25 de Xaneiro, 2012

Esta fin de semana o barrio pontés de Pontoibo celebrou as súas tradicionais festas na honra de San Vicente, as primeiras do ano e unhas das de máis tradición e antigas do concello de As Pontes e arredores.

Os festexos comezaron o sábado 21 cunha misa á unha do mediodía, para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Compostela, que tamén amenizou a verbena xunto ó grupo Passión.

O acto principal do domingo 22, o día do patrón e o máis esperado polos numerosos romeiros que acoden a este santuario, foi a tradicional poxa de produtos do campo que dende hai moitos anos vén realizando o popular e coñecido Salustiano Ameneiro, quen ós seus 93 anos e ó longo de máis de dúas horas deleitou ó público cos seus chistes e comentarios ó mesmo tempo que ía facendo a poxa de produtos da terra, como mel, chourizos, carne de porco, polos, trigo, maínzo, doces.

A primeira hora da mañá o grupo tradicional os Trevillas fixo un pasacalles polo barrio. A misa nesta xornada de domingo foi no adro da capela debido á gran asistencia de devotos. A orquestra Los Satélites encargouse de poñer música na sesión vermú. O grupo Fusión acompañou a esta afamada orquestra na verbena, que comezou ás seis do serán, como se celebraban antigamente.

pontoibo_2012-0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 1:27 PM

21 de Xaneiro, 2012

Esta fin de semana o barrio pontés de Pontoibo celebra as súas tradicionais festas na honra de San Vicente, as primeiras do ano e unhas das de máis tradición e antigas do concello de As Pontes e arredores.

Este santuario situado preto da vila pontesa data de moi antigo, pois aínda que a capela foi reformada e ampliada no ano 1847, a imaxe de San Vicente ten máis antigüidade, calcúlase nuns cincocentos anos. A capela foi construída nunha zona onde apareceron restos primitivos doutras civilizacións, como un sarcófago situado á carón da capela. Nas últimas décadas sufriu reformas, sendo a última a ampliación do campo da festa e a desaparición da cubrición de uralita que afeaba o entorno da capela.

Os festexos comezan o sábado 21 cunha misa á unha do mediodía (13,00), para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Compostela, que tamén amenizará a verbena xunto ó grupo Passión.

O acto principal do domingo 22, o día do patrón e o máis esperado polo numeroso público que acude a este santuario, é a tradicional poxa de produtos do campo que dende hai moitos anos vén realizando o popular e coñecido Salustiano Ameneiro. Con anterioridade o grupo tradicional os Trevillas realizarán un pasacalles polo barrio. A misa será nesta xornada de domingo ás doce e media (12,00). A orquestra Los Satélites será a encargada de poñer música na verbena xunto ó grupo Fusión.

pontoibo001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:00 AM

18 de Outubro, 2011

Coa a celebración do Rosario nas parroquias da Faeira, hai quince días, e Goente, esta fin de semana, remataron as festas patronais do verán das distintas parroquias e lugares do concello de As Pontes. Precisamente, estas dúas parroquias celebraron con gran éxito de público as súas tradicionais festas patronais na honra á Nosa Señora do Rosario.

Na Faeira non lembran unha verbena do sábado con máis de seis mil persoas de tódalas idades para ver o espectáculo e música das orquestras Panorama e Olympus, así como a do venres con Marbella e Chylava.

En Goente tampouco foi menos, xa que repetiron actuación Marbella e Olympus, ademais de Foliada, Panamá e Xente Nova, concentrándose no campo da festa enfronte da igrexa parroquial milleiros de persoas procedentes de distintos lugares da comarca. A Coral Airiños da Capela actuou na misa cantada do domingo.

Unhas festas do Rosario que este ano tiveron como novidade unha alfombra floral que tiña como alegorías un rosario, pombas da paz e os montes do Forgoselo coas súas colmeas. Hai que lembrar que a pasada semana celebrouse nesta mesma parroquia a 3ª Feira do Mel e do Queixo con asistencia de numeroso público. Sen lugar a dúbidas, a boa climatoloxía influíu para que os amantes das festas acudisen en gran número a estas tradicionais festas do Rosario.

goente_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 1:00 PM

O día 22 de outubro, celebraránse as VII Xornadas Museísticas que organiza a Asociación do Museo Etnográfico da Capela. Nestas xornadas, os seus autores exporán os traballos presentados ao IV Premio de Investigación “Ferro Caaveiro” que convoca o propio Museo.

As Xornadas terán lugar na “Casa do Pazo” a partir das 11 h.

VII-Xornadas_museisticas.jpg

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

11 de Outubro, 2011

Nun día de sol e calor centos de persoas achegáronse ata a parroquia pontesa de Goente onde se celebraba a terceira feira gastronómica do concello, a Feira do Queixo do Eume e do Mel de Goente, que cumpre a súa terceira edición. Máis dun milleiro de visitantes visitaron a feira que estaba instalada no campo da festa enfronte da igrexa parroquial.

Sobre as dúas da tarde o responsable da Casa do Mel, Manuel Ferreira, e o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, inauguraron o recinto feiral nuns breves discursos de exaltación destes produtos gastronómicos, de recoñecido prestixio no país galego e incluso fóra de Galicia.

Tamén houbo unha exposición de motos antigas do pontés Elías Gabeiras Barro. Entre as cerca de trinta motocicletas había modelos de Montesa, Ossa, Bultaco dos anos cincuenta e sesenta, sendo a máis antiga unha Norton modelo 20 do ano 1930, restaurada polo propio coleccionista.

Logo as máis de mil persoas degustaron os produtos homenaxeados nesta feira nun xantar popular a base de freixós, churrasco, queixo e mel. A música estivo a cargo da banda de gaitas Alfaia e a charanga de Cotovade.

Ó remate do xantar procedeuse á entrega dos premios do IV Concurso de Meles Claras e Escuras, levándose o primeiro premio Remedios Fernández García, en mel escura, e José Manuel Roel, en mel clara. En canto ó III Concurso de Receitas, o primeiro premio profesional en receitas doces foi para Francisco Jarel Saavedra, de As Pontes e o primeiro particular para Ana Soto Galdo, da Capela, e en receitas salgadas o primeiro profesional foi para o Restaurante A Palma, de Vilar de Mouros, e o particular levouno Ana Soto Galdo, da Capela.

Goente volverá a estar de festa a vindeira fin de semana coa celebración das súas festas patronais na honra á Virxe do Rosario.

goente_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

5 de Outubro, 2011

Esta fin de semana pasada a parroquia da Faeira, no concello das Pontes, celebrou unha das súas festas patronais máis concorridas de hai moitos anos. Os máis vellos do lugar non recordan unhas festas con tanta afluencia de público como o que se deu cita nas verbenas do venres e sábado, principalmente na do día primeiro de outubro, que segundo algúns chegaron a concentrarse no lugar da festa e arredores unhas seis mil persoas de tódalas idades, que gozaron do espectáculo e música das prestixiosas orquestras Olympus e Panorama. A xornada do venres a actuación correspondeu á orquestra Marbella e o grupo musical Chylava.

Sen lugar a dúbida, a excelente climatoloxía, con ceo azul e moita calor, foi un dos motivos para que moitos veciños e forasteiros se achegasen a esta parroquia pontesa para gozar desta tradicional e antiga festa, que tamén tivo as súas funcións relixiosas o sábado e domingo, con misas e procesións na honra da patroa, sendo moi numerosa a do domingo cunha misa cantada pola Coral Airiños da Capela. O grupo de música tradicional Os Trevillas e Enclave tamén puxeron a súa parte musical nestas festas da Faeira que, sen lugar a dúbida, pasarán á historia da parroquia.

A Faeira

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

21 de Setembro, 2011

Esta fin de semana o barrio de Arriba da veciña parroquia xermadesa de Roupar celebrou a Festa do Campo, na honra á Virxe do Carme e San Caetano, festividade con moita tradición na comarca, que se ven celebrando dende hai moitos anos.
Iniciáronse as festas o venres cunha verbena con Bohemia e o Dúo Bandoneon. O sábado, misa, procesión e música a cargo das orquestras Alabama e Ilusión. O remate das festas foi o domingo con funcións relixiosas e a sesión vermú a cargo do Trío Lembranza.

Na tarde do sábado houbo xogos populares para a xuventude organizado polos alumnos do curso de animación sociocultural que se está a impartir no concello de Xermade.

roupar_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

7 de Setembro, 2011

O lugar da Esfarrapa, un dos anacronismos da división territorial de Galicia, pois esta aldea está dividida entre As Pontes e As Somozas, celebrou a festividade do San Cristovo, festa que antes da explotación da mina de carbón conmemorábase na vella capela da aldea do Vilar.

As festas comezaron o sábado con dianas e alboradas a cargo da banda de gaitas Alfaia, que tamén acompañou a procesión. O domingo foron Os Suplentes os que iniciaron a xornada. Os grupos Meritxell e Enclave amenizaron as sesións vermú e as verbenas.
O domingo, despois de entonar o himno do Barrio e das pezas da misa a cargo de Enclave, os varios centos de antigos veciños das aldeas desaparecidas degustaron un xantar a base de empanada, churrasco, cachelos e un bo viño. Á sobremesa un membro da organización adiantou ós asistentes un ambicioso proxecto que pode quedar plasmado en vindeiras datas.

SAN CRISTOVO

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 12:43 PM

6 de Setembro, 2011

A aldea de Solloso, na parroquia do Freixo, viviu un ano máis a súa tradicional romaría da Nosa Señora da Pena de Francia, unha das máis antigas da comarca que ten lugar nun santuario que data de 1665.

Varios centos de romeiros achegáronse ata a fermosa carballeira situada ó pé do río de Solloso, onde se atopa esta antiga capela, para honrar á súa patroa, a Virxe da Pena de Francia. Os dous días houbo funcións relixiosas e a música puxérona os grupos Chilava, Matiz e Caribe.

pena_de_francia_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

31 de Agosto, 2011

O pasado sábado, 27 de agosto, celebrouse a carón da igrexa da Vilavella a quinta xuntanza de veciños desta antiga parroquia pontesa. Máis de 250 persoas procedentes das desaparecidas aldeas hoxe afincadas na propia vila e nos concellos da comarca, así como veciños dos lugares que aínda existen nesta parroquia e outros vidos dende Vigo, Ferrol, A Coruña reuníronse nunha animada xornada de confraternidade e convivencia.
O reencontro de veciños, de amigos da infancia, de coñecidos, todos cuns anos máis ás costas, escenas de apertas e bicos fóronse sucedendo segundo ían chegando ó lugar, que non podía ser outro que o que escribiu a historia desta parroquia, onde sempre se celebrou a festa, a Vilavella, ó lado da súa antiga igrexa, á beira do río Eume. Á cita non faltou, un ano máis, o señor Rivera, que ós seus 91 anos amosaba unha eterna xuventude.

A xornada, que estivo acompañada dunha boa climatoloxía, comezou cunha misa e posterior procesión, seguida de música do Grupo Enclave e o xantar a base de polbo á feira e carne ó caldeiro, acompañado dun bo viño tintorro galego. Como en anos anteriores, tamén houbo unha exposición de fotos antigas con escenas familiares, eventos sociais, festividades, vodas, primeiras comuñóns e labores do campo. Á noitiña proxectouse unha montaxe de fotos antigas.

vilavella_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

30 de Agosto, 2011

O Paraño, lugar da parroquia de Santa María das Pontes, celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Ramón. Comezaron os festexos o venres 26 cunha verbena a cargo do Trío Lembranza. O sábado houbo celebración da misa, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do Trío Chylava, que tamén amenizou a verbena xunto ó Grupo Boreal.

Remataron as festas neste barrio na xornada do domingo 28 cunha misa á unha do mediodía, seguida de procesión. Continuaron cunha sesión de fogos de artificio e as pezas da misa a cargo do Grupo Boreal.

Situado ó leste e a tres quilómetros da vila das Pontes, o barrio do Paraño está entre os regos do Painceiro e do Cocido que desembocan no río Chamoselo. Na súa zona de influencia atópanse os lugares da Forxa, O Carballal, O Catarou, A Vacariza, O Campo da Cova e A Da. Estas aldeas suman en total medio cento de habitantes.

A romaría de San Ramón do Paraño ven de moi antigo, algúns datan a súa antigüidade en catro séculos e antano tiña un gran arraigo na comarca das Pontes e arredores, a onde acudían devotos para cumprir coas súas promesas, en especial as nais que recentemente parirán.

O Paraño

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

28 de Agosto, 2011

[El Progreso, por Cristina Arias] A la sombra de la gran chimenea de la central térmica de As Pontes y con el objetivo de mantener viva la historia de A Vilavella, una de las parroquias más afectadas por el inicio de la explotación minera en la localidad, los antiguos vecinos de esta zona celebraron un día de fiesta y de reencuentro en uno de los pocos barrios que siguen vivos, sin quedar sumergidos bajo las aguas del lago artificial.

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 10:07 AM

26 de Agosto, 2011

Esta fin de semana celebraranse no concello das Pontes, por partida dobre, dous acontecementos festivos, a V Xornada de confraternidade na parroquia da Vilavella e as festas de San Ramón no barrio do Paraño, da parroquia de Santa María das Pontes.

Comezarán os festexos o venres 26 no Paraño, que un ano máis honra ó seu patrón San Ramón, cunha verbena a cargo do Trío Lembranza. O sábado haberá misa ás 13,00 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do Trío Chylava, que tamén amenizará a verbena xunto ó Grupo Boreal.

Rematarán as festas neste barrio preto de As Pontes na xornada do domingo 28 cunha misa á unha do mediodía, seguida de procesión. Continuarán cunha sesión de fogos de artificio e as pezas da misa a cargo do Grupo Boreal.

parano.jpg

En canto á xornada de confraternidade da Vilavella deste sábado 27, os veciños que viviron nos lugares desaparecidos pola explotación mineira, como é o propio lugar da Vilavella, do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e unhas vellas casas hoxe restauradas, xuntaranse máis de 250 persoas nunha xornada de confraternidade, que será a quinta edición, con misa na honra do patrón da parroquia, San Andrés, procesión e un xantar a base de polbo á feira e carne ó caldeiro nunha carpa instalada a carón da igrexa. O Grupo Enclave poñerá a música a esta xornada festiva dos lugareños de Vilavella. Tamén haberá unha exposición de fotos antigas con escenas familiares, de oficios, de traballos no campo e de diversas actividades de tempos pasados.

Vilavella.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 3:33 PM

24 de Agosto, 2011

A parroquia pontesa de Espiñaredo celebrou esta pasada fin de semana as súas festas patronais na honra a Santa María.
Na xornada do sábado, logo da misa e procesión amenizou a sesión vermú a orquestra Nova Palma, que tamén estivo na verbena da noite xunto ó grupo Enclave.

O domingo repetíronse os mesmos actos relixiosos, coa misa cantada pola Coral da Capela e a procesión acompañada polo grupo de música tradicional Os Trevillas, seguidos dunha sesión de fotos de artificio e a sesión vermú do grupo chairego Lembranza.

Espiñaredo 2011

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

19 de Agosto, 2011

Deveso e Ribadeume foron unhas das máis de 250 vilas, parroquias e aldeas de Galicia que celebraron as súas festas patronais a pasada fin de semana.

En Ribadeume, que este ano “botou a casa pola ventá”, tiveron catro días de festa, comezando o venres cunha verbena a cargo das coñecidas orquestras Trébol e Trovadores. A xornada do sábado iniciouse con bombas de palenque, seguida de misa e procesión e a sesión vermú co grupo musical Ilusión, que tamén estivo na verbena acompañado da orquestra Juan Mallo.

O domingo amenceu con chuvia, que persistiu durante toda a xornada o que impediu a saída da tradicional procesión. A misa foi cantada pola Rondalla de Cariño, que ofreceu un pequeno concerto ó final da función relixiosa con varias pezas do seu repertorio. Na sesión vermú e na verbena puxo a música o orquestra Super Fama.

O derradeiro día das festas, con sol e calor, comezou coa misa seguida da procesión, para rematar cunha sesión de fogos e a sesión vermú co grupo Ilusión.

ribadeume

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

18 de Agosto, 2011

Na fin de semana con máis de 250 festas en toda Galicia, o concello de As Pontes non podía ser menos e así as parroquias do Deveso e Ribadeume honraron á súa patroa, a Asunción, popularmente coñecida pola Virxe de Agosto.
A parroquia do Deveso, festexou o sábado e domingo a súa festa patronal, a Asunción. As festas comezaron o sábado con bombas de palenque. Logo houbo misa e a tradicional procesión que estivo acompañada polo grupo tradicional Os Feroces da Galgueira. O Trío Lembranza puxo a música á sesión vermú e á verbena deste día.

O domingo, despois da misa o grupo Boreal puxo a música da sesión vermú.

deveso_asuncion_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

9 de Agosto, 2011

A parroquia ortigueiresa das Neves celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe das Neves. Durante tres días os lugareños e visitantes gozaron dunhas festas que comezaron o venres cunha churrascada e unha verbena a cargo do Trío Lembranza. Na xornada do sábado, nun día máis ben de outono con orballo, houbo misa, procesión e sesión vermú con American Top, que tamén amenizou a verbena xunto ó Dúo Aplauso.

O domingo, no que por fin luciu o sol, comezaba con bombas de palenque anunciando os festexos. Arredor da unha do mediodía ían chegando os romeiros para asistir á misa, que foi seguida dunha concorrida procesión coa imaxe da Virxe das Neves e acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. Despois realizouse unha poxa de rifas para o sorteo dun cabrito. O Trío Boreal amenizou as pezas da misa e a derradeira verbena.

as-neves_ortigueira_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

1 de Agosto, 2011

30 de Xullo, 2011

Unha das parroquias máis importantes do concello de Xermade, Cabreiros, celebrou a primeiros de mes as súas festas patronais na honra a Santa Mariña, unha das de máis tradición en toda a comarca.

Os festexos comezaron o venres cunha verbena a cargo do grupo Ilusión. O sábado iniciouse con bombas de palenque e misa e posterior procesión e logo a sesión vermú coa orquestra Poceiro, de Pontevedra, que tamén estivo na verbena xunto a orquestra Ipanema, de León.

O domingo repetíronse os actos do sábado, con misa e procesión e música a cargo da orquestra Alianza.

cabreiros_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

5 de Xullo, 2011

Con asistencia de preto de douscentos antigos veciños dos distintos lugares e aldeas que formaban parte do desaparecido val de Illade, que tiñan como festa patronal o San Salvador, celebraron este pasado sábado a segunda xornada de confraternidade ó lado do campo de fútbol do Poboado. O día comezou cunha misa en memoria de tódolos falecidos do lugar na igrexa da Nosa Señora da Luz, do Poboado das Veigas. A maioría dos asistentes residen na propia vila de As Pontes, pero outros viñeron dende Ferrol, A Coruña, Vigo e incluso dende Logroño e Andalucía.

Logo, pouco a pouco foron achegándose os veciños ó lugar da festa. Nos rostros da gran maioría amosábase a ledicia de abrazar a antigos veciños que había xa uns anos que non se vían, pois todos tiveron que deixar a súa pequena terriña debido á explotación da mina de lignito. Hoxe aqueles lugares forman parte da historia e da nostalxia de todos. Tan só permanecen A Ferrería, O Cotelo e Alvarón.

Tamén houbo momentos para a lembranza e nalgúns houbo algunha que outra bágoa pola emoción de abrazar ós veciños e recordar ós seres queridos que se foron indo co paso dos anos, pero dos que queda o seu agarimo e o seu indeleble recordo.

A xornada, nun día espléndido de sol e calor, tiña que continuar cun merecido xantar a base de polbo á feira, carne ó caldeiro e torta de améndoa, todo acompañado dun bo viño do país e bebida refrescante. Non faltou tampouco a música a cargo do grupo tradicional Os Suplentes e o Dúo Tajú. Antes da cea os asistentes deixáronse retratar para a posterioridade. A xornada de convivencia rematou á media noite quedando todos emprazados para o vindeiro ano e non deixar pasar doce anos como sucedeu entre a primeira e a segunda festa.

SAN SALVADOR DE ILLADE

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

28 de Xuño, 2011

A parroquia do Aparral, celebrou esta fin de semana o seu patrón, San Xoán. A xornada festiva comezou con bombas de palenque, seguida da misa cantada pola Coral Endesa de As Pontes e a tradicional procesión arredor da igrexa e o cruceiro. A sesión vermú estivo amenizada pola orquestra Ciudad de Pontevedra.

Antes da sesión vermú entregouse a Luis Balseiro unha placa en agradecemento polo traballo realizado na comisión do pasado ano, festa á que non puido asistir por estar ingresado no hospital para restablecerse dunha doenza.

A continuación máis de douscentos comensais degustaron as excelencias dun bo xantar. O Dúo Caramelo foi o encargado de poñer música á tardiña e a citada orquestra Ciudad de Pontevedra á verbena.

aparral_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

23 de Xuño, 2011

O sábado, 25 de xuño, remata o prazo para inscribirse na xuntanza de confraternidade dos antigos veciños dos lugares e aldeas que tiñan vínculos con San Salvador de Illade, hoxe todos desaparecidos pola explotación da mina de lignito, agás Alvarón, O Cotelo e A Ferrería.

Os interesados deben apuntarse na sucursal de CAIXANOVA de As Pontes, na conta bancaria 2080-0200-43-0000034520. Os adultos abonarán a cantidade de 30,00 euros e os nenos menores de doce anos 10,00 euros.

A xornada de confraternidade será o sábado, 2 de xullo, no barrio da Pardo Bazán de As Pontes, ó lado do campo de fútbol do Poboado. Ás doce do mediodía (12,00) haberá unha misa por tódolos falecidos do barrio na igrexa da Nosa Señora da Luz, do Poboado das Veigas. O menú do xantar (14,00) estará composto de carne ó caldeiro, polbo á feira, tarta de améndoa, viño tinto do país, auga e refrescos e café. Á tardiña, xamón asado e cocido.

Haberá unha exposición de fotos antigas, con escenas familiares e de traballo. Todas aquelas persoas que o desexen poden aportar fotos para dita exposición. Poñeran música a esta xornada de confraternidade o grupo Tajú e o grupo de música tradicional Os Suplentes.

illade_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 12:00 PM

21 de Xuño, 2011

Esta fin de semana o lugar da Toca, na parroquia de Recemel, preto das Pontes, celebrou as súas festas patronais na honra de San Antón de Padua, que se celebran dende moi antigo a carón da capela do santo (construída en 1880) con gran afluencia de público, tanto nas verbenas coma nas funcións relixiosas. Os festexos comezaron o venres cunha verbena a cargo das orquestras Alarma e Jerusalén.

O sábado 18, logo da misa e procesión amenizou a sesión vermú a orquestra Panamá, que tamén estivo na verbena da noite xunto á orquestra Costa Oeste. Foliada puxo a música na sesión vermú do domingo, coa que se daban por rematadas estas tradicionais festas da Toca, aínda que polo serán houbo competicións deportivas con dous partidos de fútbol, un de mulleres e outro de homes.

Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:04 AM

17 de Xuño, 2011

Con éxito de público, este domingo celebrouse nas Pontes a décimo segunda edición da Festa da Troita, evento gastronómico que dende hai doce anos ven celebrando a asociación de caza e pesca a Venatoria pontesa.

Ó xantar, que tivo lugar na Fraga de Dona Rita á beira do río Eume, acudiron preto de medio milleiro de persoas que degustaron o prato principal, a troita, que ía acompañada de patacas con pelica, ademais dunha paella cociñada no propio lugar e empanada de bonito. Logo do xantar houbo música tradicional e a entrega de agasallos ós gañadores das competicións de pesca e ós colaboradores e colaboradoras na preparación do menú.

festa_da_troita_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:55 AM

7 de Xuño, 2011

San Pedro de Eume, a parroquia máis occidental do concello de As Pontes, celebrou o pasado sábado a festa patronal de San Roque, con funcións relixiosas, música e unha gran churrascada na carpa instalada no lugar do Rego dos Bácaros. A excelente climatoloxía do día propiciou que moitas persoas, máis de medio milleiro, se achegasen a este bonito recanto pontés, procedentes dos distintos lugares do concello e parroquianos hoxe residentes fóra, principalmente na comarca de Ferrol.
Á unha houbo unha misa e a posterior procesión na vella capela de San Roque, situada na aldea da Fragachá. A sesión vermú estivo amenizada pola orquestra Delirio, de Ourense, que tamén actuou na verbena xunto ó Trío Lembranza. Na sobremesa puxeron a música tradicional o grupo Os Trevillas e de seguido música de tódolos estilos a cargo do Dúo Bumerang.
O vindeiro ano corresponderá a celebración do San Pedro no lugar da Lamela, xa que estas dúas festas celébranse nesta parroquia pontesa de xeito alterno dende hai sete anos.

san_pedro_eume_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

25 de Maio, 2011

Esta fin de semana o barrio de Abaixo da veciña parroquia xermadesa de Roupar, preto das Pontes, celebrou o seu patrón, Santo Estevo, festa que se conmemora neste popular barrio rouparés dende hai moitos anos.

Os festexos comezaron ó solpor do venres coa celebración dunha nova edición da “Festa dos Callos”. A festa continuou cunha verbena a cargo do grupo Merixel e a orquestra Xente Nova. O sábado, logo da misa e procesión, a sesión vermú estivo amenizada por Xente Nova, que tamén actuou na verbena xunto ó Trío Lembranza. Os festexos remataron o domingo coa misa, procesión e sesión de vermú a cargo de Lembranza.
Pola tarde disputouse no Campo Novo de Roupar a eliminatoria da Copa Deputación de Lugo entre a SDC Roupar e o CD Xermade con vitoria dos da capital municipal por un claro 1-4, resultado que lles permite pasar á seguinte eliminatoria.

Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

4 de Maio, 2011

Lousada de Abaixo, tamén coñecida Lousada O Pazo, pertencente á parroquia de Santo André de Lousada, no veciño concello de Xermade, celebrou esta pasada fin de semana a súa festa patronal na honra da Virxe das Dores, popularmente coñecida pola “Pascua”.

As dúas xornadas da festa, á que acudiron un bo número de veciños e outros nados nesta parroquia e que actualmente residen fóra, houbo misas, procesións e a música estivo a cargo das orquestras Alarma, que puxo a música na sesión vermú e na verbena do sábado, e Fin de Siglo, de Ourense, que amenizou as tradicionais pezas musicais logo da misa e procesión do domingo.

Lousada-Pascua-2011-1.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

16 de Abril, 2011

Os membros da asociación de antigos veciños de SAN SALVADOR DE ILLADE decidiron organizar unha nova xuntanza dos habitantes que foron deste val situado ó oeste da vila de As Pontes, que desapareceu nos anos oitenta do século pasado por mor da explotación da mina e hoxe gran parte del está no lago que está a xurdir nesa zona.

A organización do evento ten previsto celebrar esta xornada de convivencia e confraternidade o sábado, 2 de xullo, nun espazo público situado na propia vila de As Pontes, para o que xa solicitaron o oportuno permiso a Endesa.

illade_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:45 AM

26 de Xaneiro, 2011

Esta fin de semana Pontoibo, barrio situado preto da vila pontesa, celebrou as súas tradicionais festas na honra de San Vicente, as primeiras do ano e unhas das de máis tradición e antigas do concello de As Pontes e arredores.

As festas comezaron o propio día do patrón, o sábado 22, cunha misa á unha do mediodía, para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Alarma, que tamén amenizou a verbena xunto ó grupo Madeira.

O acto principal do domingo 23, o máis esperado polos numerosos romeiros que acoden a este santuario, foi a tradicional poxa de produtos do campo a cargo do popular e coñecido Salustiano Ameneiro, acto que tivo lugar despois da celebración da misa e da procesión e que se prolongou por máis de dúas horas. Os Trevillas puxeron a música tradicional realizando un pasacalles polos distintos lugares do barrio e a orquestra Xente Nova foi a encargada de poñer música na sesión vermú e na verbena.

pontoibo_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

20 de Outubro, 2010

A parroquia pontesa de Goente, que o pasado sábado 9 celebrou con éxito a “II Feira do Queixo e do Mel”, conmemorou esta fin de semana a súas tradicionais festas patronais na honra da Virxe do Rosario.

As celebracións comezaron o venres cunha verbena a cargo das orquestras Panamá e Marbella. O programa do sábado houbo a misa á unha do mediodía, seguida da sesión vermú coa orquestra Fin de Siglo, agrupación musical que tamén actuou na concurrida verbena da noite xunto á orquestra Panorama. A xornada do domingo iniciouse con bombas de palenque, para continuar coa misa cantada pola Coral Airiños da Capela, seguida da tradicional procesión e a sesión vermú a cargo de Xente Nova.

goente_2010_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 1:05 PM

11 de Outubro, 2010

Hai unhas semanas Sonia López, presentadora do programa O meu barrio da TVG, achegouse á nosa vila para coñecer o barrio das Campeiras e algúns dos seus veciños. Aquí está o documento:

Publicado por krusty ás 9:00 AM

22 de Setembro, 2010

O lugar de Marraxón, situado a uns tres quilómetros ó norte da vila de As Pontes, celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Nosa Señora dos Remedios. Bombas de palenque anunciaron o comezo das festas na xornada do sábado, con actos relixiosos e a música a cargo do Dúo Escobar e a orquestra Os Senadores.

O domingo, despois da misa e procesión arredor da capela, o grupo Os Trevillas ofreceu ós visitantes pezas de música tradicional galega. A continuación tivo lugar no campo da festa a tradicional poxa do produtos da terra e despois a sesión vermú a cargo do Dúo Venus.

marraxon_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

21 de Setembro, 2010

A pequena aldea de Cervicol, na parroquia de Somede, celebrou o sábado 18 a súa festa patronal na honra da Nosa Señora das Neves. A pequena capela, situada preto do rego do Caxado, amosaba un aspecto diferente, pois lucía un novo lousado grazas a colaboración dos veciños, da parroquia e do concello de As Pontes. Unhas obras de restauración que os veciños queren continuar para que o vindeiro ano, con motivo da súa festa patronal, a ermida teña un novo aspecto, como así o expresaron Óscar Pita e Alberto Corral, promotores das obras de restauración e membros da comisión da festa.

A xornada festiva comezou coa chegada de numerosos romeiros e a preparación das súas merendas, para seguir coa misa na honra da Virxe das Neves, a tradicional procesión e unha animada sesión vermú coa música do grupo tradicional Os Suplentes e o Dúo Armonía, de Lugo, rematando coa verbena e a promesa de voltar o vindeiro ano.

cervicol_2010_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

15 de Setembro, 2010

A parroquia monferesa do Alto de Xestoso celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Santa María, con misas, procesións, sesións vermú e verbenas. Os festexos iniciáronse o venres coa misa e procesión, sesión vermú coa orquestra Emperadores e á noite a verbena coa mesma orquestra e o grupo Alarma.

Ó día seguinte, sábado 11, un repique de bombas de palenque anunciaban o derradeiro día das festas, continuado coa misa, cantada pola Coral de Maiores de Xestoso e Momán, seguida da tradicional procesión de Santa María, a patroa da parroquia, e a música estivo a cargo das orquestras Madeira e Maracaibo.

alto_xestoso_2010_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

14 de Setembro, 2010

O lugar de Saa, o máis habitado da parroquia da Vilavella, celebrou esta fin de semana a súas festas patronais, que comezaron o venres cunha churrascada e verbena co dúo Bambú. O sábado a música puxérona os grupos Enclave e Aguazul e o domingo o trío Lembranza, de Asturias. Os actos relixiosos programados non chegaron a celebrarse.
A mediados dos anos sesenta e principios dos setenta estas festas eran unha das máis importantes da comarca, incluso a xente dos arredores ía de merenda e había competicións deportivas, principalmente encontros de fútbol, nos que sempre participaba o equipo do barrio coñecido popularmente polos “Tritóns de Saa”.

A capela da Nosa Señora do Pino de Saa, que se atopa en certo estado de abandono, é de construción modesta e no seu interior están as imaxes da Virxe do Pino e Santo Antonio. A imaxe da patroa foi doada en 1964 por Antonio Bouza, veciño de Carracedo, quen tróuxoa das illas Canarias.

saa_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

10 de Setembro, 2010

Un ano máis os veciños das aldeas e lugares que antigamente formaban o que era chamado Barrio do Meidelo e do Vilar celebraron unha nova xuntanza na Esfarrapa para honrar ó seu patrón, San Cristovo, e celebrar un xantar de confraternidade o domingo, 5 de setembro.

Os festexos comezaron o sábado con lanzamento de bombas de palenque, misa, procesión co acompañamento da banda de gaitas Alfaia, sesión vermú e á noite verbena cos grupos Kaiser e Aguazul.

O domingo iniciouse ó mediodía coa concentración de coches no campo de rugby para efectuar un percorrido pola vila e logo seguir ata o lugar da festa, onde foron bendicidos. Encabezaba a fileira de coches unha camioneta engalanada con flores e a bandeira do “Barrio” e na que ía a imaxe de San Cristovo acompañada polo grupo tradicional Os Suplentes.

Logo da misa e procesión, procedeuse á inauguración dunha placa na que os veciños queren deixar constancia do seu agradecemento ás persoas que cederon os terreos e a quen fixo posible a construción da nova capela de San Cristovo do Vilar. En dita placa, situada nun lateral da capela, reza o seguinte texto:

O NOSO BARRIO Agradece ós veciños que cederon os terreos e tamén ós que, cun enorme esforzo e sacrificio trasladaron a Capela a este lugar no ano 1989. A Esfarrapa, 5 de Setembro de 2010”.

san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

7 de Setembro, 2010

A aldea de Solloso, na parroquia do Freixo, viviu un ano máis a súa tradicional romaría da Nosa Señora da Pena de Francia, unha das máis antigas da comarca que ten lugar nun santuario que data de 1665.

Máis de medio milleiro de romeiros achegáronse ata a fermosa carballeira situada ó pé do rego de Solloso, onde se atopa esta antiga capela, para honrar e festexar á súa patroa, a Virxe da Pena de Francia. Os dous días houbo foguetes, actos litúrxicos e música a cargo da charanga de Mondoñedo, Manca na Cheda, os Feroces da Galgueira e as orquestras Pasatempo e Alma Latina.

pena_de_francia_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 12:52 PM

1 de Setembro, 2010

Este sábado 28 de agosto, os apelidados Toxeiro de As Pontes e outras comarcas confraternizaron nunha xuntanza celebrada nunha carpa instalada no patio do colexio Santa María da vila pontesa.

Ata alí achegáronse persoas de tódalas idades, unhas 130, cuxo primeiro ou segundo apelido ten por nome familiar Toxeiro. Xente do concello das Pontes, principalmente de Saa, Somede, O Freixo, Ribadeume e da propia vila, e outras procedentes de Roupar, Ferrol, Mera e incluso de Malpica de Bergantiños reuníronse nunha xornada de confraternidade, que comezou cunha misa, seguida dun xantar para rematar con baile ata a media noite, amenizado polo Trío Aguamarina, de Viveiro.

Entre os asistentes a esta primeira xornada de confraternidad, estiveron José Tojeiro Pita, de 88 anos e nado en Saa, e a súa dona Josefa García Bouza, nada en Xestoso hai 87 anos, actualmente residentes en San Félix de Monfero. Os dous eran os de máis idade e con 62 anos de matrimonio, mentres que Lara Pico Tojeiro, de tan só nove meses era a máis nova dos que acudiron a esta cita.

Todos coincidiron no desexo de volver a repetir a xuntanza en máis ocasións.

toxeiro_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:09 AM

31 de Agosto, 2010

O pasado sábado, 28 de agosto, celebrouse na Vilavella a cuarta xuntanza de veciños desta antiga parroquia pontesa. Preto de 250 persoas procedentes das desaparecidas aldeas hoxe afincadas na propia vila pontesa e nos concellos da comarca, así como veciños dos lugares que aínda existen nesta parroquia reuníronse nunha animada xornada de confraternidade.

O reencontro de veciños, de amigos da infancia, de coñecidos, todos cuns anos máis ás costas, escenas de apertas e bicos fóronse sucedendo segundo ían chegando ó lugar, que non podía ser outro que o que escribiu a historia desta parroquia, onde sempre se celebrou a festa, a Vilavella, á carón da súa emblemática igrexa, á beira do río Eume. A xornada, que estivo acompañada dunha boa climatoloxía, comezou cunha misa e posterior procesión, seguida de música co Trío Chylaba e o xantar a base de polbo e churrasco. Como en anos anteriores, tamén houbo unha exposición de fotos antigas con escenas familiares, eventos sociais, festividades, vodas, primeiras comuñóns.

A parroquia da Vilavella foi unha das que máis sufriu a desaparición do seu territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, Cartilida, Casal da Boa, Casa Longa, Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e A Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas sen uso algún.

vilabella_2010_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:47 AM

30 de Agosto, 2010

Esta fin de semana o Paraño celebrou o seu patrón, San Ramón. Os festexos deste pequeno lugar comezaron o venres cunha verbena co Dúo Bambú para seguir o sábado con misa, sesión vermú con Lembranza, que tamén amenizou a verbena xunto co Grupo Enclave.

Co repique de foguetes a primeira hora da mañá, comezaba a derradeira xornada festiva, o domingo 29, logo misa e procesión coas imaxes de San Roque e a Virxe da Ermida, rematando con fogos de artificio e a sesión vermú co grupo Enclave.

Situado ó leste e a tres quilómetros da vila das Pontes, o barrio do Paraño está entre os regos do Painceiro e do Cocido que desembocan no río Chamoselo. Na súa zona de influencia atópanse os lugares da Forxa, O Carballal, O Catarou, A Vacariza, O Campo da Cova e A Da. Estas aldeas suman en total 54 habitantes.
A romaría de San Ramón do Paraño ven de moi antigo, algúns datan a súa antigüidade en catro séculos e antano tiña un gran arraigo na comarca das Pontes e arredores, a onde acudían devotos para cumprir coas súas promesas, en especial as nais que recentemente pariran.

parano_2010_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 1:29 PM

17 de Agosto, 2010

Como en moitas vilas e parroquias galegas, un ano máis, Ribadeume, parroquia preto da vila, celebrou as súas tradicionais festas patronais da Asunción e San Roque.

Os festexos iniciáronse o venres cunha verbena a cargo dos dúos Enclave e Bambú. O sábado 14 iniciouse cunha misa na honra á Asunción, seguida da tradicional procesión pola praza da igrexa. Na sesión vermú actuou a orquestra Chaston, que xunto a Chylava amenizaron a verbena.

O derradeiro día das festas, comezou coa misa cantada polo dúo composto polo padre Roberto Losada, ó órgano, acompañado por Manel. No intermedio da misa o grupo de música tradicional Canavella interpretou o himno do “Antergo Reino de Galicia”. Canavella e Chylava amenizaron a sesión vermú. Remataron as festas coa verbena amenizada por Chylava.

Tamén houbo competicións deportivas de fútbol-7 cun encontro feminino con xogadoras do Club Deportivo As Pontes e de Ribadeume. Por penaltis gañou o equipo Azul, que aliñou a Leti, Jani, Silvia, Alba, Carla e Ana López, mentres que no Verde xogaron Ana Formoso, Yaiza, Lara, Clara, Marta e Mari. En homes o gañador foi o conxunto de Ribadeume que derrotou ó da Capela por 3-1.

Ribadeume_2010_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

16 de Agosto, 2010

As Grañas do Sor, parroquia de Mañón que linda coa pontesa do Freixo, celebrou esta fin de semana a festa do seu patrón, San Mamede, evento que estivo organizado pola Comunidade Grañesa.

Dende hai uns anos esta asociación das Grañas do Sor celebra cada ano unha das súas festas. O pasado ano correspondeulle a San Antón no mes de xuño, este ano estivo adicado a San Mamede, o patrón da parroquia, e o vindeiro ano os grañeses celebrarán a festividade da Nosa Señora do Rosario, popularmente chamada a Festa de Outono.

Os festexos deste ano, adicados ó patrón San Mamede, comezaron o sábado con bombas de palenque anunciando as festas. Ó mediodía houbo misa, procesión e sesión vermú a cargo do Trío Lembranza e á noite verbena coa orquestra Costa Oeste e o mencionado Trío Lembranza. Na xornada do domingo a misa estivo acompañada co Coro das Grañas, seguida de procesión e sesión vermú e verbena coa agrupación musical American Stop.

Granas-do-Sor-2010-01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

13 de Agosto, 2010

Xermade celebrou a pasada fin de semana as súas festas patronais na honra da Nosa Señora da Asunción.
Os festexos xa comezaron o venres 6 cunha verbena amenizada pola orquestra Sintonía de Sancovade e a Discoteca Movil . O sábado 7, trala misa e procesión, na sesión vermú puxo a música a orquestra Alarma, quen, acompañada con La Bámbola, amenizaron a verbena nocturna.

O derradeiro día, domingo 8, houbo a solemne misa e a procesión coas mesmas imaxes do día anterior, a de San Roque, o Sagrado Corazón e a da Asunción. De seguido houbo sesión d fogos de artificio e a sesión vermú coa orquestra Xente Nova, que repetiu actuación na derradeira verbena.

Tamén houbo actos culturais como unha exposición pictórica da rouparesa Conchita Pardo López e un partido de fútbol correspondente á primeira eliminatoria da Copa Concello de Xermade, entre o CD Xermade e a SDC Roupar, que rematou con vitoria mínima do Xermade por 2-1, aínda que o cadro de Roupar, por dominio e ocasións de gol, mereceu un mellor resultado.

xermade_2010_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

8 de Agosto, 2010

A Capela celebrou as súas tradicionais festas na honra á Nosa Señora das Neves, unha romaría que se celebra dende moi antigo nos arredores da ermida do mesmo nome. Antigamente os capeláns e forasteiros ían de romaría á capela para merendar e pasar unha xornada festiva cos amigos e familiares. Hoxe en día este costume foise perdendo co paso dos anos.

Os festexos comezaron o mércores, 4 de agosto, cunha verbena a cargo da orquestra Montes. O xoves 5 foi o día adicado á patroa cunha solemne misa a unha do mediodía cantada pola coral Airiños da Capela, seguida dunha procesión na que saíron as imaxes da Virxe das Neves (talla do século XV) e outra de San Rosendo (século XVIII). A sesión vermú estivo a cargo da orquestra Emperadores, que repetiu concerto na verbena xunto a orquestra Olimpus. As festas remataron o venres 6 coa verbena a cargo das agrupacións musicais Fin de Siglo e Costa Oeste.

O derradeiro domingo de agosto rematarán os festexos deste concello coa celebración da Festa do Requeixo, importante evento gastronómico creado en 1989 e que concentra a miles de persoas. O día anterior terá lugar o festival rock Rockeixo.

Ademais da romaría da Nosa Señora das Neves, cada parroquia celebra o seu patrón, así Santiago da Capela festexa o Santiago o 25 de xullo, a Virxe de Agosto celébrase no Cabalar o 15 de agosto e a primeira fin de semana de setembro ten lugar o San Boulo en Caaveiro.

as_neves_capela_2010_001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 3:26 PM

6 de Agosto, 2010

O vindeiro sábado, 7 de Agosto, realizarase a presentación do “Album/Memoria”, publicación que recolle a historia de máis de medio cento de familias das aldeas dos barrios do Meidelo e do Vilar, pertencentes á parroquia da Vilabella, hoxe desaparecidos debido á explotación do carbón e que foron desaloxados dos seus lugares de orixe a partires do ano 1978.

Esta memoria recolle tamén a forma de vivir de tódalas familias, ademais dos acontecementos que sucedían neses barrios. Faise mención ó patrimonio, tanto humano como cultural, daquela época con inclusión de fotografías que ilustran o relato da historia mais recente do Barrio.

A presentación do acto correrá a cargo do equipo de traballo que, dende o outono de 2009, foi recompilando a información que alí se vai expoñer. O acto será no edificio cultural Casa Dopeso a partir das oito e media do serán (20,30).

Por outra banda, os antigos veciños destas aldeas e lugares celebrarán unha nova xornada de confraternidade o vindeiro 5 de setembro na Esfarrapa, lugar onde se construíu a nova capela de San Cristovo do Vilar.

San-Cristovo-do-Vilar-2009-a.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:39 AM

3 de Agosto, 2010

A parroquia xermadesa de Piñeiro celebrou por todo o alto, esta fin de semana, as súas festas patronais na honra da Virxe do Rosario e San Martiño.

Os actos festivos comezaron o venres cunha verbena a cargo de Superfama e a Discoteca Movil Play. A xornada máis importante foi a do sábado, coa bendición da nova igrexa parroquial por parte do bispo de Mondoñedo. A sesión vermú foi da orquestra Compostela, que voltou á verbena xunto a orquestra Ilusión. Na xornada do domingo repetiuse a misa e procesión e a música da sesión vermú púxoa a prestixiosa orquestra Los Satélites, na que estivera o lembrado Pucho Boedo na década dos anos cincuenta do século pasado. Nesta derradeira verbena houbo sorteo de mil euros.

Tamén se aproveitaron os festexos para realizar a inauguración da remodelada igrexa parroquial, acto no que estivo presente o bispo de Mondoñedo, Manuel Sánchez Monge, o alcalde de Xermade, Tomás Rodríguez, e numerosos veciños de Piñeiro e doutros lugares da comarca, que non se quixeron perder este importante acontecemento, polo que a igrexa quedouse pequena para acollelos e moitos tiveron que asistir á misa dende fóra. Oficiou o acto litúrxico o propio bispo, acompañado dos fregueses e o coro parroquial de Roupar.

Antes de dar comezo o acto litúrxico, o cura das Pontes resaltou o esforzo realizado para a restauración da igrexa e agradeceu a todos cantos aportaron a súa axuda, como a asociación veciñal de Piñeiro, os comuneiros de montes, bispado de Mondoñedo, concello de Xermade e Deputación de Lugo. Antes da procesión, o bispo da diocese bendiciu a renovada igrexa.

Os veciños e visitantes tamén puideron visitar a exposición de fotos antigas no local social da asociación veciñal, con máis de medio cento de fotografías nas que se reflicten escenas familiares dos veciños de Piñeiro de tempos pasados.

pineiro_2010_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:01 AM

28 de Xullo, 2010

O veciño concello das Somozas celebrou as súas tradicionais festas patronais na honra a Santiago, uns festexos que nos últimos anos son un dos máis importantes da comarca. Os veciños e forasteiros gozaron da música que ofreceron seis das orquestras máis importantes do panorama musical galego.

As celebracións comezaron o venres cunha verbena a cargo das orquestras Olympus, Paris de Noia e Armonía Show. A primeira puxo en escena o espectáculo “Al final del camino”. Pola súa banda, a París de Noia ofreceu música para tódolos gustos e Armonía Show, un xa veterano grupo, tamén deleitou ó numeroso público.

Na xornada do sábado correspondeu a quenda ás orquestras Jerusalén, coa posta en escena do espectáculo “Caminando”, e Philadelphia, que interpretou os temas do momento. A orquestra Montes, que sufriu importantes cambios para este ano, puxo fin ás festas somocenses na derradeira verbena do domingo.

Tamén houbo actos litúrxicos con misa e procesión o sábado e o domingo.

festa_as_somozas_2010_0001.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:55 AM

25 de Xullo, 2010

No ano 1904 por iniciativa do entón xuíz de Paz, Manuel Fernández Vidal, a celebración das festas prolongouse un día máis para celebrar o patrón pequeno o festivo seguinte, que nese ano foi o 25 de xullo.

O lugar elixido foi unha finca dunhas oitenta áreas de superficie, situada nunha volta do río Eume preto da Areosa, poboada de carballos e outras árbores pequenas. A finca, coñecida como a Illa da Ramalleira, era propiedade de Sergio Rivera Chao e estaba totalmente rodeada polo río Eume, polo que os romeiros tiñan que achegarse a ela a través dunha pequena ponte..

A partir desa data e ata 1948 os ponteses e visitantes ían de romaría a esta paraxe na popularmente chamada Festa da Isla, nome que aínda os veciños seguían empregando cando xa se celebraba na actual fraga.

A-Fraga-2007-1.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

22 de Xullo, 2010

A CAPELA DO CARME

O santuario do Carme é a continuación da primitiva ermida de Santa María Magdalena, situada no paraxe chamado barrio da Magdalena.

A actual capela, ampliada en 1880, foi construída no ano 1738 logo de constituírse a Confraría do Carme, pasando a ser patroa de As Pontes a Virxe do Carme e co-patroa Santa María Magdalena.

De todo elo dan conta os libros da confraría que expoñen as vicisitudes da fundación, a relación de confrades e a administración do santuario.

A confraría fundouse en 1736 e os estatutos foron aprobados en 1741, cunhas regras polas que se rexeu ata hoxe e que foron aprobadas polo entón bispo de Mondoñedo, Fray Antonio Sarmiento de Sotomayor.

Enfronte da capela hai un cruceiro de granito instalado en 1828. Ten un capitel corintio ornamentado cunha cabeza de anxo. A cruz ten no reverso (mirando á capela) unha imaxe de Cristo crucificado e no anverso unha da virxe co neno no brazo. Nunha das catro caras da base presenta as imaxes, en baixo relevo, da Dolorosa e da Magdalena, e noutra a inscrición “Devoción de Don Francisco Bouza, natural de Las Grañas. Año de 1828”.

procesion_domingo_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 9:05 AM

21 de Xullo, 2010

BREVE HISTORIA DAS FESTAS DO CARME

Dende tempos ancestrais As Pontes tivo unha devoción mariana. Primeiramente os veciños honraban como patroa á Virxe da Asunción do 15 de agosto. Pero, trala fundación da Confraría do Carmelo no ano 1736 por Blas Santomé Aguiar, irmán do entón párroco de As Pontes, e aprobados os seus estatutos en 1741, a festividade do Carme comezou a tomar notoriedade entre os ponteses, anulando incluso á que se viña celebrando en agosto e así no ano 1860 a Virxe do Carme pasou a ser patroa de As Pontes.

Da festa profana do Carme, a popular, tense constancia de que se celebran dende o ano 1800 ó consignar nos libros da confraría a retribución dos músicos que actuaban en cada ano (10 reais en 1800 e seguintes, 20 reais en 1859, 50 en 1870, ós que había que engadir outros 25 para fogos e outros gastos).

A partir do ano 1880 a festividade do Carme pasou a ser organizada polos veciños do pobo, con actos relixiosos e lúdicos nos que había actuacións de cuartetos de gaitas e bandas de música.

As pequenas festas que se celebraban antes en As Pontes e no seu entorno consistían nunha misa e procesión, unhas pezas de música despois dunha poxa de produtos da terra, merenda no entorno da igrexa ou capela, continuando cun baile que remataba antes do anoitecer.

procesion_festas_do_carme_01.jpg

Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:57 AM

13 de Xullo, 2010

CABREIROS HONROU A SANTA MARIÑA

Publicado por CyberMODE ás 8:58 AM

6 de Xullo, 2010

ROUPAR HOMENAXEOU ÁS SÚAS MESTRAS

Publicado por CyberMODE ás 8:55 AM

5 de Xullo, 2010

A PARROQUIA DE MIRAZ CELEBROU O SEU PATRÓN, SAN PEDRO

Publicado por CyberMODE ás 4:42 PM

22 de Xuño, 2010

O APARRAL CELEBROU O SAN XOÁN

Publicado por CyberMODE ás 1:11 PM

28 de Maio, 2010

ROUPAR DE ABAIXO HONROU A SANTO ESTEVO

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

26 de Xaneiro, 2010

PONTOIBO CELEBROU O SAN VICENTE

Publicado por CyberMODE ás 9:16 AM

17 de Novembro, 2009

11 de Novembro, 2009

20 de Outubro, 2009

GOENTE CELEBROU ESTA FIN DE SEMANA O ROSARIO

Publicado por CyberMODE ás 9:22 AM

13 de Outubro, 2009

7 de Outubro, 2009

A FAEIRA CELEBROU O ROSARIO

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM

23 de Setembro, 2009

CERVICOL E A SÚA VIRXE DAS NEVES

Publicado por CyberMODE ás 8:42 AM

22 de Setembro, 2009

MARRAXÓN CELEBROU A FESTIVIDADE DOS REMEDIOS

Publicado por CyberMODE ás 9:09 AM

14 de Setembro, 2009

SAA HONROU Á SÚA PATROA, A VIRXE DO PINO

Publicado por CyberMODE ás 2:03 PM

8 de Setembro, 2009

SAN CRISTOVO DO VILAR

Publicado por CyberMODE ás 10:53 AM

ROMARÍA DA PENA DE FRANCIA

Publicado por CyberMODE ás 9:08 AM

31 de Agosto, 2009

O Paraño festexou a San Ramón

Publicado por CyberMODE ás 12:22 PM

25 de Agosto, 2009

18 de Agosto, 2009

RIBADEUME CELEBROU AS SÚAS TRADICIONAIS FESTAS DE AGOSTO

Publicado por CyberMODE ás 9:00 AM


Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (19)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      






contigo xa tivemos
visitas

podes ve-las nosas estatísticas