A.P.R.E.N. Asociación de Prexubilados de Endesa-As Pontes.

379

A Asociación de Afectados po-los Plans de Prexubilación de EndesaAs Pontes, é unha Asociación privada , sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica e capacidade de obrar que ten por obxecto a defensa dos intereses non profesionais dos seus membros en relación con todas aquelas materias e cuestións que para cos mesmos poidan derivarse directa, ou indirectamente dos plans de prexubilacions que tramítanse en Endesa, S.A., antes Empresa Nacional de Electricidade, S.A.


Apreen_logo.jpg

Constitúese o 25 de Setembro de 1998, en xuntanza celebrada ás 16,30 horas por un pequeno conxunto de traballadores de Endesa, comezando os trámites do que será a maior asociación de traballadores da localidade. O día 15 de Febreiro de 1999 a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da saída ó documento de Resolución de inscrición co número 172/99 e aos tres meses seguintes inscríbese no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior.
Constitúese de acordo co establecido na Lei de Asociacións do 24 de Decembro do 1964, e demais lexislación vixente. A duración da Asociación, será por tempo indefinido. A Asociación terá ámbito autonómico, coincidente có da Comunidade Autónoma de Galiza.
A finalidade da Asociación, é a defensa dos intereses NON profesionais dos seus membros en relación con tóda-las materias y cuestións que para os mesmos poidan derivarse directa ou indirectamente dos plans de prexubilacións que se levan a cabo en Endesa, S.A. antes Empresa Nacional de Electricidade, S.A.
Para o debido cumprimento dos fins, terá as seguintes funcións e facultades:
A. Asumi-la representación colectiva dos seus membros asociados ou de parte deles diante do Estado, Comunidade Autónoma, Provincia ou Concello, así como diante toda-la clase de Autoridades, Centros Oficiais competentes, e igualmente diante de tóda-la clase de entidades privadas, persóas naturais o xurídicas.
B. Organizar e promover conferencias, exposicións e calqueira outro tipo de actos culturais relacionados có fin da Asociación.
C. A defensa dos intereses dos seus membros en tódo-lo relacionado cós fins da Asociación.
D.- No cumprimento dos seus fins poderá relacionarse, xestionar e contratar con toda clase de
Organismos Oficiais e entidades particulares, persoas naturais ou xurídicas, suxeitándose áos limites condicionais establecidos po-la Xunta Directiva da Asociación. Ditas actuacións desenrolaranse con amaño ao Ordeamento legal aplicable o caso, sempre sen perxuizo, da liberdade que, aos membros asociados lles correspondan e se recoñezan nesta materia.
E.- Asesorar áos membros asociados en tóda-las cuestións relacionadas cos fins da Asociación. Facer estudios e análise que poidan, en cada intre, ser do interese dos membros asociados en relación co fin primordial que da lugar á constitución da asociación e cualqueira outra función de análoga natureza, que se considere precisa ou axeitada para o cumprimento dos seus fins e para a defensa dos lexítimos intereses dos seus membros.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios