Imos de mob…¿onde quedamos?

83

Os “mob” corresponden a congregacións multitudinarias organizadas vía e-mail, en lugares inesperados e para realizar actos insólitos. A derradeira convocatoria reuníu nunha tenda de Nova York a 300 persoas que “adoraron” a un dinosaurio de xoguete.

mob.jpg


Un novo fenómeno, sen propósito evidente, exténdese de Nova York a varias cidades do mundo: as congregacións multitudinarias organizadas vía correo electrónico, en lugares inesperados e para realizar actos insólitos.
Trátase do fenómeno “mob”, ou de muchedumbre, creado en Nova York por un suxeito chamado “Billy” que, a traveso do correo electrónico, cita ós seus amigos nun determinado lugar, onde reciben instruccións para logo acometer algunha acción.
A derradeira convocatoria en Nova York, o pasado xoves, tivo coma escenario a xigantesca xogetería Toys R Us, en Times Square, unha das zonas turísticas máis concorridas da Gran Mazá.
Unhas 300 persoas congregáronse na tenda para observar absortos un enorme dinosaurio de xoguete, para logo caer ó piso berrando e axita-las súas mans no ar.
Cando o persoal do establecemento correu a chamar ós gardas de seguridade, a muchedumbre xa se dispersara, e outro evento “mob” xa se tivera materializado.
Fonte: noticiasdot.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios