3 de Xullo, 2008

A ABSTENCIÓN DO PP E O VOTO EN CONTRA DO ALCALDE IMPEDIRON APROBAR A PROPOSTA DO BNG.

O GOBERNO MUNICIPAL ADMITE A CATÁSTROFE ECOLÓXICA DO RÍO.

Na sesión do Pleno do Concello celebrada hoxe debatíase unha moción do Grupo Municipal do BNG que, asumindo unha iniciativa de Galiza Nova das Pontes, pretendía que se sacara a concurso unha parcela municipal duns 760 m2 situada preto da pisicina municipal para a urbanización e construcción de vivenda de protección autonómica dirixida á xuventude pontesa, unha proposta valorada de forma positiva pola Consellaría de Vivenda e Solo nun acto celebrado o mes pasado no Lar, Consellaría coa que se propoñía, tamén, a sinatura dun convenio; todas as actuacións deberían desenvolverse no presente ano. A posición indiferente e calculada do único concelleiro do PP e a oposición do grupo de goberno do PSOE fixeron que a proposta nacionalista fora rexeitada, sen alternativa algunha.

Tamén no mesmo Pleno, a Concelleira de Participación Veciñal afirmaba que o río Chamoselo “está morto”, mentras que o Alcalde admitía coñecer a catástrofe dende facía un ano. Para o BNG é evidente a pasividade do Concello, que se ven a sumar á das Consellarías de Medio Ambiente e da COTOPT, tamén no ámbito socialista. O Grupo Municipal do BNG demostrou tales afirmacións durante o Pleno realizando un conxunto de preguntas baseadas na Declaración de Impacto Ambiental da autovía e noutras regulamentacións ambientais, preguntas que non foron contestadas polos responsables municipais. Para o BNG, poderiamos estar diante dun delito ecolóxico agravado ou, cando menos, dunha infracción ambiental moi grave.

Nota de prensa enviada polo Responsábel Local do BNG

Publicado por CyberMODE ás 6:52 PM | Comentarios (21)

[La Opinión de A Coruña, por OSCAR LOSADA] A programación do Festival de Ortigueira decidiu contratar ás bandas Boys of the Lough e The Dubliners porque eran débedas pendentes que tiña o festival desde hai moitos anos. Existen bastantes formacións de sona que non pasaron nunca polo escenario ortegano e a algunhas, como as contratadas, penso que xa se lles pasou o tempo de acudir ao evento porque agora non son grupos de primeira liña, como se debe esixir a un certame cun orzamento de 700.000 euros, e non van aportar ese grao de excelencia propio dun certame tan importante. Isto amosa certa curtedade de miras, descoñecemento da actualidade musical e unha visión demasiado suxeita ao pasado, e de ser así hai nomes históricos que non debutaron en Ortigueira que aportarían moito e, por exemplo, acertaron plenamente coa contratación dos Moving Hearts. Tanto este grupazo irlandés como as excelentes Värttinnä constitúen pratos fortes, mais un festival como o de Ortigueira necesita outros concertos dese mesmo nivel. En canto á representación galega hai cousas boas, pero tamén se bota de menos algo máis potente. A programación do xoves pode quedar resultona para un festival pequeno, pero de Ortigueira espérase máis.

É triste constatar como grupos de pasado exitoso e presente menos glorioso seguen a ser referencias chamativas, o que significa que o labor de divulgación do folk ten un grave problema. Incluso un festival de bo gusto á hora de programar, o da Fraga en As Pontes, sucumbe este ano ao poder do pasado ao fichar a Gwendal para o cartel. Víronos nos últimos tempos en directo ou só estarán alí polo nome?

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:47 AM | Comentarios (0)

Adobe Systems tiene un nuevo plan para asegurarse de que los archivos Flash sean indexables por los buscadores. Adobe está proveyendo tecnología optimizada de Adobe Flash Player a Google y Yahoo! Para mejorar sus motores de búsqueda y que puedan indexar el formato Flash (SWF) para descubrir información que en este momento no es capaz de ser descubierta por los motores de búsqueda.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:21 AM | Comentarios (0)

Lendo mancomun.org:
"Dende o 1 de xullo ata o vindeiro 14 de agosto permanece aberto o prazo de preinscrición no Máster Universitario en Consultoría de Software Libre pola Universidade de Vigo.

Este máster desenvolverase ao longo do curso 2008-2009 na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense e incluirá até un total de 30 prazas. A parte teórica do curso poderá completarse con prácticas opcionais en empresas"...

Máis... | Publicado por jmpello ás 8:09 AM | Comentarios (0)

[Diario de Ferrol] Con motivo das festas do Carme que terán lugar nas Pontes esta fin de semana -4, 5 e 6 de xullo-, a cancha do polideportivo municipal acollerá o tradicional maratón de fútbol sala, un dos máis prestixiosos da comarca tendo en conta os premios en metálico -os catro primeiros clasificados recibirán 1.500, 750 e 250 euros respectivamente-. Así mesmo o conxunto local mellor situado será obsequiado con 250 euros e un trofeo. Tamén haberá galardóns para o mellor xogador e o mellor porteiro.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 8:06 AM | Comentarios (0)

Lendo theinquirer.es:
"Ámbalas dúas distribucións son as que lideran o mercado de usuarios de sistemas operativos GNU/Linux. Nesta ocasión imos a comparalas en aspectos básicos e de rendemento. As versións que pugnan polo título son de 32 bits por cuestión de compatibilidade co meu sistema, exactamente Ubuntu 8.04 e OpenSUSE 11.

Os catro pilares fundamentais da comparativa serán a velocidade, aspecto, características e estabilidade. O primeiro deles, velocidade, ímolo desglosar en tempo de instalación, de arrinque e tempo de resposta unha vez arrincado."...

Máis... | Publicado por jmpello ás 8:05 AM | Comentarios (0)

[Diario de Ferrol, por Xosé Cendán] O equipo do Pub Tropicana vén de facerse co título no máis prestixioso dos maratóns de fútbol sala do verán galego, a cita de Xove, que lle supuxo embolsarse o premio máis alto que se entrega neste tipo de competicións, 6.000 euros.

Máis... | Publicado por jatomiau ás 8:03 AM | Comentarios (0)

Lendo barrapunto.com:
"Entérome por rebelion.org do nacemento de Linux-GUAI grupo dentro da Asociación de Internautas adicado a defender os dereitos dos usuarios de Software Libre. O seu manifesto de arrinque é toda unha lista de principios sobre neutralidade tecnolóxica e cómo o software libre é apropiado para garantila."...

Máis... | Publicado por jmpello ás 8:02 AM | Comentarios (0)


Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Agosto 2008
D L M M X VS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31