A Comisión de Festas satisfeita cós resultados do programa das patronais

114

O Concello e a Comisión de Festas fan valoración dos festexos patronais. O nivel de público e participación nos diferentes actos non pode ser mellor, cunha afluencia moi notable en actividades deportivas, concertos, cine, etc.


Segundo a análise realizada polo Departamento de Cultura, incrementouse o público da Mostra de Música Coral e tamén do Festival de Bandas, celebrados no Alovi.
No que se refire ós Libros no Parque, calcúlase unha asistencia media diaria de alomenos 120 rapaces, ademais de 40 adultos, un número que se incrementaba cando había teatro, contacontos, baile e outras actividades concretas. Tamén nas proxeccións do ciclo Noites de Cine o público ateigou o espacio diante da pantalla, e máis de 300 persoas pasaron diariamente polas seis películas.
No que se refire á exposición fotográfica, o cálculo realizada ata agora cifra en 1.900 as persoas que pasaron polo Mercado, cunha media de cen visitantes diarios. O domingo 20 foi o día máis concorrido, con preto de 500 visitas. O nivel de asistencia fai pensar ó concello en abrir tamén a mostra en setembro. O último cálculo refírese ó Festival Folclórico Internacional, que este ano seguiron 600 persoas, superando polo tanto o foro do Polideportivo.
Antón Martín, membro da Comisión de Festas, desmentíu que actualmente se pense celebra-lo centenario da Festa da Fraga con catro días consecutivos. O rumor que se extendeu nos últimos meses polo municipio semella totalmente infundado, aínda que Martín aclara que a organización do 2004 estará nas mans da próxima comisión de Festas, pero ó actual Concelleiro de Deportes parécelle tamén excesivo extende-la Fraga a catro días. O mesmo concelleiro pide máis civismo e colaboración ós grupos de romeiros para axudar na recollida dos restos de cabanas e merendas, xa que nestes días o espectáculo do Parque é lamentable.
Fonte: web Concello das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios