|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (196)
ArTe (120) As Pontes (3419) Axenda (997) Canto Mais? (263) Ciencia (31) Comarca (471) Conexións (453) Cultura (251) Deportes (2154) Deseño (3) Ecoloxía (168) Educación (134) Emprego (5) Empresas (413) Emuladores (9) Enerxía (294) Enquisas (47) Especiais (79) EuroEume (115) Fotografía (196) Gastronomía (54) Hardware (616) Historia das Pontes (178) Humor (33) Lago (187) Linux/GNU (994) Log #irc (12) Moda (1) Motor (7) Mundo (283) Mundo Apple (854) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Música (779) Na Web (1343) Natureza (291) Novas (22) Opinión (40) Outros Mundos (56) Parroquias, festas e historia (84) PDA (32) Phone / Tablet (297) Piratería? (294) Ponteses (240) Recursos (4) Sanidade (32) Saude Natural (45) Seguridade (399) SenFios (238) Software (545) Tecnoloxía (601) Turismo (19) Tutoriais (9) Video Dixital (408) Videoteca (51) Windows (326) Zona Gamers (474) |
30 de Outubro 2011Informe da tradución ao galego de Gnome 3.2Un mes despois da publicación da versión final GNOME 3.2 100% en galego grazas ao espectacular traballo de Fran Diéguez e do equipo de tradución de GNOME ao galego, a OSL da USC vén de publicar un completo informe da tradución de GNOME 3.2 ao galego. Dentro do plan de actuación da OSL da USC figura a colaboración en proxectos de galeguización de software en resposta ao compromiso da oficina e da propia universidade co idioma galego. Así a OSL asigna parte da xornada laboral de Fran Diéguez, como técnico da mesma, a tarefas relacionadas co proxecto de tradución de GNOME ao galego. Froito deste traballo publícase agora este informe.
O informe resume os cambios, melloras e eventos que aconteceron ao longo do último ciclo de tradución. Entre outros puntos o informe relata o proceso de tradución, os cambios no proceso de revisión, estatísticas de número de cadeas traducidas ao longo das versións, capturas de pantalla do estado do proxecto no Damned Lies e finalmente as perspectivas de futuro para os vindeiros ciclos. Tradución e revisión das máis de 40.000 cadeas do core O traballo destes últimos 6 meses, dende a publicación da anterior versión, centrouse fundamentalmente en manter ao 100% a tradución das máis de 40.000 cadeas do núcleo deste contorno de escritorio. Isto supón non só a tradución das novas cadeas que aparecen coa nova versión, senón tamén a revisión das anteriores en base aos novos consensos terminolóxicos ou estilísticos que a comunidade de localización galega vén acordado no último ano e medio. A localización do Software libre a calquera idioma nunca debe ser un proceso unilateral senón que antes de introducir ningún cambio é preciso consensualo coa comunidade existente. É importante destacar que a comunidade de tradución ao galego, aínda que non é moi grande si que ten unha preocupación importante pola corrección das traducións, primando esta á cantidade das mesmas. Por esta razón comezaron a organizarse as Trasnadas, xornadas de traballo dirixidas pola Asociación Trasno, grazas ás que se está elaborando un glosario terminolóxico galego que resolve os históricos erros e dúbidas terminolóxicas. No informe recóllense os principais consensos terminolóxicos aplicados nesta versión de Gnome. Incremento da porcentaxe de tradución da documentación Un paso moi importante que se deu neste período é o importante incremento na porcentaxe de tradución da documentación, pasando dun 11% no anterior ciclo até o 32% no actual. Isto supón que aos usuarios noveis lles sexa máis doado o uso do escritorio GNOME ao contaren con maior axuda dispoñible no seu idioma. A día de hoxe o escritorio GNOME é un dos poucos proxectos localizados ao galego con dito nivel de tradución da documentación. O Proxecto GNOME desde a versión 3.0 está empregando un novo sistema de creación de documentación, denominado «topic-focused», de forma que no lugar de longos manuais de usuario escríbense pequenas guías centradas nun aspecto concreto e específico, que supón a resposta a un erro ou consulta frecuente dos usuarios. Esta nova documentación de Gnome pode consultarse en liña. Outras actuacións en colaboración coa comunidade de tradución Dende a OSL organizáronse, en colaboración coa comunidade de tradución, diversos cursos de tradución como o III Fiadeiro de localización de software libre ao galego na USC , onde se traduciron aplicativos extras de Gnome (non pertencentes ao core) ou o curso “Aprende traducindo. Localización de aplicativos ao galego” co que se pretende colaborar ao crecemento da comunidade de tradución. Están dispoñibles para a súa descarga tanto o informe de tradución, como as memorias de tradución en formato TMX e compendios Gettext, ficheiros orixe por aplicativo e demais recursos. Fonte: mancomun.org |
Novas Recentes
-2ª Xornada Cpto Galego Vaurien
-LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 2 ORILLAMAR SD 4 -La pontesa Arteixo Telecom se acoge al concurso de acreedores -1ª xornada Cpto Galego Vaurien -Circuito de karts -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: 17/18/19 – MAIO – 2013 -Día de internet: La brecha digital aún afecta a dos tercios de la población mundial -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 11-12 DE MAIO DE 2013 -A XIII Festa do camioneiro, por Rai Carballo -Música y actos literarios para la segunda regata en el lago pontés Arquivos
- Maio 2013 (73)
- Abril 2013 (129) - Marzo 2013 (105) - Febreiro 2013 (94) - Xaneiro 2013 (111) - Decembro 2012 (93) - Novembro 2012 (104) - Outubro 2012 (116) - Setembro 2012 (102) - Agosto 2012 (106) - Xullo 2012 (116) - Xuño 2012 (105) - Maio 2012 (126) - Abril 2012 (106) - Marzo 2012 (122) - Febreiro 2012 (103) - Xaneiro 2012 (117) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||