|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3153) Axenda (776) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (421) Cultura (231) Deportes (1577) Ecoloxia (163) Educacion (101) Empresas (308) Emuladores (9) Enerxia (267) Enquisas (47) Especiais (68) EuroEume (111) Fotografia (177) Gastronomia (30) Hardware (592) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (791) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1241) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (190) Pirateria? (279) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (29) Saude Natural (45) Seguridade (351) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (568) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (305) Zona Gamers (449) |
4 de Maio 2011LOUSADA DE ABAIXO CELEBROU A PASCUALousada de Abaixo, tamén coñecida Lousada O Pazo, pertencente á parroquia de Santo André de Lousada, no veciño concello de Xermade, celebrou esta pasada fin de semana a súa festa patronal na honra da Virxe das Dores, popularmente coñecida pola “Pascua”. As dúas xornadas da festa, á que acudiron un bo número de veciños e outros nados nesta parroquia e que actualmente residen fóra, houbo misas, procesións e a música estivo a cargo das orquestras Alarma, que puxo a música na sesión vermú e na verbena do sábado, e Fin de Siglo, de Ourense, que amenizou as tradicionais pezas musicais logo da misa e procesión do domingo. A PARROQUIA DE LOUSADA (Santo André) Conta cunha extensión de 31 quilómetros cadrados, nos que viven 183 habitantes (censo de 2010) repartidos en 31 aldeas e lugares espallados por toda a parroquia e cunha media de catro casas, sendo os máis habitados A Veiga (con 15 habitantes), O Corno (13), Campo da Feira e Vilachá (12), O Muíño Novo (11) e O Pazo e A Casavella (10). As derradeiras montañas da Serra da Carba chegan a esta parroquia, sendo o linde occidental da Terra Chá. O cume máis elevado é a Pena Goía, onde hai unha área recreativa, con 876 metros de altitude, seguido do Pico do Castelo, de 703 metros. Numerosos regos nacen nesta parroquia para logo formar o río Trimaz, que atravesa case todo o concello e desemboca no Ladra, afluente do Miño. Cerca do lugar do Muíño Novo ata hai pouco asentábase unha mina de ferro da que se extraía unha importante cantidade deste mineral, que era transportado ata o porto de Ferrol. Algúns historiadores pensan que en épocas castrexas estas minas xa eran explotadas. Hai xacementos prehistóricos no lugar do Castro e medoñas no Carbueiro, Carballal, Carbuíl e A Pena do Castelo. Tamén atopáronse nesta parroquia vasos campaniformes e anacos de cerámica. Hai unha ducia de cruceiros, sendo os máis importantes os de Besura, Campo da Feira, A Casavella, O Corno e a Cruz de Carba. As súas festas patronais son o Santo André e o San Xoán, que se celebra no mes de xuño en Lousada de Arriba, e a Virxe das Dores festexada na derradeira semana de abril en Lousada de Abaixo. Coa creación dos primeiros concellos hai datos da parroquia de Lousada que formaba parte da xurisdición de Vilalba, logo en 1835 tódalas parroquias dependen do concello de Vilalba. O municipio de Xermade aparece por primeira vez no ano 1840. Nesta época contaba con 586 veciños e 2.931 habitantes repartidos nas actuais dez parroquias. Nesa mesma data Lousada tiña 80 casas, 92 veciños e 464 habitantes espallados en trinta aldeas e lugares. A igrexa parroquial era única, con curato de entrada e padroado lego. Había unha escola sen dotación económica, á que asistían 25 nenos e catro nenas. O seu territorio estaba comunicado por dous camiños de ferradura en mal estado, un de Oeste a Leste e outro de Norte a Sur. Os habitantes vivían da agricultura (centeo, patacas, trigo, maínzo), gandería (gando vacún, cabalar, porcino) e caza de lebres e perdices. Había algúns muíños fariñeiros.
|
Novas Recentes
-CABALGATA de ENTROIDO, por Raimundo
-PRIMEIRA AUTONÓMICA ALEVÍN: C.D. AS PONTES – C.D. CARIÑO (10-2) -PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL: NARÓN BP PIÑEIROS – C.D. AS PONTES (1-1) -OS DOMINGOS AO TEATRO: Campaña de teatro infantil 2012 -A partir de junio de 2012 la portabilidad de los móviles deberá hacerse en un día -Endesa mueve 750.000 toneladas de carbón por mar en dos meses -MALENA MIERES GARCÍA, CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN DE FÚTBOL-8 -Apple publica la guía para desarrollar aplicaciones para iPhone, iPad y iPod touch -Sony y Vodafone anuncian el acuerdo para España de PlayStation Vita con 3G -Endesa recibirá otro mercante con 168.000 toneladas de mineral Arquivos
- Febreiro 2012 (79)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||