de cómo usar estos foros e normas de uso non es un amigu, para entrar pincha aquí

foros => as pontes => Bares, qué lugares.respostar páxina 1 de 1  |< < > >|

Bares, qué lugares.

autormensaxes
gris


alta: 2012-01-14 19:59:15
temas: 1
mensaxes: 1
mensaxes enviada o 2012-01-14 20:58:49   título: Bares, qué lugares.

Quero dicir que a opinión que a continuación vou a expoñer non pretende de ningún xeito ser un ataque persoal a xente que considero veciños e veciñas coma os que máis (os empresarios en cuestión); nin teño nada contra deles; e si o tivese, tampouco sería o lugar onde reprochar calquer cousa.

Escribo aquí para expresar o meu desagrado coa mostra de amiguismo-caciquil que se nos presentou onte na praza do Carme ante os fuciños de todos os veciños (e tamén contribuíntes) ponteses, por parte do noso propio governo municipal.

Poño en situación para os que non saiban de que vai o asunto: tres coñecidos bares do pobo organizan un sorteo de varios lotes de produtos, unha viaxe, cartos... Durante uns días por cada consumición feita en calquera deses tres bares dan unha rifa para ese sorteo. Antonte o concello tivo a varios peóns traballando durante TODO O DÍA para instalar a carpa na praza do Carme. Onte á noite, coa carpa xa montada, realízase o sorteo. Iso si: tamén foi montada unha barra dentro da mesma para que os propios empresarios puideran facer caixa.

Se un trata de ser o máis obxectivo posible, deixando á beira calquer atisbo de partidismo político, unha norma que debería rexer calquer governo sería o de equidade no trato a todas as persoas. Coma dixen anteriormente, o acontecido onte foi un bochornoso acto de amiguismo-caciquil. Cós impostos que eu pago, non quero que ningún governo, sexa do PSOE, BNG, PP ou calquer outro partido político, se dedique a poñerlle carpas ós amigos de turno para que realicen actividades con afán autolucrativo, tendo empregados a varios operarios públicos durante un xornal enteiro (e pagados polos petos do resto de ponteses) para que todo saia á perfección.

Se a min se me ocorre facer unha festa hawaiana cobrando entrada e consumicións na praza do Carme en pleno mes de febreiro, dubido moito que o alcalde me puxera unha carpa e o equipo de operarios á miña disposición. Xa buscarían unha boa excusa adornada con mentiras... Entón, membros da corporación municipal, tampouco o fagan con veciños sinalados.

Por outra banda. se esta é a maneira de fomentar o emprego no pobo, é dicir, favorecendo os intereses económicos de 3 amiguetes que creo que non lles vai nada mal nos seus respectivos negocios, creo que non imos polo camiño indicado. Ou se vamos, moitas carpas vai haber que montar para chegar ós 1.500 postos de traballo prometidos xa na anterior lexislatura.

Polo menos a 3 persoas foilles ben económicamente. E ós premiados nas rifas, claro. Noraboa a todos eles.

...sen acritude.
ir ó principio da páxina

foros => as pontes => Bares, qué lugares.respostar páxina 1 de 1  |< < > >|