linux segue ganhando

50

Linux gaña unha batalla máis en Alemania co peche do “site” de SCO por orde xudicial. Ademáis, Novell nega que SCO poida reclamar ningún tipo de dereito de propiedade intelectual a Linux.


O Grupo SCO perdeu unha batalla máis na guerra que mantén contra Linux. Imos a revisar neste artigo as razóns deste conflicto.
Primeira batalla perdida
Días atrás Novell negaba que a antiga Caldera tivese os dereitos sobre o código de UNIX xa que o acordo polo que a antiga Caldera comprou UNIX Sistem V en 1995 non incluía os dereitos de propiedade intelectual asociados ó sistema.
O grupo SCO sostiña que partes do código fonte de Linux estaba copiado textualmente do de UNIX, do que tiña a patente. A antiga Caldera xa demandou en marzo a IBM (unha das grandes compañías que apostaron polo sistema operativo rival de Windows) e amenazou á distribuidora SuSe Linux.
A debacle alemana
Agora, por se fora pouco, o grupo SCO tivo que pecha-lo seu siete en Alemania pola orde dun tribunal que lles obrigaba a eliminar do mesmo os argumentos contra o sistema operativo de software libre.
A asociación alemana de empresas e usuarios de Linux Linuxtag acusou a SCO de prácticas ilegais contra a competencia co envío de cartas a máis de 1.500 compañías ás que amenazaba con accións xudiciais se continuaban utilizando o sistema operativo de software libre.
Nun intento de evitar accións de maior entidade, CSO retirou do seu site alemán a copia das cartas enviadas. Sen embargo, Linuxtag conseguiu nos tribunais unha orde de restricción temporal contra a antiga Caldera, polo que esta compañía desactivou a totalidade do setio web en Alemania.
Fonte: ociojoven.com
Por cortesía de Foucellas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios