipos que están ahí que son Italia, Reino Unido, Holanda, Francia, Alemania e Australia, eu confío moito en Francia, Italia sempre da a sorpresa nos Mundiais, e ademáis xogan en casa, e Holanda está moi forte, ou sexa que calquera de eses tres eu creo que será o campión … ou España! (Risas dos tres).
CM: Con respecto ós rivais na categoría sub21, espero un pouquiño o de sempre, é dicir equipos como Francia, Alemania, Holanda, Italia ou Reino Unido seguro que van a estar ahí pelexando polas medallas.


Moitas gracias a Sera e Carlos e moita sorte!!!

foto3.jpg

9º MUNDIAL DE KAIAK POLO MILÁN 2010

SENIOR MASCULINO
Grupo A: Holanda, Nova Zelanda, Suiza, Xapón, Estados Unidos, Canadá.
Grupo B: Francia, Alemaña, Irlanda, Sudáfrica, Suecia, Rusia.
Grupo C: Italia, Reino Unido, Dinamarca, China Taipei, Polonia.
Grupo D: Australia, Portugal, Bélxica, Brasil, ESPAÑA.

SENIOR FEMININO
Grupo A: Reino Unido, Italia, Irán, Dinamarca, Singapur.
Grupo B: Alemaña, Canadá, China Taipei, ESPAÑA.
Grupo C: Francia, Holanda, Xapón, Estados Unidos, Rusia.
Grupo D: Nova Zelanda, Australia, Hungría, Suiza.

SUB21 MASCULINO
Grupo A: Reino Unido, Australia, Xapón, Suiza.
Grupo B: Francia, Bélxica, Irlanda, ESPAÑA.
Grupo C: Italia, Holanda, Canadá, China Taipei.
Grupo D: Alemaña, Polonia, Dinamarca, Irán.

SUB21 FEMININO (1ª Edición)
Grupo A: Canadá, Francia, Polonia, ESPAÑA.
Grupo B: Holanda, Reino Unido, Italia, Alemaña.


CAMPIÓNS MUNDIAIS DE KAIAK POLO:

MUNDIAIS MASCULINOS: 1994 Australia, 1996 Australia, 1998 Australia, 2000 Reino Unido, 2002 Reino Unido, 2004 Holanda, 2006 Francia, 2008 Holanda.
MUNDIAIS FEMININOS: 1994 Australia, 1996 Reino Unido, 1998 Australia, 2000 Alemaña, 2002 Alemaña, 2004 Reino Unido, 2006 Alemaña, 2008 Reino Unido.
MUNDIAIS SUB21 MASCULINOS: 2004 ESPAÑA (venceu a Italia na final co pontés ROBERTO RIVERA REGO de adestrador), 2006 Francia, 2008 Reino Unido.

Publicado por CyberMODE -- 31 de Agosto 2010 as 08:56 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (24)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12