SABOR AMERICANO PARA O GOSTO EUROPEO.

84

Atopei un artigo e gustoume tanto que non podo senón poñervolo ó voso dispor. É de Ricardo M. Rituerto que lle puxo “Sabor american para o gosto europeo”. Non vexamos nel o refrexo dos americans, senón o refrexo dunha terra que, coma todas, ten cousas que te engaiolan…


Das beiras da lagoa Michigan as do Pacífico, 3.770 kms de paisaxe e aventura. Moteis e casas de comidas, de estrada a traverso de oito Estados, e un remate que o resume todo: California.

01.gif

Non ai maior conxuro para os abraiados po-la estrada que dicir “Ruta 66”, rúa Maior dende fai 75 anos do pobo imaxinario que se eslonga milleiros de kilómetros entre Chicago e Os Ánxos.
A Estrada Nai de “Las uvas de la ira”, po-la que centos de milleiros de Okies fuxen da sequía e da depresión dos anos trinta dende Oklahoma hacia a terra prometida de California, regala hoxe a mans cheas o viaxeiro pasado, presente e futuro dos Estados Unidos. Pode que a US 66 desaparecera no 1985 para converterse nas autostradas I-55, a I-44, a I-40, a I-15… pero esa restra burocrática de números non pode co mito dunha vía que tamén foi símbolo da xeración beat en “Na estrada”, de Jack Kerouac, aínda transitable no 85% do seu trazado orixinal se o celoso viaxeiro se fai co mapa axeitado. Aínda así, dubidará, perderase, volverá unha e outra vez sobre das suas pegadas, fará descobrementos, abraiarase…
02.jpg

A Ruta 66 nace na rúa Adams, fronte o Art Institute de Chicago, que atesoura noctámbulos e American Gothic, dous perfectos retratos dun Estados Unidos que aínda existe. Despois de dar voltas arredor da sombra da Sears Tower, o edificio mais alto do país, a estrada sae da cidade po-la “Villita”, barrio de emigrantes mexicanos onde un gran anuncio dun bufete de avogados pregunta, en castelán: “¿Lo fuerzan a trabajar cuando se lastimó?”. Non é ouro todo o que reluce no país das oportunidades.
Os maizais de Illinois e as arbores fan compaña ó viaxeiro no seu rumbo suroeste vara a Saint Louis. Non hai motivo para parar se non fora por Springfield, a capital do Estado, en cuxo centro histórico conservase a casa de Abraham Lincoln, o presidente que “salvou”?? a unidade do país. Desa vivenda parteu Lincoln cara a Casa Branca con premonitorias verbas sobre dun dubidoso retorno.
03.gif

Á saída de Springfield, a autoestrada botase cara o horizonte, tan previsible que o viaxeiro adianta un coche cuxo conductor leva esxtendido o xornal sobre do volante. Coma un fanal na pradella, o arco de Saint Louis deixase ver dende ducias de kilómetros, as beiras do poderoso Misisipí de Mark Twain. Foi construído para conmemora-la merca da Luisiana no 1803, a mellor operación de mercadoría da historia, po-la que Estados Unidos case que dobou dun prumazo o seu territorio ata prantarse no Pacífico. Dende os 192 m. de altura do arco, chamado a “Porta do Oeste” porque Saint Louis era unha prataforma para da-lo salto alén do horizonte, é imposible non ollar con outros ollos cara o futuro mais perto de nos. Deixar atrais Saint Louis é meterse de cheo en Misuri, paisaxe de doces penedos arborados dun Estado que se vende a cada paso coma un xigantesco parque de atraccións.
Descomunais carteis anuncian o un Adult Store (tenda porno) con aparcadoiro para camións a carón pietismo relixioso: “A salvación é un agasallo. Acepta a Xesús”. Na radio do coche soa “Get your kicks on Route 66” na versión canónica de Nat King Cole, a cantiga himno desta estrada, composta por Bobby Troup nos anos coarenta nunha viaxe a Os Ánxos xunto ca súa muller, artelladora do estribillo que lle dá el tíduo. O tema, cuxo tíduo podería traducirse pobremente como “Déixate engaiolar po-la Ruta 66”, é un mapa musical de Chicago a Os Ánxos: Saint Louis, Joplin (Misuri), Oklahoma City, Amarillo, Gallup (Nuevo México), Flagstaff (Arizona), Winona, Kingman, Barstow, San Bernardino, cos nomes xeográficos axustados en sílabas e rima os versos dunha cantiga que gravaron un cento de artistas, dende derrotados po-lo esquecemento ata os Rolling Stones.
04.jpg

Nomes de tribos indias.
En Kansas, a Ruta 66 case que fai un arco de 20 kilómetros no rencuncho sureste do Estado, abondos para perderse nalgúnha das súass encricilladas. Recollido o rumbo, a terra roiba de Oklahoma recebe ó viaxeiro entre pobos con nome de tribos indias. En Miami, que os locais pronuncian Maama, volta a perderse ata rematar diante dun cercado para o gando nunha estrada de menos de tres metros de ancho, toda chea de furados e cuberta de area. Mentras o viaxeiro olla o mapa, un viciño faille unha revelación: atópase na mismíña Ruta 66, tan pura que xa non é practicable.
05.jpg

A paisaxe é só chaira e o ceo adquire unha dimensión descoñecida, envolvente coma unha bóveda ó alcance da man, camiño de Oklahoma City. A cidade desprendeuse da súa asociación automática coa conquista do Oeste en abril do 1995, co atentado mais mortífero perpetrado no país. No interior do museo adicado ás 168 víctimas mortais, uns paneis ofrecen a visión “made in America” do terrorismo no mundo: “Os espertos din que a maioría dos incidentes en Oriente Próximo derivan do conflicto árabe-israelí. Moitos en Europa occidental tamén están relacionados co conflicto árabe-israelí, aunda que alguns son resultado de diferencias ideolóxicas cos Gobernos”.
Clinton, pobo de Oklahoma, recibe ó viaxeiro de gala. No Museo Ruta 66 hai festa rachada para celebra-los 75 anos que no 2001 cumpreu a Estrada Nai. Ducias de harleys fan un alto no lugar, onde o mestre de cerimonias é Michael Wallis, autor de Route 66:” The Mother Road”. O sopra-la tarta co escudo da sinal da Ruta 66 e 75 velas, Wallis pide os presentes que manifesten un desexo. El berra: “¡Non mais autostradas!”.Suzanne, a súa muller, feitora das abondosas fotos do livro, percorreo xunto con Wallis a estrada por activa e por pasiva. O viaxeiro confesalle unha certa “frustración” por non poder face-la Ruta 66 a ritmo menos acelerado debido a unha cita inaprazable en California. “Non ha que preocuparse. Todo é Ruta 66. Está chea de casualidades e sorpresas. É a aventura. Non hai que planexar nada. Eu chamoa a Estrada Nai porque ten algo, unha casualidade, un descobremento, para cada un. ¿Non tes tempo? Bo!. Paras nun sitio, probas o que ha, e iso é a Ruta 66”.
Dende centos de kilómetros antes de chegar a Amarillo, anuncios de estrada convidan o Big Texan, co seu chuletón de 72 onzas (dous kilos e 41 gramos) de balde!… para o quen o coma en menos de 60 minutos. Na barra do bar quedan os nomes e as estadísticas (data, idade, peso, tempo empregado, lugar de procedencia e primeiras verbas tra-lo éxito) dos casi 5.000 gargantúas trunfadores habidos en algo mais de 30 anos. A mediados dos oitenta estableceronse un par de marcas: un xogador de béisbol dos Reds de Cincinnati tragouno en nove minutos e medio, e un loitador profesional tragou dous no tempo regulamentado. As regras da inxesta son estrictas e perfectamente craras. O viaxeiro queda coa dubida de se o truco para a casa non estará no que acompaña os dous kilos de carne: cóctel de gambas con fresas, pataca cocida, unha pequena ensalada e pan con manteiga. Hai que comelo todo. Quen recolla a aposta e perda, paga 54,30 dólares. Nunha pizarra da entrada do comedor estaba a relación dos 12 tragóns que entre o 11 e o 29 de xuño do 2001 gañaron a honra de pertencer a lista da barra. Suas verbas: “Con un abonda”, “¿Non hai mais?”, “¿Onde está o postre?”. Quen o consiguiu en 59 minutos e 56 segundos deixpu escrito: “Sen comentarios. Non podo falar”. Na barra, un alemán deu unha nota intelectual fai anos. Citou a Horacio: “Carpe diem” (“Disfruta ó másimo do momento”).
06.jpg

Novo México mostra as primeiras montañas da viaxe. Dende Santa Rosa, a estrada segue en frecha cara o oeste camiño de Albuquerque. Antes do 1937, a Ruta 66 xiraba bruscamente cara o norte buscando Santa Fe, a capital do Estado. Esa estrada, sen nengún tráfico o cae-la tarde do sábado, gaña altura mentras o sol ponse coma nun cadro de Turner. Paisaxe familiarmente ibérico. Os pobos son San Xoan e San Xosé, non Saint John nin Saint Joseph. Hai un desvío cara a Valencia.
A praza de Santa Fe lembranos a de calqueira cidade mediana da pel de toro, con comercios de luxo nos soportais que atenden as necesidades de acaudalados refuxiados do Este que percuran na cidade aredores un paraíso estético e emocional. Terá artificialidade e será demasiado belida para ser de verdade, pero Santa Fe, coma todo Novo México, é unha estación da que ningún español pode prescindir. Na balcoada dun restaurante que olla á praza, roibos anglos de idade madura e doado rir beben margaridas e cean xenerosas racions de tapas o gosto local. Unha parexa moi maior para estar nesto (pianista cega, guitarrista semividente) cantan cancións country. Dende o balcón, as árbores case que non deixan ve-lo lateral que ocupa o edificio dunha pranta que foi palacio do gobernador, cuxa historia como inmoble púbrico con uso continuado mais antigo de todo os Estados Unidos vio ondea-la bandeira de España (do 1610 ao 1821), a de México (do 1821 ao 1848) e a dos Estados Unidos ata hoxe. Nos soportais do palacio, indios zuñi, hopi, cheroqui e navajo venden a súa delicada artesanía dende os anos da depresión.
De Santa Fe, a US 66 baixa cara Albuquerque atravesando reservas de indios pobo, chamados así po-la sorpresa que as súas vivendas causaron os españois, a quenes lembraban o que deixaran milleiros de kilómetros atrais. O terreo resecase, atravesado po-lo río Grande impoñente.
En Arizona, Winona no sería nada de no ser porque, en Get your kicks on Route 66, Bobby Troup escribió: “Don’t forget Winona” (“Non esquezas Winona”). Seligman é outra historia. Juan Delgadillo atende o Snow Cap, unha casa de comidas “kitsch” que xa circula en pósteres. Os seus 85 anos, Juan lembra os okies que pasaban diante da sua casa cara a California: “Ian os carros [coches] con colchóns, galiñas e todo o que podían. Era moi triste entón. ¡Cómo cambiaron as cousas! Agora hai turismo coma nunca”.
La rúa maior chamase oficialmente Historic Route 66.
-Juan, esta rúa é moi ampla. Así non sería nos años treinta.
-E que ésta non é a de enton. A verdadeira ia por ahí detrais. Veña vela.
A verdadeira Ruta 66 é hoxe un anaco de calzada que vai xusto por detrais do Snow Cap e pasa diante da casa dende a que Juan vía o trasego anguriado de quenes retratou Steinbeck. O viaxeiro sae de Seligman, principio do tramo continuado mais longo (250 kilómetros) da Ruta 66 orixinal, ó tempo que un tren do ferrocarril de Santa Fe tirado por catro locomotoras. Por unha estrada deserta, mentras cae o sol, coche e convoi corren en paralelo.
O deserto do Mojave.
A US 66 adquire o seu máximo dramatismo a partires de Kingman. A estreita e irregular estrada entra nunha paisaxe de deserto e culebrea entre dos cactus e iucas semisecas do Mojave. É unha estrada que asusta ós americanos, acostumados á certeza das autoestradas: “Se se mete por ahí, arriscarase porque quere”. A US 66 mostra curvas de 75 anos mentras gavea os descarnados penedos. No fondo dos barrancos, restos de coches despeñados. Terreo inóspito. Exactamente o mesmo que viron os okies. A Ruta 66 chega a California sobre das augas do río Colorado, cuxa vista provocaba nos emigrantes de antaño o alivio da liberación. Tíñase chegado a terra prometida, aunda que quedaran por diante deserto e malos modos policiais. O horizonte oscurecese co que semella choiva. Caseríos fantasmais, que algún día tiveron nome en orde alfabético inverso, de crer os mapas: Essex, Danby, Chambless, con desvío a Cádiz, Bagdad e Amboy, onde o que o ollo non avisado tomou por auga resulta ser area: unha tormenta levanta toneladas do Mojave que, suspendida, fai unha atmósfera espectral. A gasoliñeira de Amboy (poboación: 20) parece ter luces, pero no hai ninguén.
07.jpg

San Bernardino, cidade xa de luz e paisaxe californiano-mediterráneo: cipreses, palmeiras, buganvillas, é tamén cuna de McDonald’s. O local orixinal é un museo onde, en contra do esperable, non se venden hamburguesas. Po-lo dédalo de autoestradas, o viaxeiro chega con ánimo trunfal ata Santa Mónica, cuxo Santa Mónica Boulevard entra perpendicular ó Pacífico. Na súa confluencia con Ocean Avenue, que percorre pulcramente axardinada a beira dun acantilado, conclúe a lenda, 3.770 kilómetros da beira da lagoa Michigan á do Pacífico. Edificios art déco, terrazas, hoteis, coches de luxo, paseantes e… ducias de vagamundos que fan restra para recibir comida gratis nun posto da beneficencia. O Estados Unidos que o tene todo e o que nada ten. Ruta 66: Estados Unidos tal como é.
SABOR AMERICANO PARA O GOSTO EUROPEO.
Clifton Lewis e a súa muller, Idalia Ávila, xa abós, afananse por ter presentable o Wigwam Motel, en Holbrook (Arizona). Son 16 habitacions independentes a xeito de tenda india que están en tod-las guías pubricadas sobre aa Ruta 66. Fronte as tendas de cemento están aparcados, dando ambente retro, un Chevy de 1951, un Buick de 1956, un Ford de 1957… Todos en perfecto estado de conservación. Non se chega de primeiras ó motel, pero a Lewis, que fala castelán, non lle importa a mala sinalización: “Case toda-las reservas no-las fan por Internet”.
08.jpg

Clifton Lewis conta a historia de cómo seu pai e un arquitecto idearon o plan para a construcción do particular motel; cómo se construiron outros do mesmo estilo e cómo só dous sobreviven, un en Kentucky e mais éste. Na Ruta 66, en Flagstaff, queda un abandoado, e mais adiante aínda, en San Bernardino, hai outro de mala nota sobre cuxa porta luce o eslogan “Do it in a tepee” (“fainoo nunha tenda india”). Quenes ocupan as tendas cónicas do Wigwam californiano son mozas da rúa con clientes de paso.
Idalia, mexicana, di do Wigwam bó: “Gosta os europeos. Pero os americanos pasan. Algúns din que non poden durmir nunha habitación octogonal”. E rín da obxeción. Entre durmir no Wigwam, co característico cheiro a desinfectante dos moteis, e ir un pouco mais adiante, ata Winslow, e parar na Posada, un resucitado hotel dos anos trinta, equiparable a un parador, hai todo un mundo.
09.gif

O 13 de outubro do 1984, Williams, tamén en Arizona, convirtiuse na última localidade da Ruta 66 en ser circunvalada po-la autostrada. “A cidade case morre, pero dende entón recuperouse”, di Sandi Taylor, subdirectora de Route 66 Magazine, mentras atende ó púbrico na Route 66, Gift Shop, no 326 W. Route 66. Na fachada gris da tenda, oito escudos da US 66, un para cada un dos oito Estados que atravesa a estrada. Williams, como último bastión da US 66, opuxo inútil resistencia a autostrada. Fai uns anos, a cidade alentou a revista, que se editaba noutro sitio, trasladar a súa sé a Williams. “Logo abrimo-la tenda e a xente cabreouse. Están anticuados: desexan a Ruta 66, pero non saben o que queren”. Taylor abonda nunha idea escoitada varias veces no viaxe: “A Ruta 66 é algo que interesa os europeos mais ca os americanos. Nos imos a Europa e imos ver a torre Eiffel, non a conducir. Os europeos veñen aquí para sentir o país, para conducir millas e millas por estadas que non acaban nunca, en paisaxes con horizontes inalcanzabres, para comer ou cear nos diners , para ve-los camións de 18 rodas…”.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios