SINATURAS PARA A DEFENSA DO CÍRCULO LÍTICO DA MOURELA
MANIFESTO

A Plataforma cidadán en defensa do círculo lítico da Mourela, recentemente creada por iniciativa dos veciñs das Pontes e independente de calquer partido político, quere manifestar por medio desta nota de prensa as súas reivindicacións polas inmediatas obras do tramo da autovía As Pontes-Cabreiros, que suporán a desaparición definitiva do devandito haxazgo arqueolóxico.

Cabe apuntar que o problema nace co anterior goberno da Xunta, en tanto que o estudo de impacto ambiental do tramo non se recollía a existencia do haxazgo.

Non obstante, ao longo da pasada semán, parece que as presións da actual Consellería de Política territorial e das empresas adxudicatarias ("Puentes y carreteras" y "Viviendas y Ferramentos") fixeron efecto no que en teoría é a entidade administrativa con maior capacidade para a preservación do patrimonio histórico de Galicia, como é a Direción xeral de patrimonio, dependente da Consellería de Cultura.

Así, a partir deste martes día 9 de maio, unha vez finalizado os dez días de permiso de excavación que dita entidade concedeu ao Laboratorio de investigacións arqueolóxicas do Concello de As Pontes; os 5.000 anos de historia do círculo lítico serán aniquilados polas maquinarias das empresas adxudicatarias da construción.

Se ben a autovía Ferrol-Vilalba é algo esencial para o futuro desenvolvemento do Concello das Pontes, e que o retraso da súa finalización suporía un incremento do orzamento inicial, non é motivo como para non aumentar a marxe de tempo para levar a cabo as investigacións pertinentes sobor dun elemento patrimonial de gran importancia non só a nivel local, senón tamén galego e europeo.

POLA DEFENSA DO PATRIMONIO HIST&Óacute;RICO DAS PONTES.

Plataforma Cidadá en Defensa do Círculo Lítico da Mourela


Recollida de sinaturas