|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (196)
ArTe (120) As Pontes (3420) Axenda (999) Canto Mais? (263) Ciencia (31) Comarca (472) Conexións (453) Cultura (251) Deportes (2161) Deseño (3) Ecoloxía (168) Educación (134) Emprego (5) Empresas (416) Emuladores (9) Enerxía (297) Enquisas (47) Especiais (79) EuroEume (115) Fotografía (196) Gastronomía (54) Hardware (616) Historia das Pontes (178) Humor (33) Lago (187) Linux/GNU (994) Log #irc (12) Moda (1) Motor (8) Mundo (283) Mundo Apple (854) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Música (779) Na Web (1344) Natureza (291) Novas (22) Opinión (40) Outros Mundos (56) Parroquias, festas e historia (84) PDA (32) Phone / Tablet (298) Piratería? (295) Ponteses (240) Recursos (4) Sanidade (32) Saude Natural (45) Seguridade (399) SenFios (238) Software (545) Tecnoloxía (601) Turismo (19) Tutoriais (9) Video Dixital (408) Videoteca (51) Windows (326) Zona Gamers (475) |
4 de Abril 2012Falamos con Malena Mieres García, por Xose FerreiroA pasada semana unha futbolista de As Pontes, Malena Mieres García (29-3-2000) conseguía o terceiro posto coa selección galega no Campionato de España Alevín Feminino de Fútbol-8. Tras impoñerse na primeira fase a Castela León (1-0) e á anfitriona e anterior campiona do torneo, Andalucía (1-0), nas semifinais agardaballes a todopoderosa selección catalana, que viña de gañar os seus dous encontros anteriores con 15 goles a favor por ningún en contra, pero Galicia aguantou estoicamente os 30 minutos, e nos penaltis, nos que Malena estivo a piques de parar dous, as catalanas, máis atinadas, acabaron conseguindo o pase á final por 3 a 2. Xa na loita polo terceiro posto a selección galega venceu contra pronóstico á Comunidade Valenciana (2-0), unha das grandes canteiras do fútbol feminino estatal. O equipo feminino arrancou oficialmente hai catro anos en As Pontes, e foron Paty Blanco e Yaiza Paleo as primeiras representantes na selección galega, coa que acadaron un quinto posto no Campionato de España Sub15 do 2009, e o noveno lugar no Campionato de España Sub16 do mesmo ano. Malena regresou o pasado domingo da localidade sevillana de Bormujos co “bronce”, e como xa dixemos anteriormente, procede dunha familia de deportistas, os seus pais gañaron o Descenso Internacional do Sella, Javier e Obdulia en K2 Mixto, e Obdulia repetiu con Susana Bellas en K2 Feminino, o seu tío Felipe adestrou o CD As Pontes, o seu tío Carlos, mundialista e actual seleccionador español de Kaiak Polo, ou o seu tío Andrés, tamén piragüista, anque ela asegura non saber moito das súas andanzas.
A selección galega alevín comezou a planificarse cunha primeira lista de 56 xogadoras, das que pouco a pouco se foron facendo cribas ata chegar á lista definitiva de 14 xogadoras, nas que ela “non me imaxinaba poder estar”. No seu tempo libre durante o torneo, e dada a proximidade de Bormujos con Sevilla “acudimos a ver o Estadio Sanchez Pizjuán, onde xoga o Sevilla F.C., e tamén a cidade de Sevilla”. As compañeiras coas que máis amizade fixo foron “María do Cariño, Inés e Sara, ambas do Vila do Corpus, e Teresa, do Lérez”, anque por calidade destacaría “á propia Teresa, Laura do Santa Mariña e Rosalía do Salesianos”. En canto á competición en si, na tanda de penaltis contra Cataluña na que tivo a responsabilidade de todo o equipo sobre as súas costas e estivo a pouco de parar dous, sinala que “as catalanas colocaban moi ben o balón, todos hacia os lados, un casi vai ó poste, pero non puido ser”. Sobre a calidade das rivais apunta que “Cataluña tiña o mellor equipo, sobre todo a número 10, María Llompart, que era do Barça, pero na final vironse sorprendidas por Navarra, que gañou”. Para ela o mellor momento dun torneo no que foi a única porteira que non recibiu ningún gol en tempo regulamentario foi “unha parada que lle fixen coa cara a unha xogadora de Andalucía, elas eran as campionas do ano pasado, e a punto estiveron de empatar, pero ó final gañamos 1-0 e clasificamonos”. Anque Malena confesanos un detalle insólito por parte da organización “anque quedamos de terceiras e nos correspondía a medalla de bronce, non nos deron nada, tan so lle deron un trofeo ó primeiro e o segundo clasificado”.
Malena coa selección galega durante o Campionato de España
Malena contanos que comezou a xogar a fútbol “ós seis anos, deixandoo por un ano e medio ata que volvín a xogar”, e en ese momento o seu pai fai un inciso “a nai gustaballe que fixera ximnasia rítmica, pero ela utilizaba a pelota de ximnasia para darle patadas, o seu era o fútbol”. Despois de case cinco anos xogando cos seus compañeiros di estar totalmente integrada e moi a gusto, incluso ante a posibilidade de entrar a formar parte do equipo feminino cando cumpra 13 anos Malena di que de momento “prefiro xogar cos meus compañeiros de equipo de toda a vida”. Ademáis de con eles, está moi contenta co seu adestrador Fontao, e sobre esta Liga na que de momento marchan nunha meritoria cuarta praza di que “esperamos acabar entre os tres primeiros, e logo na Copa xa se verá, porque depende de quen che toque no grupo no sorteo”. A pesar de ser moi pequena daquela, acordase perfectamente da conquista do título da Liga de Ferrol Prebenxamín en 2008 xunto ós seus compañeiros, os irmáns Pájaro, Sergio Otero, Bruno ou Alberte, entre outros, e di ter moi bos rescordos daquel título. Naqueles comezos xogaba de dianteira, e anque hoxe tamén xoga algún encontro nese posto, soe ser unha habitual das porterías anque ela asegura que lle da igual “gustanme as dúas posicións, tanto xogar de porteira como de dianteira”. Iso si, en canto a preferencias non ten dúbidas “Quédome con Iker Casillas e co Real Madrid”.
CD As Pontes Prebenxamín, Campión Liga de Ferrol 2007-08. Malena, primeira por abaixo
CD As Pontes Alevín 2011-12. Malena, primeira por arriba
Comentanos que un día na súa vida ven sendo como o de calquer persoa da súa idade “levantome, vou ó colexio, logo como, fago os deberes, e se teño actividades vou, e senón baixo a xogar, logo ceno e voume pra cama”. Pero nin no seu tempo libre abandona o deporte, xa que entre as súas afeccións, como ela mesma di “gustame andar en bici, e tamén xogar a baloncesto e a fútbol sala”. O pasado xoves celebrou por todo o alto o seu decimosegundo cumpreanos e confesanos para rematar que un regalo que lle fixo moita ilusión foron “as espinilleiras que fai Simón”.
Fotos cortesía Antón Ferreiro e Javier Mieres Publicado por CyberMODE -- 4 de Abril 2012 as 09:00 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-CLUB DEPORTIVO AS PONTES: 24/25 – MAIO – 2013
-Hasta 6 años de cárcel para las Web de enlaces según el nuevo Código Penal -Resultados Grupo Xuvenil en la Copa Iberica de Kayak Surf & Waveski Peniche. Dani Perez Campeón en Waveski -Andorra, la favorita de Endesa si decide adaptar sus térmicas a la normativa medioambiental europea -Comienza la obra del circuito de karts, que estará listo en solo cuatro meses -Club Baloncesto As Pontes -Microsoft presenta Xbox One -CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA 17-18-19 DE MAIO -Bronce no Trofeo Federación para Cristina Castro Barcala -Endesa emplea a 50 trabajadores en la revisión de la central de gas Arquivos
- Maio 2013 (89)
- Abril 2013 (129) - Marzo 2013 (105) - Febreiro 2013 (94) - Xaneiro 2013 (111) - Decembro 2012 (93) - Novembro 2012 (104) - Outubro 2012 (116) - Setembro 2012 (102) - Agosto 2012 (106) - Xullo 2012 (116) - Xuño 2012 (105) - Maio 2012 (126) - Abril 2012 (106) - Marzo 2012 (122) - Febreiro 2012 (103) - Xaneiro 2012 (117) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||