31 de Agosto, 2010

Esta semana, do 1 ó 5 de Setembro disputarase en Milán a novena edición dos Mundiais de Kaiak Polo. As Pontes estará representada polo adestrador absoluto Serafín Fontao e polo seleccionador Sub21 Carlos Mieres.

Serafín Fontao foi elixido mellor deportista pontés en 2001. 2 veces campión de España e 3 de Galicia, é unha auténtica institución dentro do Kaiak Polo español. Foi porteiro da selección española en nada máis nin nada menos que 5 Campionatos de Europa e 5 Mundiais. Os seus mellores resultados son un 4º posto no Europeo de Madrid 2005 e un 5º no Mundial de Canadá 2008.

Carlos Mieres tamén foi 2 veces campión de España e 3 de Galicia, como xogador da selección española participou no Europeo de Madrid 2005 (4º) e nos Mundiais de Xapón 2004 (7º) e Holanda 2006 (9º). Pero ademáis Carlos tamén foi un gran dianteiro nas categorías inferiores do CD Endesa As Pontes, e chegou a xogar no primeiro equipo.

O Kaiak Polo a grandes rasgos é unha combinación de piragüismo, waterpolo e baloncesto, xogase nunha pisicna cunha delimitación de 35 por 23 metros, as porterías miden 1 por 1.5 metros e están suspendidas a dous metros de altura, xogase a dous tempos de 10 minutos, con dous equipos de 5 xogadores cada un, cun balón de waterpolo e lóxicamente gaña o equipo que máis goles marca.

Serafín e máis Carlos aproveitan esta entrevista para que a xente se anime a practicar con eles no Pantano este maravilloso deporte que tantas alegrías deu ó pobo pontés, que de seguro que non se van a arrepentir. Mantiven unha conversa con eles antes de partir cara a Milán e estas son as súas impresións sobre a cita mundialista.

foto1.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:56 AM

O pasado sábado, 28 de agosto, celebrouse na Vilavella a cuarta xuntanza de veciños desta antiga parroquia pontesa. Preto de 250 persoas procedentes das desaparecidas aldeas hoxe afincadas na propia vila pontesa e nos concellos da comarca, así como veciños dos lugares que aínda existen nesta parroquia reuníronse nunha animada xornada de confraternidade.

O reencontro de veciños, de amigos da infancia, de coñecidos, todos cuns anos máis ás costas, escenas de apertas e bicos fóronse sucedendo segundo ían chegando ó lugar, que non podía ser outro que o que escribiu a historia desta parroquia, onde sempre se celebrou a festa, a Vilavella, á carón da súa emblemática igrexa, á beira do río Eume. A xornada, que estivo acompañada dunha boa climatoloxía, comezou cunha misa e posterior procesión, seguida de música co Trío Chylaba e o xantar a base de polbo e churrasco. Como en anos anteriores, tamén houbo unha exposición de fotos antigas con escenas familiares, eventos sociais, festividades, vodas, primeiras comuñóns.

A parroquia da Vilavella foi unha das que máis sufriu a desaparición do seu territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, Cartilida, Casal da Boa, Casa Longa, Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e A Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas sen uso algún.

vilabella_2010_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:47 AM

La multinacional danesa abrirá el mes que viene un centro logístico en la nave que clausuró hace ocho meses

[La Voz de Galicia] LM Composites regresa a As Pontes. Lo hace ocho meses después de cerrar la factoría de palas eólicas del municipio en la que trabajaban alrededor de cien operarios. La filial del grupo danés LM Glasfiber trasladará a partir del mes que viene al polígono de Os Airíos su centro de posventa en el sur de Europa. Esta medida de la multinacional permitiría recuperar en torno a 25 empleos del centenar que se extinguieron en enero con el cierre de la fábrica pontesa.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:19 AM

30 de Agosto, 2010

O piloto pontés Ismael Veiga Balseiro conseguiu esta fin de semana en Carral o Campionato Galego Junior de Super Cross e suma o seu decimoquinto título galego.

Tras quedar 5º e 6º nas dúas mangas gañadas polo fenómeno da Capela Román Pérez, acabou 5º na clasificación xeral sumando 21 puntos, os suficientes para adiantar a Francisco Vilaboa.

Na xeral final, Ismael acabou con 127 puntos, segundo Francisco Vilaboa con 120 e terceiro Javier Fernández con 94 puntos.

Ismael_Veiga_1.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 5:02 PM
Parroquias, festas e historia: O PARAÑO FESTEXOU A SAN RAMÓN

Esta fin de semana o Paraño celebrou o seu patrón, San Ramón. Os festexos deste pequeno lugar comezaron o venres cunha verbena co Dúo Bambú para seguir o sábado con misa, sesión vermú con Lembranza, que tamén amenizou a verbena xunto co Grupo Enclave.

Co repique de foguetes a primeira hora da mañá, comezaba a derradeira xornada festiva, o domingo 29, logo misa e procesión coas imaxes de San Roque e a Virxe da Ermida, rematando con fogos de artificio e a sesión vermú co grupo Enclave.

Situado ó leste e a tres quilómetros da vila das Pontes, o barrio do Paraño está entre os regos do Painceiro e do Cocido que desembocan no río Chamoselo. Na súa zona de influencia atópanse os lugares da Forxa, O Carballal, O Catarou, A Vacariza, O Campo da Cova e A Da. Estas aldeas suman en total 54 habitantes.
A romaría de San Ramón do Paraño ven de moi antigo, algúns datan a súa antigüidade en catro séculos e antano tiña un gran arraigo na comarca das Pontes e arredores, a onde acudían devotos para cumprir coas súas promesas, en especial as nais que recentemente pariran.

parano_2010_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 1:29 PM

30 de Agosto, 2010

Na Web: Más de un millón de llamadas a través de Google en su primer día

Publicado por CyberMODE ás 8:06 AM

Zona Gamers: Lenovo prepara su entrada en el mercado de videoconsolas

Publicado por CyberMODE ás 8:01 AM

29 de Agosto, 2010

Deportes: BORJA PRIETO ACABA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CON 5 MEDALLAS

Publicado por CyberMODE ás 5:06 PM

28 de Agosto, 2010

27 de Agosto, 2010

As Pontes: CURSO “SOLDADOR CON HOMOLOGACIONES”

Publicado por CyberMODE ás 5:17 PM

Axenda: XXII festa do Requeixo

Publicado por CyberMODE ás 8:35 AM

Deportes: Piscu se entrena con el Wigan

Publicado por CyberMODE ás 8:03 AM

26 de Agosto, 2010

Amigus: E chegamos... 2.000.000 de visitas, grazas!!!!!!!!!!!!

Publicado por redaccion ás 10:00 AM

25 de Agosto, 2010

Video Dixital: Youtube lanza su nueva web para móviles, construida en HTML5

Publicado por CyberMODE ás 8:57 AM

Phone / Tablet: Realidad virtual y 3D en dispositivos móviles

Publicado por CyberMODE ás 8:51 AM

24 de Agosto, 2010

Seguridade: Intel compra McAfee

Publicado por CyberMODE ás 8:13 AM

Na Web: Chrome abrirá su tienda de aplicaciones en octubre

Publicado por CyberMODE ás 8:08 AM

23 de Agosto, 2010

Software: Microsoft lanzará Office 2011 para Mac en octubre

Publicado por CyberMODE ás 8:01 AM

22 de Agosto, 2010

Zona Gamers: La PlayStation 3, 'pirateada'

Publicado por CyberMODE ás 8:17 AM

Phone / Tablet: Sólo el 2% de los europeos ha utilizado su móvil para comprar algún producto

Publicado por CyberMODE ás 8:05 AM

21 de Agosto, 2010

Deportes: CD. AS PONTES. PRETEMPORADAS DO EQUIPO FEMININO, CADETE E FILIAL

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

20 de Agosto, 2010

Comarca: 'Macrobotellón' versus romería

Publicado por CyberMODE ás 8:08 AM

19 de Agosto, 2010

Deportes: O K4 español de Borja Prieto é 14º e estará o sábado na Final B

Publicado por CyberMODE ás 11:28 PM

18 de Agosto, 2010

Axenda: Vilabella acoge una nueva edición de la Xornada de Confraternidade

Publicado por CyberMODE ás 8:59 AM

As Pontes: La Xunta licita el proyecto de la oficina de empleo de As Pontes

Publicado por CyberMODE ás 8:29 AM

17 de Agosto, 2010

Parroquias, festas e historia: RIBADEUME CELEBROU AS TRADICIONAIS FESTAS DA ASUNCIÓN E SAN ROQUE

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

As Pontes: Los municipios eluden fusiones y alzas de impuestos pese a la crisis

Publicado por CyberMODE ás 8:48 AM

Cultura: Diez municipios acogerán la muestra «Rosalía sempre viva»

Publicado por CyberMODE ás 8:28 AM

16 de Agosto, 2010

Parroquias, festas e historia: GRAÑAS DO SOR HONROU Ó SEU PATRÓN, SAN MAMEDE

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

15 de Agosto, 2010

As Pontes: El Concello de As Pontes inicia la remodelación de la avenida Coruña

Publicado por CyberMODE ás 8:54 AM

Deportes: BORJA PRIETO NA CONVOCATORIA DEFINITIVA

Publicado por CyberMODE ás 8:49 AM

14 de Agosto, 2010

Empresas: La ejecución de la nueva fase de Penapurreira arrancará en un año

Publicado por CyberMODE ás 8:15 AM

13 de Agosto, 2010

Parroquias, festas e historia: XERMADE CELEBROU A FESTIVIDADE DA NOSA SEÑORA DA ASUNCIÓN

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

Empresas: 'Poligonitis' aguda en tiempos de crisis

Publicado por CyberMODE ás 8:25 AM

12 de Agosto, 2010

Deportes: O ESTEO XOGARÁ UN ANO MÁIS NA PRIMEIRA NACIONAL B

Publicado por CyberMODE ás 6:45 PM

Na Web: Gmail renueva su aspecto

Publicado por CyberMODE ás 8:39 AM

11 de Agosto, 2010

10 de Agosto, 2010

Mundo Apple: Microsoft 'resucita' la guerra entre PCs y Macs

Publicado por CyberMODE ás 8:44 AM

9 de Agosto, 2010

As Pontes: El gobierno pontés cambia la cubierta de la Casa Dopeso

Publicado por CyberMODE ás 8:13 AM

8 de Agosto, 2010

Parroquias, festas e historia: A CAPELA CELEBROU A SÚA TRADICIONAL ROMARÍA DA VIRXE DAS NEVES

Publicado por CyberMODE ás 3:26 PM

As Pontes: La Casa Dopeso repasa la historia de los barrios de Meidelo y O Vilar

Publicado por CyberMODE ás 8:53 AM

Piratería?: Unha noite de xeada.....

Publicado por mourelo ás 7:06 AM

7 de Agosto, 2010

Na Web: Google pone fin a Wave

Publicado por CyberMODE ás 8:51 AM

Na Web: Portugal prohibe a Google tomar fotos para Street View

Publicado por CyberMODE ás 8:23 AM

6 de Agosto, 2010

Deportes: España acaba 8º na competición por equipos

Publicado por CyberMODE ás 11:53 PM

Fotografía: A Festa da Fraga 2010 por joseluis

Publicado por redaccion ás 8:59 AM

Parroquias, festas e historia: PRESENTACIÓN DO LIBRO DA MEMORIA HISTÓRICA DE SAN CRISTOVO DO VILAR

Publicado por CyberMODE ás 8:39 AM

As Pontes: La Universidad definirá el urbanismo en el entorno del lago de As Pontes

Publicado por CyberMODE ás 8:24 AM

As Pontes: El lago pontés

Publicado por CyberMODE ás 8:04 AM

5 de Agosto, 2010

Deportes: BORJA PRIETO, ANTONIO POLO E CARLOS PEDREIRA CONVOCADOS POLA SELECCIÓN

Publicado por CyberMODE ás 2:51 PM

Software: Office 2011 para Mac llegará en octubre

Publicado por CyberMODE ás 8:11 AM

4 de Agosto, 2010

Deportes: O CD AS PONTES XUVENIL INICIOU A PRETEMPORADA

Publicado por CyberMODE ás 8:45 AM

As Pontes: O consistorio recibirá 9,5 millóns do Plan da Minería deste ano

Publicado por CyberMODE ás 8:19 AM

3 de Agosto, 2010

2 de Agosto, 2010

1 de Agosto, 2010

Música: Jean Michel Jarre - Praza do Obradoiro

Publicado por CyberMODE ás 6:18 PM


Cena dos 50

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes

Reportaxes fotográficos Fabián
Novas Recentes
Arquivos
- Xuño 2013 (56)
- Maio 2013 (125)
- Abril 2013 (129)
- Marzo 2013 (105)
- Febreiro 2013 (94)
- Xaneiro 2013 (111)
- Decembro 2012 (93)
- Novembro 2012 (104)
- Outubro 2012 (116)
- Setembro 2012 (102)
- Agosto 2012 (106)
- Xullo 2012 (116)
- Xuño 2012 (105)
- Maio 2012 (126)
- Abril 2012 (106)
- Marzo 2012 (122)
- Febreiro 2012 (103)
- Xaneiro 2012 (117)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xuño 2013
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            




Xerado con
Movable Type 5.2.3