I PREMIO
D. ENRIQUE RIVERA ROUCO

Investigación histórica, social e etnográfica das Pontes de García Rodríguez e comarca

Convoca:
Asociación de Estudos Históricos e Sociais HUME

 

BASES:

1ª. Establécense dous niveis ou categorías, unha para BACHARELATO e outra para UNIVERSIDADE.

2ª. Poderá concorrer aos premios todo o alumnado de bacharelato ou universidade de calquera nacionalidade.

3ª. Os traballos terán que estar escritos en lingua galega e ser inéditos.

4ª. Deberán ter unha extensión mínima de 25 folios e máxima de 50 folios para a primeira categoría (nivel BACHARELATO) e para a segunda (nivel UNIVERSIDADE) mínima de 50 folios e máxima de 100 folios, incluidos gráficos, ilustracións ou fotografías, mecanografados a duplo espazo, con tipo de fonte TIMES NEW ROMAN tamaño 12, por unha soa cara.

5ª. Entregaranse dúas copias dos traballos, unha en soporte escrito e outra en soporte dixital (Cd ou DVD).

6ª. Os traballos cinguiranse á área xeográfica das Pontes e comarca.

7ª. Os traballos premiados poderán ser publicados na Revista HUME nº2, reservándose a posibilidade de publicar outros traballos non premiados.

8ª. Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, adxuntarase, en sobre pechado, os seguintes datos: nome completo, enderezo, teléfono e título do traballo.

9ª. Os traballos entregaranse na Biblioteca Municipal das Pontes, emprazada na Avda. de Castelao, s/n, antes do 30 de xuño de 2008.

10ª. Os premios establecidos para cada categoría son:
Nivel BACHARELATO: 200 €
Nivel UNIVERSIDADE: 400 €

11ª. O fallo do Xurado coñecerase o 21 de xullo de 2008.

12ª. A participación nesta convocatoria presupón a aceptación das presentes bases, así como as decisións do Xurado, que serán inapelábeis.