13 segundos i debian woody

98

Nova do 22 de maio de 2002, pero sobradamente interesante.
Estblécese un novo récord de eficiencia intercontinental de Internet na competición Récord de Velocidade por Terra de Internet2.
Un equipo internacional estableceu un novo récord de eficiencia de Internet ó transferir o equivalente a un disco compacto enteiro a través de máis de 12.272 km (7.608 millas) de rede en 13 segundos. A tasa de 401 megabits por segundo, alcanzada ó transferir 625 megabytes de datos dende Fairbanks, Alaska, a Amsterdan, en Holanda, é máis de 8.000 veces superior ó mellor dos módems.


O equipo plusmarquista estaba constituido pola Universidade de Alaska en Fairbanks, a Facultade de Ciencia da Universidade de Amsterdam e SURFnet, a rede informática nacional para a educación superior e a investigación en Holanda. En ambos extremos utilizouse hardware ordinario tipo PC executando Debian GNU/Linux.
Cunha conexión a Internet deste calibre, transferir os seis CDs da Woddy dende Fairbanks a Amsterdam só requiriría 78 segundos. Precisamos gravadoras de CD máis rápidas, parece.
“Isto demostra que a xeografía non é barreira para as aplicacións acadadas de rede”, dixo Kerry Digou, o programador de sistemas que encabezaba o equipo da Universidade de Alaska. “Utilizando equipos ordinarios e infraestructura desenvolvida na comunidade Internet2, levamos as fronteiras ó límite.”
Cortesía de Foucellas.
Fonte: debian.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios