18 de Decembro 2011

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BERGANTIÑOS 0

O As Pontes segue con vida con un tanto de Iván González nos últimos minutos. Oito xornadas e case dous meses despois volveu gañar o As Pontes, o que o deixa con vida antes do parón de Nadal. O gol do triunfo foi anotado por Iván González, o de Pol, un dos xogadores máis regulares no que vai de Liga, de tiro cruzado dende o borde da área, ó que non puido chegar o gardamallas visitante, a falta de catro minutos pra o final.

aspontes_0001.jpg


As ocasións máis claras na primeira metade foron pra os azuis, un cabezazo de Sergio Arias preto da escadra (17´), un pase da morte de Sergio, que Iván dispara raso e atalla David (22´), e as dúas ocasións máis claras antes do descanso, unha falta de Bossa (40´) que repeliu o poste, e xa van ... e un disparo desde uns 25-30 metros de Pablo que pillou adiantado ó porteiro visitante pero sacou a luva in extremis pra despexar a corner, sacando a relocer o seu talento David Yáñez, amosando o xogador de Cariño porque era considerado o mellor porteiro español da xeneración de 1983, sendo o gardamallas titular da selección española no Europeo Sub17 Israel 2000. Entremedias a aproximación máis perigosa dos de Carballo, un centro chut de Toja que se pasea pol área chica e o posterior remate de Bayo que se vai lamendo o pau (35´).

Nos primeiros quince minutos da segunda metade dominou o Bergantiños, a súa ocasión máis clara, un centro de Pablo D. ó que en boca de gol non chega por centímetros (51´) Moreiras, que en 2002 foi convocado xunto ó noso Adrián López pola selección española sub15.

Pero na última media hora os azuis embotellaron ós vermellos, Sergio para Pablo que se escora ante a saída do gardamallas (63´), un forte disparo de Bossa dende fóra da área despexado a córner (73´), unha gran xogada de Amado e Sergio Arias dispara fóra (79´), un tiro de Chicho ó borde da área (84´), pero nada. O Bergantiños únicamente apostaba polas contras e a piques estivo de sacar rédito o dianteiro de Pontedeume que xogou coa selección galega UEFA a semana pasada, Efrén Rodríguez, pero Rochela estivo providencial ó quite (76´).

A falta de cinco minutos e cando todo parecía perdido chegou o gol de Iván González pra algarabía da parroquia local. Tres puntos vitais que sitúan ó As Pontes cuarto pola cola con 17 puntos. A día de hoxe, Celta B (a un punto da salvación) e Montañeros están en zona de descenso, o que implica seis descensos por arrastre en Terceira, o punto positivo é que nas últimas xornadas a zona baixa comprimiuse un pouco e xa hai máis equipos en zona máis ou menos perigosa. Descartando ó Racing de Ferrol, Ordes ten 26, Bergantiños e Dorneda 25, Somozas 24, Vilalonga 23, Negreira, que marca a criba, ten 22. En zona de descenso estarían Estradense con 20, Areas con 18, As Pontes con 17, Betanzos 15, Lalín que rexurde ten 14, e xa máis desafiuzado está o Sanxenxo con 8.

Hai que loitar moito moito pra poñerlle as cousas difíciles os rivais directos e agardar que na segunda volta frouxeen algúns equipos que están en zona algo máis cómoda.

O As Pontes espera iniciar o ano con bo pe, e con moito público nas bancadas, na visita dun rival directo, o Estradense, nunha auténtica "final" coa que da comezo a segunda volta. Pero de momento chega o Nadal cun halo de luz ó fondo do túnel.

CD As Pontes. Simón, Moncho, Javi López (Chicho 45´), Chote, Rochela, Angeriz, Bossa, Fernando (Hugo Soto 73´), Pablo (David Amado 79´), Iván González e Sergio Arias.

Bergantiños CF. David Yáñez, Rudi Cotelo, Alex Canedo, Hector, Ramón (Miguel Taibo 87´), Pablo Domínguez, Toja (Chechu 87´), Moreiras, Bayo, Efrén e Pablo F (Fernando Varela 87´).

Goles: 1-0, Iván González (86´)

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde moi fría. Gardouse un minuto silencio polo falecemento do sogro do adestrador de porteiros do CD As Pontes, Jose Souto "Momán", e avó do ex xogador do As Pontes, actualmente no Narón, Marcos Souto.

Árbitro: Gonzalo Goyanes (Santiago). Auxiliado nas bandas por Rosende Porto e Maquieira Otero. Amonestou a Efrén, Pablo F e Angeriz.

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

aspontes_0001.jpg

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Publicado por CyberMODE -- 18 de Decembro 2011 as 08:50 PM 0 comentarios




Exposición fotográfica: Unha foto, un poema, unhas verbas, unha imaxe

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes

Reportaxes fotográficos Fabián
Novas Recentes
Arquivos
- Agosto 2014 (4)
- Xullo 2014 (111)
- Xuño 2014 (107)
- Maio 2014 (108)
- Abril 2014 (99)
- Marzo 2014 (110)
- Febreiro 2014 (98)
- Xaneiro 2014 (90)
- Decembro 2013 (93)
- Novembro 2013 (98)
- Outubro 2013 (82)
- Setembro 2013 (105)
- Agosto 2013 (87)
- Xullo 2013 (94)
- Xuño 2013 (91)
- Maio 2013 (125)
- Abril 2013 (129)
- Marzo 2013 (105)
- Febreiro 2013 (94)
- Xaneiro 2013 (111)
- Decembro 2012 (93)
- Novembro 2012 (104)
- Outubro 2012 (116)
- Setembro 2012 (102)
- Agosto 2012 (106)
- Xullo 2012 (116)
- Xuño 2012 (105)
- Maio 2012 (126)
- Abril 2012 (106)
- Marzo 2012 (122)
- Febreiro 2012 (103)
- Xaneiro 2012 (117)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (118)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (102)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Agosto 2014
D L M M X VS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            




Xerado con
Movable Type 5.2.3