Santa Icía 2008
Por noveno ano consecutivo, as asociacións e agrupacións musicais das Pontes, estamos a organizar unha semana de música para celebrar esta festividade.

Nesta edición participamos catorce asociacións e agrupacións con catro festivais, cinco concertos, dúas clases abertas e a habitual cea-baile de confraternización.

E como tamén está sendo habitual, homenaxeamos a un músico pontés, este ano a D. Dositeo Arias Pico
Actos organizados polas Asociacións participantes
Patrocinados polo Concello das Pontes, ENDESA e as Asociacións participantes
Colabora o Concello das Pontes, Espectáculos Soto, Autobuses Gabeiras e a Asociación Informática Amigus
738 visitas