foros - amigus
Benvidos ós novos foros de amigus, esta vez imos a pedirvos que vos rexistredes antes de poder participar activamente neles. Sen embargo, siguen abertos a que calquera os poida ler.
Se tedes problemas para usalos, aquí vos vai unha pequena explicación de como funcionan.

Páxina principal
Aquí tedes un listado de tódolos foros que temos con algunha información de cómo están: temas abertos, mensaxes escritos, unha ligazón á última mensaxe escrita... e tamén información de quén é o moderador do foro.
Este moderador encargarase de elimina-los temas e as mensaxes que non cumplan as normas que rixen os foros.
Para entrar nalgún foro non tes máis que pinchar na imaxe que está ó lado do nome do foro, ou ben no propio nome do foro.

Páxina de temas
Nesta páxina podedes ve-los temas do foro que seleccionastes na páxina principal. Na parte central da páxina están os temas, en cada liña un. Coma nos foros, para seleccionar un, tedes que pinchar na imaxe ou ben no propio título do tema. Debaixo del tedes o momento no que se creou e á esquerda o número de respostas, información do autor do tema, o número de lecturas que tivo e por último unha ligazón á última mensaxe escrita, así como a súa data.

Na parte superior e inferior da páxina tede-lo navegador dos foros. Á esquerda o lugar no que vos atopades, pudendo ir á páxina principal neste caso.
No medio tedes unha ligazón á páxina na que poderedes engadir un tema novo.
E á dereita, o navegador de páxinas. Tedes en primeiro lugar información da páxina na que estades e cantas hai. E en segundo lugar catro ligazóns que vos levaran |< á primeira páxina, < á páxina anterior, > á páxina seguinte, ou >| á derradeira páxina.
Os temas están ordeados empezando polo último no que se escribiu unha mensaxe, para así poder facilmente segui-las últimas mensaxes escritas nese foro.

Páxina de mensaxes
Unha vez chegues aquí poderás ver tódalas mensaxes do tema elixido. Neste caso, ó contrario da páxina de temas, as mensaxes van ordeadas empezando pola primeira que se escribiu.
En cada mensaxe poderás ver dús partes:
   - A da esquerda, é información do autor da mensaxe, unha imaxe, unha ligazón para ver máis información del, a data de alta na páxina, o número de temas e o número de mensaxes escritos.
   - A da dereita é o corpo da mensaxe, pero cunha liña de información arriba explicando a data e o título da mensaxe (tede en conta que o título da mensaxe non ten porqué se-lo mesmo que o do tema).
Na parte superior e inferior da páxina tedes outra vez o navegador que xa foi explicado na páxina de temas.

Engadir temas
Para engadir temas, o primeiro que tedes que facer é ir á páxina do foro onde queredes escribilo (explicado na sección da páxina principal). Unha vez alí deberedes pinchar no navegador na ligazón que di engadir tema. E xa estamos na páxina para engadir temas.
Aquí teredes que cubrir tres cousas:
   - O título do tema, que será o texto que aparecerá na páxina de temas e na páxina de mensaxes arriba de todo.
   - O texto do tema, este será o texto da primeira mensaxe que aparecerá no tema.
   - A icona que vai a aparecer coma imaxe identificativa do tema. Tamén podes elixir unha que teñas ti e subila ó noso servidor. Pero ten en conta varias cousas: A imaxe non pode supera-los 400Kb e unha vez subida, será reducida para ter un ancho ou un alto máximo de 64 puntos (pixels).
E nada máis, tan só vos queda preme-lo botón engadir ou ben o bot&ocaute;n borrar para baleira-lo contido de todo o que fixeras.

Engadir mensaxes
Se queredes engadir unha mensaxe, primeiro tedes que colocarvos na páxina do tema ó que queredes engadi-la dita mensaxe. Unha vez alí veredes unha ligazón no navegador que di respostar. Alí teredes que cubrir tan só dous campos, a do título da mensaxe, que por defecto é o mesmo que o título do tema, e o propio corpo da mensaxe.
E listo, preme-lo botón engadir e xa está.
Pechar