Historia de As Pontes (I)

154

Reseña histórica facilitada por D. Enrique Rivera Rouco, que foi Cronista desta Vila, do seu libro sobre da historia de As Pontes. (Na súa Memoria).

aspontes.jpg


A extensión do traballo de D. Enrique, que el chamou “Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca” é demasiado longa como para poñer enteira nesta páxina. Agarimosamente pedímoslle desculpas, querido visitante desta páxina, e se vostede quere unha información mais abondosa, non dubide en poñerse en contacto connosco ou ben bótelle unha ollada o devandito libro.
A prehistoria.
O val de As Pontes formouse por sedimentación de capas cuxo principal compoñente é o vexetal (sixilarias, fieitos, etc.), ocorridos na era Terciaria, como así o demostra a clase de carbón existente. A comarca foi lugar preferido dos nosos antergos prehistóricos; verificado po-los numerosos monumentos funerarios que nos deixaron. Mámoas por eles erixidas, a xeito de túmulos funerarios ou penedos tumularios, no que depositaban os restos humans e obxectos da pertenza de tales mortos. O Profesor de Belas Artes D. Federico Maciñeira, no 1930, explorou moitas das Mámoas de As Pontes e Comarca, publicando os resultados na revista “La Ilustración Artística”, de Barcelona. Atopou exemplares do Neolítico final e comezos da era dos metais, o que se deduce po-los obxectos atopados: unha machada de pedra pulimentada, unha lanza, unha diadema de ouro: nas Mámoas de A Mourela. Un vaso campaniforme, machada de pedra, torques, puntas de frecha e outros obxectos nas Mámoas de Vilabella. Un dos Crómlechs principais de Galicia (así o especifica Espasa Calpe) estaba emprazado en As Pontes, na Mourela; pero as súas venerables pedras forman agora parte do chan da estrada As Pontes-Fonte das Boliqueiras, ao construíla (no último decenio do século pasado), a iñorancia levou a cometer este abominable desastre: por comodidade botaron man dos menhires que integraban o monumento megalítico.

Vaso.jpg

Os celtas e os románs.
Os Celtas poboaron o Norte de Galicia no século VIII-V antes de Cristo, fundíndose cos indíxenas Lígures y Oestrynios, así o demostran as abundantes Mámoas e Castros existentes, así como a toponimia dos lugares, ríos e montes, todos de orixe Celta. Provintes de Circasia (chaira Moscovita), do Turquestán e das marxes do Indo; os Celtas eran, segundo o historiador Costa Clavell, inquedos de coñecer novos horizontes, o que explica a súa presencia en rexións de Europa tan afastadas unhas de outras: Galicia, Bretaña Francesa, Escocia, Irlanda, Cornualles, Gales e a Illa de Man. Era tamén notorio, como así no-lo contan escritores clásicos, que gracias a riqueza do chan galego, os Celtas comerciaban con Irlanda, Armórica (Bretaña Francesa) e cos fenicios; usando principalmente os portos de Barum (Vares) e o Artabrorun (na ría da Coruña). Vivían en poboados ou “alquerías” illadas (edificacións cónicas ao estilo dos que aínda se poden ver nos Ancares e Pedrafita), acolléndose, en caso de perigo as alturas fortificadas (Castros). Habendo vencido aos indíxenas e mesturándose con eles, sentaron o substrato da nosa raza galega. En vésperas do comezo da Idade Antiga é de mentar o acontecemento que afectou os nosos antergos (como a toda-las tribos da rexión): o ano 440 antes de Cristo, os Cartaxineses celebraron una alianza coas tribos galegas, da que saíu o compromiso de tomar parte na guerra de Viriato contra Emiliano. Morto Viriato, os galegos foron derrotados por Décimo Junio Bruto, que chamou a rexión: Galetia (País de “galos”). Unidos os galegos aos Cántabros, tentaron expulsar o exército román, pero, derrotados no monte Medulio, pasan a ser súbditos románs e fundíndose con eles, pero predominando os Celtas.
Ponte.jpg

Os feudos.
O primeiro feudo a que se someteu o noso pobo foi a D. García Rodríguez de Valcarcel, neto de Nuño de Andrade, quen recibiu o citado feudo no 1375, mercé do rei Enrique I en pago os servicios prestados na guerra contra D. Pedro I. Cara a 1420 D. García Rodríguez perdeu este feudo e as súas fortalezas por orde de Enrique III, quen llo permutou ó Sr. Andrade en troques duns barcos que precisaba e que non tiña García Rodríguez. Aínda que era D. Fernán Pérez de Andrade familiar de García, tamén era inimigo e rival, comezando unha poderosa dinastía co nome de Conde de Andrade e de Vilalba, dominando esta terra durante un século; no 1540, como consecuencia de emparentamento e falla de sucesión, a casa de Andrade pasou a de Lemos e foi que dende entón As Pontes dependeu do Señorío de Lemos ata finais do século XVIII. O motivo po-lo que o escudo de As Pontes ten coroa debese a que os mencionados condados eran tamén vicerreis no estranxeiro. Ao esborrallarse a casa de Lemos comeza o fin do dominio feudal decadencia que se sucedeu en tres etapas: o aforamento dos vínculos, en 1838; as transaccións dos mesmos, a finais de século, e a redención dos “foros”; el 13 de xullo do 1927, a propietaria do vínculo de Castro Dª Consuelo Penabad, veciña de Castro de Rei, fixo redención percibindo por el a cantidade de 2.755,55 pesetas por cada lugar, co que se extinguiu definitivamente a dominación feudal en As Pontes.
Plaza.jpg

O xacemento – A época da industrialización.
O xacemento de lignito está asentado nunha cubeta de orixe tectónico e hai constancia de que na Idade de Ferro recolleuse lignito, xunto dun antergo poboado situado en Portorroibo de Abaixo, segundo o demostran os restos atopados nunha foxa rechea con terra de labor: unha machada de ferro e restos de canecos de barro. De ser un pobo eminentemente agrícola e gandeiro, As Pontes sufriu a mudanza industrial cando o xeólogo alemán: Guillermo Schulz, descubriu aló po-lo 1835 o potencial que se agachaba debaixo dun delgado mantelo de terra: o lignito pardo. Aínda cando o primeiro documento ao respecto data do 1790, na “memoria” presentada a Sociedade de Amigos do País por D. José Cornide Saavedra. Cando se comeza a arrancar, no 1917 o seu consumo dirixiuse unicamente ao Arsenal do Ferrol e abandoandoa po-la carencia dun medio de transporte axeitado, xa que o sistema deas cabalerías quedaba obsoleto, e mais sobretodo ó feito de que o combustible era pobre en calorías. Chegou o progreso de mans de Suances co asentamento da “Empresa Nacional Calvo Sotelo” no 1942, construíndose unha central térmica de 2 grupos de 16 Mw., inaugurada no 1949, e que substituiría a anterga hidroeléctrica de 30 Kw., no 1949 chegaría a instalación da fábrica de abonos nitroxenados, producindo o denominado Nitramón, cuns compoñentes básicos chegaron a procesarse aquí case integramente e cunha producción que chegou as 100.000 Tm/ano. No 1953 tíñase chegado a unha extracción de 530.000 toneladas, alcanzando algunha vez que outra a unha producción mensual de 37.000 e o seu transporte facíase en vagóns metálicos de 10 Tn., de capacidade, basculantes por entrámbolos dous lados e tirados por locomotoras diesel, da marca Krupp, cun peso de 155 Tn. E 155 C.V. sobor dunha liña de ferrocarril de 1 metro e unha lonxitude de 5,3 km. Debido o pouco caudal del río Eume (3 m3 segundo) e para refrixerar as máquinas, construíuse a Presa da Ribeira, que almacena 33 millóns de metros cúbicos e que se espalla o longo de 5,5 Km., cunha altura de coroación de 50 metros, tamén se aproveita o potencial da súa auga para mover unha turbina de 6 Kw., foi inaugurado o 25 de agosto do 1963. O maior pulo chega no 1973 coa chegada de Endesa a localidade. Instala unha nova central térmica con 4 grupos de 350 Mw/h. Debido a necesidade de abastecemento desta central chega o desmantelamento da fabrica de abonos e da central de 32 Mw.
Vista.jpg

Lendas
A Cidade de Valverde:
Contaban os antergos das nosas aldeas, e tamén se falaba noutros pobos de Galicia que, en tempos houbo no Val de As Pontes unha cidade que lle chamaban Valverde; asentada nas beiras do lago Carecido, que abarcaba a maior parte deste val. Parece ser que aqueles ciudadans botáronse ao vicio e a perversión, sendo castigados por iso, afundíndose a cidade de súpeto, e afogándose todo-los veciños a excepción dunha doncela que, nadando rogou po-la súa vida a Santa Eulalia. Como esta vira que a doncela era a única persoa honrada na cidade foi escoitada e salvouse. Como agradecemento a rapaza levantou una hermida para que as xeracions futuras
lle fixeran loubanzas.
O Eume:
Contaron de sempre os anciáns que cando se fixeron as cousas e chegado o tempo ós ríos, naceron tres deles na serra do Xistral. Aínda que nados o mesmo sitio foron mandados por distintas ladeiras e prometéuselles que cada ano lle sería regalada una persoa a aquel que primeiro chegase ao mar. Dándoselles categorías divinas foron chamados: Eume o da ladeira de poñente, que debería fertiliza-las terras de As Pontes; Landro o da ladeira do norte, que debería fertiliza-las carballeiras; Masma o da ladeira de raiante, que debía fertilizar, na súa chegada ao mar, as marismas. Recen nados acordaron descansar un anaco no camiño; condición
que soamente cumpriu o Eume, quen, o comprobar a traizón dos compañeiros, colleu ímpeto por a Capela e Caaveiro conseguindo chegar antes o mar. Por iso se di que todo-los anos o Eume reclama o prometido e afoga unha persoa nel.
As pontes: un pobo distinto.
Dicía D. Enrique no epílogo do seu libro: “Este es a grandes rasgos la historia de nuestro pueblo: Capital Celta, Ciudad de Valverde, Villa señorial y hasta el 1942 pueblo humilde y acogedor. Desde ese año paso a ser un pueblo “Heterogéneo” de ingenieros, técnicos, profesores, empleados, trabajadores por cuenta propia, agricultores y estudiantes. Heterogéneo también por la inmigración de las gentes de distintas mentalidades y ambientes; pero no por eso ha perdido sus virtudes hospitalarias. Por mucho que sea su desarrollo As Pontes permanece fiel a las características que le hacen amable y sonriente. Sigue siendo una tentación permanente para cuantos le conocieron una vez. En suma, tenemos el orgullo de haber nacido en un Pueblo humilde y pacífico, donde la naturaleza vistió sus mejores galas; Pueblo alegre, joven y al mismo tiempo antiguo: donde hoy predomina una sana juventud que lleva ceñida una corona de gloria, labrada de su brillante historia”.
Sombríos presaxios
Aínda cando as reservas de carbón eran moi grandes, las políticas económicas de hoxe en día din que xa non é rendible producir enerxía eléctrica con este tipo de combustible, por tanto, o xacemento está abocado a un peche inmediato, aínda cando no seu seo quede lignito. El pintoresco val réndese en tributo ao progreso e logo deixará de existir quedando un enorme foxo no seu lugar. Agardamos que a industria non remate, senón que reciba novos pulos e mañá non teñamos que chorar.
(Continuará… Seguimos traballando para eso)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios