3º Certame de novos talentos en Vilagarcía de Arousa

135

Durante o mes de Agosto e ata mediados de septembro ten lugar a terceira edición do “Certame de novos talentos”, en Vilagarcía de Arousa.

NovosTalen.jpg


O Certame reúne este ano a máis de 30 formacións musicais de toda Galicia, formacións que abarcan gran variedade de estilos, dende o folk ata o heavy metal, pasando polo pop ou o jazz.
O concurso consta de 3 fases: primeira ronda, semifináis e gran final, e consta con premios para os tres primeiros clasificados. O primeiro premio, valorado en 6000 euros, é a gravación e edición de 1000 copias dun disco; os segundos clasificados obterán un premio en metálico de 600 euros, mentres que os terceiros obterán a cantidade de 300 euros.
Unha boa iniciativa organizada polo Concello de Vilagarcía, Gumer produccións e o Recanto de Farruco (local da vila), que está destinada a ser o principal escaparate de grupos galegos nestas datas do verán.
O concurso conta coa participación da banda pontesa “Dr. Funkstein”, que intentarán facer un bo papel na vila pontevedresa.
(mmmm… Dr. Funkstein…. ¿de qué me soará a min este nome?)
Máis información na web do concello de Vilagarcía: www.ivilagarcia.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios