¿Qué é iso do Wi-Fi?

86

Para os que o tema Wi-Fi vos soe algo lonxe, vouvos explicar un pouco de qué vai isto, a ver se así vos animades a participar neste proxecto da asociación.

wireless.jpg


Pois o Wi-Fi non é outra cousa que unha tecnoloxía para enlazar ordenadores en rede con dispositivos inalámbricos (coma os teléfonos, jejeje).
Da mesma maneira que podedes enlazar ordenadores na casa ou no ciber coas tarxetas de rede, co Wi-Fi podedes enlazalos pero sen fios.
¿Qué se pode facer con isto? pois exactamente o mesmo que se se tratase de cables… xogar en rede, acceder a internet, montar servicios locais coma ftp, http, dns, mail……. o que se vos ocurra…
O alcance que ten unha tarxeta Wi-Fi anda polos 50 metros en interiores e 400 metros no exterior (especificacións do fabricante…). Pero se á tarxeta lle pos unha antena, pode ser moooito maior.
Para enlazar dous ordenadores pódese facer de duas maneiras, ou ben en modo ad-hoc (enlaza co que poida), ou en modo estructurado (enlaza con un punto de acceso).
Se se trata dunha rede pequena onde tódolos ordenadores se ‘ven’, pódese facer en modo ad-hoc. Sen embargo, se se trata dunha rede grande con ordenadores que non se ven todos entre sí, haina que facer en modo estructurado.
O que pretendemos en amigus é facer unha rede estructurada que abarque todo o casco urbano da vila (máis adiante, se se pode poderíamos pensar no resto do concello). Para isto estamos a estudiar os lugares onde colocar os puntos de acceso, o tipo de antenas que debemos usar e a necesidade de que en cada punto teñamos que ter un ordenador que xestione o tráfico da rede.
Unha vez isto esté montado, cada persoa que queira engancharse á rede, só ten que ter instalada no seu ordenador a tarxetiña Wi-Fi e, se non ten un punto de acceso moi cerca da casa, posibemente unha antena (hainas realmente moi pequenas, incluso se fan con botes de patacas pringles…).
E a groso modo o que pretendemos é isto. Se estás interesado, gustaríanos saber as túas opinións e ter a túa axuda. Aínda que penses que de pouco podes axudar, seguro que con pouco será moito para nosoutros. E se podes axudar moito, mellor que mellor.
Así que te animamos a que participes no foro que temos aberto a este respecto e que nos axudes a facer deste proxecto unha realidade.
jmpello

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios