Segovia inaugura o museo de bruxería e maxia

96

Momias, reliquias, fórmulas máxicas e venenos son algunhas das inquietantes pezas que se exhiben no “Antigo Museo da Bruxería”, que abreu as súas portas en Segovia, de forma permanente, co obxectivo de mostrar unha parte do oscuro mundo da nigromancia e a bruxería.

bruxeria.jpg


O museo, ubicado en pleno corazón do centro histórico de Segovia e a apenas 200 metros da Catedral, amosa a colección de 300 pezas de bruxería tradicional da Europa mediterránea e central datadas entre os séculos XVI ó XX, pertencentes a un coleccionista italiano denominado “Señor Alessandro”.
Ata a súa chegada definitiva a Segovia, a exposición tivo carácter itinerante e puidose ver en cerca de medio cento de cidades en España, Italia, Portugal, Holanda e México cun gran éxito de público, segundo os seus promotores, Alessandro Alviani, responsable da empresa Grupo Atrox, xestora da colección, explicou que tras varios anos de itinerancia buscouse “unha capital que puidera se-la sede definitiva para o museo, e eliximos Segovia tanto pola súa historia coma polo seu indudable atractivo turístico”.
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios