Linux podería poñerse ó nivel de Windows en dous anos

86

Miguel Gómez Bernabé, director técnico de servidores e almacenamento para España e Portugal de IBM, sinalou que o sistema de software libre “Linux” competirá en igualdade de condicións con “Windows” en tan so un par de anos.


A expansión de Linux é na actualidade dun 35 por cento anual, segundo indicou o experto na derradeira xornada da III Semana das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), organizada por e-Gallaecia, que se celebrou na Facultade de Periodismo de Santiago.
O directivo de IBM indicou que o software libre foi tachado de “inseguro, pouco fiable e con reducida aplicación para a empresa”, algo que non é certo en función dos seus datos. Por exemplo, dixo que o crecimento en facturación do sistema “Linux” aumentou un 90 por cento de 2001 a 2002 e que existen unhas 4.000 aplicacións de empresa funcionando con este sistema que en 2005 superará en instalacións a Windows.
Sobre se no futuro o software libre podería chegar a substituir ó propietario, o responsable de IBM dixo que no caso de servidores pequenos sí podería estar por riba, non así no caso dos máis grandes no que será “un xogador máis”.
Durante as conferencias, puideronse observa-las posturas que rodean ó debate que enfrenta ós expertos informáticos entre a opción do software libre e o propietario, ou sexa, Linux ou Windows.
Fonte: comfia.info
Cortesía de Foucellas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios