Programa virtual das festas

135

Esta mañá, lendo de forma rápida a web, vín que o resultado da 1ª enquisa de amigus reflexa que a opinión maioritaria é que as festas de As Pontes “foron un desastre” (cun 27% apoximadamente).


Eu tamén son bastante crítico en xeneral, pero penso que a mellor crítica é a constructiva, por que nos axuda a todos a mellorar o que non nos gusta (aínda que ás veces as criticas sexan ignoradas). Penso que sería unha boa idea reflexar nesta web os propostas concretas dos amigus-navegantes acerca dos contidos que deberían configurar as festas da nosa vila. Por exemplo: “Eu quero que para o ano veña Tamara, pero a de hotel glamour…” ou “pois a min o que me mola mazo son as carreiras de cans con apostas incluídas…” en fin, hai tantos gustos coma cores pero se pode facer unha boa mestura.
Propoño o seguinte: como resposta a este post estaría ben que a xente escriba suxerencias concretas para o ano que ven. Así organizaremos un “programa de festas virtual”. Seguramente o 99’99% das propostas non sexan escoitadas polos responsables, pero polo menos axudarán a comprender por qué as festas da vila son “un desastre” ou por qué a xente non se decatou de que houbo festas. ¿Qué opinades?

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios