España achégase ás 1,35 millóns de liñas ADSL

86

España achégase ó 1,35 millóns de liñas ADSL, despois de pechar xullo con 50.670 novo aboados.
O número de conexións de acceso a Internet a alta velocidade mediante ADSL en España ascendía a 1.343.823 a finais de xullo, despois de que no último mes se deran de alta máis de 50.000 novos aboados (un 3,92 por cento máis que no mes de xuño), segundo cifras dos operadores facilitadas a Europa Press pola Asociación de Internautas (AI).


Como ven sendo habiautla, Madrid e Barcelona están moi destacadas á fronte desta clasificación e de ambas provincias proceden dous de cada cinco liñas dixitais de banda ancha, en liña coas críticas da AI pola dificultade de extender esta tecnoloxía ó ámbito rural.
Así, a Comunidade de Madrid suma xa 273.316 liñas ADSL, mentras que a demarcación barcelonesa queda a unhas dez mil liñas (263.610), medrando as duas en torno ás oito mil conexións mensuais.
A moita distancia figuran xa Valencia, con 59.199 liñas; Málaga (57.957), Alicante (47.533), Baleares (45.218), Sevilla (42.757) e as Palmas (42.105). Estas oitos primeiras provincias en número de liñas ADSL manteñen, unha vez máis as mesmas posicións que nos meses precedentes.
Fonte: noticiasdot.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios