|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (196)
ArTe (120) As Pontes (3419) Axenda (997) Canto Mais? (263) Ciencia (31) Comarca (471) Conexións (453) Cultura (251) Deportes (2154) Deseño (3) Ecoloxía (168) Educación (134) Emprego (5) Empresas (413) Emuladores (9) Enerxía (294) Enquisas (47) Especiais (79) EuroEume (115) Fotografía (196) Gastronomía (54) Hardware (616) Historia das Pontes (178) Humor (33) Lago (187) Linux/GNU (994) Log #irc (12) Moda (1) Motor (7) Mundo (283) Mundo Apple (854) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Música (779) Na Web (1343) Natureza (291) Novas (22) Opinión (40) Outros Mundos (56) Parroquias, festas e historia (84) PDA (32) Phone / Tablet (297) Piratería? (294) Ponteses (240) Recursos (4) Sanidade (32) Saude Natural (45) Seguridade (399) SenFios (238) Software (545) Tecnoloxía (601) Turismo (19) Tutoriais (9) Video Dixital (408) Videoteca (51) Windows (326) Zona Gamers (474) |
12 de Febreiro 2012Solidariedade en estado puro[El Progreso] En carreiras ou a través de cancións e poemas, a solidariedade move a nenos e a maiores, que tratan de achegar o seu granito de area. En Vilalba teñen a mirada fixa na loita contra a sida en India, mentres que nas Pontes enviarán axuda ao Congo. GRANS de area que fan montañas. A solidariedade, a pesar da crise, mobiliza a nenos e a maiores para axudar a outros en lugares máis desfavorecidos. Vilalba e As Pontes suman a súa axuda e estreitan fronteiras para achegarse a Asia ou a África a través de carreiras, música ou poemas cos que recadan fondos que á súa vez se transforman en proxectos reais alén do globo terráqueo. Nas Pontes, o alumnos e alumnas do colexio Santa María -141 menores de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos- participaron nunha carreira solidaria organizada polo propio centro. Recadaron ao redor de 1.300 euros, que doaron integramente á organización Save the Children para un proxecto en apoio aos nenos e nenas da República do Congo. «Houbo moita colaboración por parte de todas as familias», subliña a directora do centro educativo, Esperanza Galego, que explica que os escolares recadaron o diñeiro a través da procura de patrocinadores «oficiais» para a carreira. «Os nenos levaban un carné e tiñan que buscar xente que patrocinase as súas carreiras. Buscaban apoios nas familias e cada un dáballe algo simbólico por cada volta. E participaron todos: os papás, os avós, os tíos...», di, satisfeita por unha iniciativa que funcionou entre os nenos, que correron ao mesmo tempo que fixeron mover as súas conciencias. FESTIVAL A través da música e as letras, o auditorio Carmen Estévez viaxará polo globo terráqueo, coa mirada posta en Bastar-Jagdalpur, un dos 16 distritos que forman o estado de Chhattisgarh, en India Central, un lugar formado por 1.453 aldeas cunha poboación de dous millóns de persoas. Alí, o diñeiro que se recade, investirase nun programa de prevención e atención a enfermos de sida. Mans Unidas financiará a construción dun centro, dunha superficie de 365 metros cadrados, que estará destinado ao coidado de enfermos e afectados. Ademais, comprará unha ambulancia e un computador e desenvolverá un programa de prevención e atención a enfermos en zonas rurais. As Carmelitas de María Inmaculada estarán á fronte do proxecto, cuxo importe ascende a 68.620 euros. O festival que se celebrará en Vilalba axudará a converter a idea en realidade e, para iso, desde Mans Unidas deseñaron un programa que contará con algúns nomes destacados. A cita arrincará cunha presentación, tras a que a orquestra Sintonía de Sancobade porá os primeiros acordes. Logo o rapsoda Afonso Villares interpretará varios poemas e o cantautor Miro Casabella ofrecerá un concerto. Ao piano, Alba Sofía Naseiro interpretará varios temas. Tras un descanso, a maxia chegará da man do párroco chairego Xosé Manuel Carballo, e o poeta vilalbés Martiño Maseda dedicará un espazo aos versos. Despois será a quenda do cantautor Tino Baz e de novo Alba Sofía Naseiro porá o punto final co seu piano. O colexio pontés recadou 1.300 euros que entregará a Save the Children e Mans Unidas organiza un festival en Vilalba o 3 de marzo Publicado por CyberMODE -- 12 de Febreiro 2012 as 08:47 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-2ª Xornada Cpto Galego Vaurien
-LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 2 ORILLAMAR SD 4 -La pontesa Arteixo Telecom se acoge al concurso de acreedores -1ª xornada Cpto Galego Vaurien -Circuito de karts -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: 17/18/19 – MAIO – 2013 -Día de internet: La brecha digital aún afecta a dos tercios de la población mundial -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 11-12 DE MAIO DE 2013 -A XIII Festa do camioneiro, por Rai Carballo -Música y actos literarios para la segunda regata en el lago pontés Arquivos
- Maio 2013 (73)
- Abril 2013 (129) - Marzo 2013 (105) - Febreiro 2013 (94) - Xaneiro 2013 (111) - Decembro 2012 (93) - Novembro 2012 (104) - Outubro 2012 (116) - Setembro 2012 (102) - Agosto 2012 (106) - Xullo 2012 (116) - Xuño 2012 (105) - Maio 2012 (126) - Abril 2012 (106) - Marzo 2012 (122) - Febreiro 2012 (103) - Xaneiro 2012 (117) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||