Os ecoloxistas organizan un coloquio sobre a mina de andalucita
Hoxe ás oito do serán terá lugar na Casa do Peso das Pontes un coloquio titulado “Minaría e impactos Socioeconómicos - Proxectos irreversíbeis - Casos: Pico Vello e O Courel”.
No acto intervirán o profesor de Economía Aplicada da USC, Xoán Ramón Doldan e o representante de SOS Courel, Orlando Álvarez.
Esta actividade está organizada por:
ADEGA - AMAL - Clube Montaña Ferrol - Colectivo Ártabra 21 - Fusquenlla - Comité pola Defensa das Rías Altas - Cordenada 30°00′00″ - Drosera - Federación Ecoloxista Galega - Guerrilleiros d’As Fragas - Grupo Naturalista Hábitat - Lapis Verdes - Blogue Lapis Verdes - Néboa Medio Ambiente - O Rabo do Galo - Saramaganta - SGHN
Publicado por mourelo -- 18 de Novembro 2010 as 09:27 AM
0 comentarios