19 de Xullo, 2012

Ás oito do serán de onte o As Pontes iniciou os adestramentos de preparación para a vindeira temporada na Terceira División. Antes de comezar a preparación dirixiu unhas palabras o presidente da entidade, Xaime Castro, quen, na súa breve intervención, primeiramente deu a benvida ós novos e sinalou que no Club hai confianza no traballo e no esforzo do plantel e o corpo técnico para lograr manterse na categoría sen pasar os apuros da pasada campaña. Despois presentou un a un tódolos xogadores ó corpo técnico.

De seguido Manolo García, acompañado polo segundo, José Luis Fontao, o preparador físico, Adrián Boo e o preparador de porteiros, José Souto Momán, deron inicio ó primeiro adestramento.

Salientar que neste renovado Club Deportivo As Pontes son caras novas o gardameta Kiko, que volve ó equipo despois dunha temporada no Viveiro, os defensas Pablo Domínguez, procedente do Bergantiños, Jorge Nano, o medio David Piña e o dianteiro Eloy Díaz, os tres procedentes do Narón BP. Seguen da pasada temporada o porteiro Iván Parapar, os defensas Chote e Rochela, os centrocampistas Dani, Esmorís, Bossa, Cañizares e Dieguito e os atacantes David Amado, Iván González e Sergio Arias, que foi o último en decidirse pola renovación.

cdaspontes_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 6:59 PM

O CD As Pontes chegou a un acordo con CD La Amistad 2000, de Zamora, para facerse cos servizos de Magdiel Ribeiro Da Silva, deportivamente coñecido por Magi, xogador de 17 que posúe a dobre nacionalidade, española e brasileira. O club zamorano facilitoulle a saída a este xoven xogador nun acto no que o presidente do As Pontes, Xaime Castro, desprazouse ata Zamora para reunirse co presidente do CD La Amistad 2000, que conta con equipos de base ata a categoría xuvenil.

O novo xogador do CD As Pontes asinou un contrato por un ano. Xoga na posición de dianteiro e no seu anterior equipo, o xuvenil do CD La Amistad 2000, marcou 40 goles a pasada temporada na liga autonómica xuvenil. Destaca o seu bo golpeo coas dúas pernas e a súa capacidade para o regate e durante varios anos foi seguido por varios clubs casteláns, sendo finalmente o As Pontes o club que se fixo cos seus servizos.

Magi.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 6:02 PM

Lonxe parecen aqueles tempos nos que o PSOE lideraba, no ámbito político, o chamado conflito laboral no Concello das Pontes, coa presenza do hoxe Alcalde en todas as mobilizacións. Ao despedimento de dúas traballadoras da Escola Infantil Municipal vense de engadir a situación nun dos servizos básicos e estratéxicos da administración local como é o departamento económico.

Co pretexto da necesidade de espazo físico para o grupo político municipal do PSOE, “... o máis nutrido da recente etapa democrática ...”, o goberno local decide desfacer os servizos económicos co traslado do tesoureiro, responsábel, entre outras funcións, dos pagamentos.

O asunto cheira dende o inicio. Os 2 concelleiros con adicación exlcusiva posúen responsabilidades en Servizos Sociais, situados na Casa Dopeso, e Urbanismo, servizo desprazado na anterior lexislatura ao edificio administrativo. A outra concelleira liberada ten responsabilidades de Industria, co seu Instituto situado en Penapurreira. O resto ou ten os seus servizos noutros edificos ou simplesmente non aparecen.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 3:56 PM

O pasado domingo 15 celebrouse como ven sendo habitual regata de piragüismo que organiza o Grupo Xuvenil das Pontes todos os anos no encoro da Ribeira.

No tocante aos gañadores, en categoría benxamín resultaron vencedores Andrés Cachaza e Antía Fernández, ámbolos dous do clube Ría de Betanzos, ao igual que o gañador na categoría alevín masculina: o piragüista Juan Fernández, namentras que a súa compañeira no podio foi Carlota Ameneiro do Clube de Piragüismo de Narón. En infantil A os gañadores foron Adrián Prada e Elisa Zapata, do Fluvial O Barco e do Náutico de Miño, respectivamente, namentras que na proba Infantil B os primeiros postos foron para José Luís Sánchez do Ría de Betanzos e Aldara Castro do Clube de Piragüismo de Narón. Na competición cadete desputáronse probas tanto na disciplina de K-1 coma no K-2, resultando vencedores David Tomislavov (Grupo Xuvenil de Piragüismo) e Teresa Pomar (Fluvial O Barco) na disciplina de K-1, e as parellas Rui Santalla e Diego Paz (Clube de Piragüismo de Narón) e Olga Mezquita e Raquel López (Clube As Xubias) na modalidade de K-2. En junior K-1 a victoria foi para Luis Vázquez e Marina Castro, ámbolos dous do clube Ría de Betanzos, e en K-2, onde tan só houbo proba masculina, os gañadores foron os piragüistas Pablo Torres e Alejandro Bermúdez, do Náutico Tambo, de Marín. Na proba senior os primeiros postos foron para Antonio Rey (Firrete) e para María del Mar Rodríguez ( Náutico de Miño) en K-1 e para a parella formada por Adolfo Monteagudo e Jonathan Monteagudo en K-2. En veteráns impúxose o pontés Antonio Polo, agora nas filas do clube Viveiro de Piragüismo, e tamén a coruñesa Alicia Romaní, do clube As Xubias, e pechou a clasificación Hernán Fernández coma primeiro na liña de meta na proba senior C-1. A parte dos citados outros padexeiros ponteses acaron os seguintes resultados: Ricardo Estevez 2º en C-1 Senior, Alexis Piñon 3º k-1 Benxamin, Xosé Guerreiro 5º k1 Infantil-B, José Antonio Menéndez 2º no K-1 veterano e Ernesto Gancedo e José Manuel García 2º no K-2 Senior.

Na clasificación por clubes os gañadores foron os padexeiros do Club Nauntico Betanzos, seguidos por os coñeses das Xubias e en terceira posición o Tambo de Marín.

memorial_01.jpeg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:54 AM


Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes

Reportaxes fotográficos Fabián
Novas Recentes
Arquivos
- Maio 2013 (90)
- Abril 2013 (129)
- Marzo 2013 (105)
- Febreiro 2013 (94)
- Xaneiro 2013 (111)
- Decembro 2012 (93)
- Novembro 2012 (104)
- Outubro 2012 (116)
- Setembro 2012 (102)
- Agosto 2012 (106)
- Xullo 2012 (116)
- Xuño 2012 (105)
- Maio 2012 (126)
- Abril 2012 (106)
- Marzo 2012 (122)
- Febreiro 2012 (103)
- Xaneiro 2012 (117)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Maio 2013
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  




Xerado con
Movable Type 5.2.3