13 de Agosto, 2012

Intensa fin de semana de competición no piragüismo esta fin de semana.
Os representantes do club pontés desplazaronse a Tui e Betanzos para participar nas respectivas competicións da Liga Galega de Descensos, Travesías e Maratón.
O sábado en Tui celebrouse a 41º edición do Descenso do Miño, cunha participación record de arredor de 700 padexeiros principalmente de galicai pero tamen do resto de España, Portugal e incluso de Sudafrica .Grupo Xuvenil acadou unha meritoria 18º posición na clasificación xeral por clubes, destacando o 11º posto de David Tonislavov en K1 home cadete, o 6º posto en k2 home Junior de Pablo Moreno e Alex González, e o 20º posto en K2 home senior de Ernesto Gancedo e José Manuel Bellas, que na clasificación oficiosa de veteranos serían 4º.
O primeiro posto absoluto foi para a K2 dos sudafricanos Antony Scott e Cam Shoeman, en en k1 o tudense Ivan Alonso seguido de preto polo portugués Alfredo Miguel Nogueira e o pontés (ainda que representando ao club de Viveiro) Antonio Polo.
Xa o Domingo na Travesía da Ria de Betanzos salientar a 3ª posición de David Tonislavov en K1 home cadete, os postos 14 e 16 de Alex González e Pablo Moreno respectivamente en K1 home Junior, e o 18º posto de Ernesto Gancedo en k1 home senior.

grupo_xuvenil_1.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 2:03 PM

Un ano máis a parroquia pontesa de Ribadeume celebrou as súas festas patronais na honra á Asunción de María e San Roque, que por mor do calendario adiantáronse á fin de semana anterior ó 15 de agosto, día no que máis de 250 vilas, parroquias e aldeas de Galicia celebran a festividade da Virxe de Agosto.

A boa climatoloxía acompañou a estas tradicionais e populares festas, que comezaron o venres cunha verbena coas orquestras Xente Nova e Combo Dominicano. O sábado, despois das bombas de palenque, celebrouse a misa na honra da Asunción de María, seguida da procesión e a sesión vermú coa orquestra Fania, que tamén estivo na concorrida verbena da noite, o mesmo ca do venres, xunto a Super Combo.
Na derradeira xornada, o domingo, repetíronse os mesmos actos relixiosos con misa e procesión, para despedir os festexos deste ano coa sesión vermú do grupo Fusión, que ofreceu o mellor do seu repertorio ós numerosos lugareños e visitantes que se achegaron a esta fermosa parroquia pontesa.

Salientar que na xornada do sábado a procesión pasou sobre unha alfombra floral que ía dende a igrexa ata o cruceiro e na que se representaba o máis emblemático da parroquia, a música. Pois Ribadeume foi e é terra de músicos, unha tradición que comezou co párroco Juan Vázquez Vázquez alá polo ano 1909. A alfombra comezaba no adro da igrexa cunha figura representando ó cura, seguida dun pentagrama musical e varias estrelas con diversos instrumentos musicais para rematar no cruceiro coas figuras da Asunción e San Roque e unha representación do sarcófago paleocristián, que se atopa á carón da igrexa, ademais dunha cabana castrexa, pois hai que sinalar que Ribadeume é unha terra de castros, os chamados de guarnición.

ribadeume_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 12:29 PM

[BOP, 13 de agosto 2012] O Pleno do concello, en sesión do día 09 de agosto de 2012, aprobou inicialmente o orzamento xeral correspondente ao exercicio de 2012, así como o cadro de persoal para o dito exercicio.
O citado orzamento queda exposto ao público na Intervención deste concello por prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o cal os interesados poderán examinalo e formular, ante o Pleno, as reclamacións que estimen pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais.
No caso de que, transcorrido o prazo de información pública, non se tivesen presentado reclamacións, o orzamento considerarase definitivamente aprobado. En caso contrario, o Pleno disporá dun mes para resolvelas.
O que se fai público para os efectos previstos na citada lexislación.

Publicado por CyberMODE ás 12:27 PM

[La Voz de Galicia, por Xavier Alcalá] Don Manuel Molares Porto é un home poliédrico e lonxevo. O traballo nos ferrocarrís ensinoulle o que custaba o carbón mineral, a súa amizade con carboeiros ensinoulle o valor do carbón de toxo. Cando chegou o butano pasou aviso: unha bombona facía o mesmo servizo que un carro de leña acarboada. Leña, carbón de leña e carbón mineral teñen un longo percorrido parello durante a Historia. Serviron para quentar lares e fundir metais ata que se puxeron ao servizo do vapor. A revolución industrial provocou unha grande avidez polo carbón mineral. Ollando o mapa do mundo logo se ve unha relación de avances técnico-científicos, económicos e sociais coa proximidade ás minas de carbón. España non tivo sorte nos repartos da Mai Natura: aquí o carbón sempre foi malo de apañar.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:43 AM

Casa del Libro ha puesto en marcha Ediciones Tagus, su editorial digital, que publicará mensualmente 2 o 3 obras accesibles desde cualquier e-reader o dispositivo electrónico. Casa del Libro ha creado Ediciones Tagus, su sello editorial para el entorno digital. La apuesta se enmarca en estrategia por diseñar una completa oferta de lectura digital en castellano.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:14 AM


Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes

Reportaxes fotográficos Fabián
Novas Recentes
Arquivos
- Maio 2013 (82)
- Abril 2013 (129)
- Marzo 2013 (105)
- Febreiro 2013 (94)
- Xaneiro 2013 (111)
- Decembro 2012 (93)
- Novembro 2012 (104)
- Outubro 2012 (116)
- Setembro 2012 (102)
- Agosto 2012 (106)
- Xullo 2012 (116)
- Xuño 2012 (105)
- Maio 2012 (126)
- Abril 2012 (106)
- Marzo 2012 (122)
- Febreiro 2012 (103)
- Xaneiro 2012 (117)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Maio 2013
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  




Xerado con
Movable Type 5.2.3