Triplícanse os timos en Internet que utilizan os 906 -806

105

Triplícanse os timos en Internet que utilizan os 906 – 806 ante a pasividade do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.
A AUI aconsella ós usuarios que soliciten ó seu operador a desconexión das súas liñas dos temidos 906 – 806 e denuncia a pasividade do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e a colaboración dos principais portais e medios electrónicos que admiten publicidade que contraven a legalidade vixente.


Dende que rematou o curso escolar o número de timos relaccionados cos números de tarificación especial (906, 806,…) incrementouse nun 305% con respecto ó memmo periodo do ano pasado. Os importes destas estafas chegaron en usuarios de tarifas planas, a superar os 6.000 euros.
Os programas de marcación automática instálanse, a maior parte das veces, sen que o usuario sexa consciente de que esto sucede, modifícaselle o seu ordenador e, en moitos casos, é precisa a intervención dun técnico para poder eliminalos de forma definitiva.
Fonte: aui.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios