|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3153) Axenda (776) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (421) Cultura (231) Deportes (1577) Ecoloxia (163) Educacion (101) Empresas (308) Emuladores (9) Enerxia (267) Enquisas (47) Especiais (68) EuroEume (111) Fotografia (177) Gastronomia (30) Hardware (592) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (791) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1241) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (190) Pirateria? (279) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (29) Saude Natural (45) Seguridade (351) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (568) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (305) Zona Gamers (449) |
25 de Maio 2011ROUPAR DE ABAIXO CELEBROU O SANTO ESTEVOEsta fin de semana o barrio de Abaixo da veciña parroquia xermadesa de Roupar, preto das Pontes, celebrou o seu patrón, Santo Estevo, festa que se conmemora neste popular barrio rouparés dende hai moitos anos. Os festexos comezaron ó solpor do venres coa celebración dunha nova edición da “Festa dos Callos”. A festa continuou cunha verbena a cargo do grupo Merixel e a orquestra Xente Nova. O sábado, logo da misa e procesión, a sesión vermú estivo amenizada por Xente Nova, que tamén actuou na verbena xunto ó Trío Lembranza. Os festexos remataron o domingo coa misa, procesión e sesión de vermú a cargo de Lembranza.
UN POUCO SOBRE A PARROQUIA DE ROUPAR Ten unha altitude media duns trescentos metros, aínda que hai cumes que superan os seiscentos, como O Castrillón (667) e O Pico (642). Está bañada polos regos do Campo, Torre e Porto da Vila. Ó igual cas dos arredores, é unha parroquia rica en xacementos arqueolóxicos, como os castros de Castrillón, con restos de parapetos de pedra, o de Sucastro cun gran foso no que apareceron anacos de ladrillos e de cerámica para usos domésticos, e o máis importante, o das Medoñas da Graña, no que se atoparon muíños de man, construcións rectangulares, restos de cerámica, ósos de animais e carbón. Durante a Idade Media o couto de Roupar, xunto co de Lousada, estivo sempre en disputa entre o señorío feudal e o eclesiástico. Fernando III confirmou en 1232 ó mosteiro de Meira este couto, que xa fora doado polo seu pai Alfonso IX. En pugna co dominio dos Andrade, foron os cistercienses quen se fixeron coas rendas disputándollas ós mosteiros de Meira e de Monfero. No barrio da Torre, preto da igrexa parroquial, está a casa do mesmo nome, que, segundo algúns escritores, tiña cinco séculos de existencia e que pertenceu ós condes de Valdepeñas. Era unha vivenda fortificada con fachadas e cornixas en granito. A igrexa parroquial sufriu sucesivas reformas, destacando o retablo principal de tipo salomónico, con cinco fornelos no corpo principal e un no ático. Cerca da aldea de Buscalte atópase a capela de San Miguel, de planta rectangular cunha talla do arcanxo que data do século XVIII. No lugar do Campo está a capela da Nosa Señora do Carme do Campo e na aldea da Ermida a xa citada capela de Santo Estevo (século XVIII), de construción sinxela e planta rectangular. Hai importantes cruceiros nos lugares do Campo, A Criba e Porto da Vila.
|
Novas Recentes
-CABALGATA de ENTROIDO, por Raimundo
-PRIMEIRA AUTONÓMICA ALEVÍN: C.D. AS PONTES – C.D. CARIÑO (10-2) -PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL: NARÓN BP PIÑEIROS – C.D. AS PONTES (1-1) -OS DOMINGOS AO TEATRO: Campaña de teatro infantil 2012 -A partir de junio de 2012 la portabilidad de los móviles deberá hacerse en un día -Endesa mueve 750.000 toneladas de carbón por mar en dos meses -MALENA MIERES GARCÍA, CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN DE FÚTBOL-8 -Apple publica la guía para desarrollar aplicaciones para iPhone, iPad y iPod touch -Sony y Vodafone anuncian el acuerdo para España de PlayStation Vita con 3G -Endesa recibirá otro mercante con 168.000 toneladas de mineral Arquivos
- Febreiro 2012 (79)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||