GRUPO XUVENIL ENDESA DE PIRAGÜISMO

115

O Clube de piragüismo Grupo Xuvenil Endesa, xurde no 1983 baixo unha iniciativa duns mozos ponteses afeccionados a un deporte case que descoñecido no noso pobo e con moito tesón fixeron que o clube comezara as súas actividades e pasase a formar parte do Grupo Xuvenil coma unha sección mais dentro desa asociación cultural.


01.jpg

Os comezos foron moi duros, xa que faltaban medios, tanto materiais coma humanos, pero pouco despois, có apadriñamento de Endesa as cousas foron a mellor, e foi a partires da cesión das instalacións no encoro da Ribeira, cando o Clube comezou a medrar.
02.jpg

Dende aqueles comezos ata o día de hoxe o Grupo Xuvenil é a entidade deportiva de As Pontes que acadou maiores logros deportivos, contando no seu haber con Dúas medallas do Campionato do Mundo “Junior”.
03.jpg

Ó longo da historia do Clube foron oito os palistas que teñen participado en regatas internacionais formando parte do Equipo Nacional español, e actualmente un palista do Clube forma parte do Equipo Pre-Olímpico de Piragüismo.
04.jpg

Nestes intres o Grupo Xuvenil Endesa fórmano 160 socios, onde cada un deles é unha unidade familiar, polo que a masa social é moito mais elevada. Temos 98 deportistas federados que compiten en varias modalidades: Pista, ríos e travesías, promoción e “Kayak-polo”.
05.jpg

Dada esta grande masa social que forma o noso Clube, e coas novas necesidades de ocupa-lo tempo libre, xurdiu a idea de amplia-las nosas actividades para poder ofrecer ós socios a posibilidade de gozar có deporte sen dedicarse á competitividade.
06.jpg

Os nosos socios poderán deleitarse, tanto do ximnasio totalmente equipado, coma das embarcacións de recreo coas que poderán deleitarse co marabilloso entorno natural do encoro da Ribeira, así coma de excursións (rotas polos ríos, mar, excursións á neve, etc. Etc. Etc)
07.jpg

Grupo Xuvenil Endesa de Piragüismo
Apartado de Correos 127
15320 As Pontes (A Coruña)
Teléfono e Fax: 981 45 25 28 (na súa sede, só polas tardes)
Para contactar persoalmente: 677 44 78 85 e 677 44 78 86 (Mari Carme)

E-Mail: xuvenil@wanadoo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios