Carmen Muíño – Pintora

252

Carmen Muíño nace en Cedeira (A Coruña), en 1942 pero dende os dous anos reside en As Pones, comeza a súa carreira artística tardiamente e realiza a súa primeira exposición en 1992. Dende entón xa non deixara de expoñer.


Realiza exposicións en Galicia, Catalunya, Castela-León, Francia, etc. Posúe obras en coleccións particulares e institucións por todo o territorio nacional, Francia, Holanda, Canada, etc. É membro da asociación de artistas de A Coruña dende 1996.

Carmen01.jpg

Ante unha alma sempre anhelante de coñecer e comprender máis e mellor as cousas da vida e cun sentido da observación tan completo como o que ela posúe, non cabería esperar máis que unha obra pictórica tan rica en matices e detalles, se ben isto non lle fai perder para nada o concepto do conxunto. Un todo formado por moitos detalles.
Carmen02.jpg

Refléxase tamén na súa obra unha paz e unha sencillez que só poden transmitir as persoas sabias e en paz consigo mesmas e co resto dos mortais.
Carmen03.jpg

Exposicions:
1998.- Exposición individual “Sala de Arte Mercado Vello”, (As Pontes)
1998.- Certame de Arte “Galeria Burela”
1998.- Exposición individual “Sala de exposicións Edificio Liceo”, (Betanzos)
1999.- Exposición individual “Galeria Zorrilla”, (Ponferrada- León)
1999.- Exposición individual “Sala Ancora”, (Cedeira)
1999.- Sala Municipal de exposicións “Claustros de San Francisco”, (Viveiro)
1999.- Euroart99 “III Salón Internacional de Artistas Contemporáneos”, (Barcelona)
2000.- Sala de Arte Asociacións de Artistas (A Coruña)
2000.- Sala de Arte Concello de Burela (Lugo)
2000.- Chapelle Saint-Joseph (Lesneven – Francia)
Carmen04.jpg

E-Mail: carmen.muino@hotmail.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios