Maceo Parker chega a Vigo coa súa descarga de Funk

106

O funk de alta escola chega a Galicia de man de Maceo Parker. O que fora saxo na mítica banda de James Brown chega a Vigo nunha das súas mastodonticas xiras…


Tanto é así que no ano 2002 deu máis de 300 concertos en todo o planeta. Dende esta web recoméndovos enérxicamente este espectáculo, encadrado no programa das Festas do Cristo da Victoria de Vigo. Unha boa forma de poñer o contrapunto á invasión estival dos UPA dance, OT, ou similares.
Maceo parker ten editados en solitario aproximadamente 12 albumes, e ten colaborado en máis de 70 grabacións con, entre outros, Prince, De la Soul, Red Hot Chilli Peppers, George Clinton, etc, etc, etc (e por suposto con James Brown). A cita será o Sábado 9 de Agosto a partir das 23:00h. no auditorio de Castrelos (Vigo).

funkoverload.jpg

Máis información en www.maceoparker.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios