As Linguas dos Celtas.

118

O nome Celta provén da forma plural Keltoi usada po-los xeógrafos gregos para definir a un numeroso pobo bárbaro espallado na Europa Transalpina e a Península Ibérica arredor do ano 600 a.C. A arqueoloxía móstranos que a cultura Hallstatt (Austria) tardía (séculos VI e V a.C.) asentou no que os gregos reportan coma ocupación Celta; e é neste asentamento cultural onde se poden atopar obxectos gregos nalgunhas tombas de xefes bárbaros no sudoeste de Alemania e partes adxacentes. Antecedentes destes xefes pódense atopar mais atrás, no século VII na Bavaria e Bohemia.


Arredor da metade do século V comezou a emerxe-la cultura La Tene entre os Celtas do Rin medio onde o comercio cos Etruscos, mais que cos gregos, era predominante. Mais tarde os reinos Celtas foron atacados por tribos Teutónicas provintes de Xutlandia. Roma mandou un exército para axudar a Noricum (provincia Celta) pero foi derrotado. Habendo esmagado a resistencia romana e celta, asaltaron toda a Galia Transalpina obrigando os Celtas a percura de refuxio no oeste. Así comeza o seu periplo de desprazamento dende euroasia, os Celtas espalláronse para asentarse por toda europa e parte da Asia Menor, nos seus asentamentos mesturábanse coas tribos que atopaban no seu percorrido, foron mudando cada unha axeitándose o lugar onde se asentaban, pero levando con eles a súa propia lingua, segundo din os eruditos na materia, que chamaron a lingua nai Protocelta, e que desta foron xurdindo toda-las demais, ata chegar ós nosos días. Vexámo-la súa evolución:
Da Protocelta: veñen as: Celtibera, Galobritánica, Goidélica.
Da Goidélica ven: a Gaelico Vella, e desta a Gaelico Oriental e maila Gaélico Occidental.
Da Gaélica Oriental saen: a Escocesa e maila Manes.
Da Gaélica Occidental sae: a Irlandesa.
Da Galobritánica saen: a Británica, a Galo, a Lepóntica e maila Gálata.
Da Británica saen: a Británica Setentrional, a Británica Meridional e maila Celtapicto.
Da Británica Setentrional saen: a Cúmbrica e maila Galesa.
Da Británica Meridional saen: a Cornualés e maila Bretón.
Protocelta era a lingua celta orixinal, da que veñen toda-las outras linguas celtas. Era unha das indoeuropeas á que pertencen a maioría das linguas da Europa moderna, a Castelá é descendente da Latín que pertence a outra rama da familia indoeuropea: a Itálica (O Latín non foi a única membro desta rama, senón a única que deixou descendentes. Outras linguas itálicas foron as Osca, Umbriano e Falisco)
Outras ramas importantes da indoeuropea son as Xermánica, (inglesa, alemana e as nórdicas, etc), Eslava (rusa, polaca, etc), a Grega, a indoirania (as do norte da India e Irán) e demais ramas. A característica mais distinta das linguas celtas é que teñen perdido o “P” orixinal indoeuropea. Isto pódese ver nas verbas seguintes en linguas celtas, e as súas equivalentes noutras indo-europeas:
Irlandés athair, Latín pater, Sánscrito pitar (pai)
Irlandés lán, Galés llawn, Latín plenus, Sánscrito pûrnas (pleno)
Irlandés ean, Galés edn, (paxaro) cf. Latín penna, pruma
Irlandés iasc, Latin piscis, Inglés fish (peixe). A verba galesa é pysg, esta ven prestada do Latín no decurso da ocupación por Roma da Gran Bretaña.
A fala Celtibera:
A lingua dos celtiberos só se atopa hoxe en inscricións antigas. A lingua chegou a Península po-los inmigrantes celtas da Galia e falouse nas partes centrais e norteñas. E posible que o celtibero non fora a única lingua celta de Iberia, hai probas de que se falaba Galo en Cataluña po-los nomes de lugares no norte. Por iso, e po-lo feito de que quizais se haxan falado outras linguas indoeuropeas na Iberia, é difícil delimitar con exactitude a zona celtibera.
Ao leste da zona do celtibero, lusitano falábase no que agora é Portugal. E é posible que fora un dialecto de celtibero, ou unha lingua celta distinta. Outros creen que era unha lingua indoeuropea distinta.
Falábase celtibero a partir do 400 aC., cando Herodoto mencionou que os Keltoi vivían no outro lado das Pilastras de Hércules, e mencionábase ós celtiberos en documentos romanos e gregos a partires do III século aC. Os celtiberos que foron conquistados po-los romanos despois do 49 aC, e dende logo a súa lingua cedeu decamiño ó latín. Sobreviviu ata os comezos da era cristiá, quedando a Vascuence como única lingua prerromana de Iberia que ten sobrevivido. Hai unhas verbas celtas no vasco, prestadas da celtibera. Algunhas palabras celtiberas tamén lle foron prestadas po-lo latín, e aínda sobreviven no castelán moderno, por exemplo, a celtibera “camanom”= paso (irlandés céimm, galés cam), prestada como “camminum”, dando “camiño”, en castelán e “chemin” na francesa.
A Celtibero pertenceu a unha rama distinta da familia celta. Mostrou trazos moi antigos, e como a goidélica, tiña preservado a “kw” orixinal. Isto, xunto coas lendas celtas que nos din de contactos antigos entre Irlanda e os celtiberos, levou a algúns eruditos a crer que a goidélico levarase a Irlanda dende Iberia. Por certo, había contactos entre os celtas de Iberia e os de Irlanda, pero a evidencia existente soporta mellor a interpretación de que a celtibero e a goidélico sexan duas ramas distintas da celta, que se tiñan separado ámbalas dúas moi cedo das outras linguas celtas e non tiveron unha relación moi estreita entre sí. Celtibero non tivo os outros trazos moi distintivos da goidélico, por exemplo a posición inicial do verbo nin as preposicións conxugadas. Os lingüistas só consideran que duas linguas teñen afinidade estreita se mostran anovacions comúns. Isto non é o caso con celtibero e goidélico. Celtibero escribiuse nun alfabeto que tamén se usou para escribir as outras linguas prerromanas da península. O alfabeto usábase en primeiro lugar para escribir a fala dos iberos, que non o coñecemos ben. O alfabeto non conxuga ben coa fonoloxía dunha fala indoeuropea, e esto fai ainda mais difícil a interpretación das inscricións celtiberas. Existen moitas inscricións celtiberas, a maioría delas verbas ou un nome simple escritas en cerámica. Tamén hai duas curtas incripcions, mais probablemente adicacións, en Peñalba de Villastar e Luzaga. As inscricións mais importante, sen dubida, é a longa inscrición de Botorrita, preto de Zaragoza. La extinción da celtibero non puxo fin a historia das linguas celtas na Península. Nos séculos V e VI, despois da caída do imperio romano, os falantes da británico fuxiron dende o sur da Gran Bretaña para escapar dos invasores anglosaxóns. A maioría instalouse en Armórica, na Galia (Bretaña francesa), pero outros chegaron a Galicia onde parece que a súa lingua sobreviviu perante unhas cantas xeracións.
O alfabeto ibero non distinguiu entre P/B, T/D nin C/G. Estes escribíronse por letras silábicas. TA pode representar TA ou DA, ou as veces simplemente T ou D.
Transcrición das primeiras tres líñas da táboa de Botorrita:
ticui cantam : bercunetacam : tocoitos cue : sarnicio : cue : sua : combalces nelitom necueto ertaunei : litom : necue : taunei : litom : necue : masnai : tisaunei : litom : sos : aucu areitaso : tamai : uta : oscues : stena : uersoniti : silabur : sleitom : conscilitom : cabiseti. (Eu non sei que raios quere dicir isto)

Botorrita.JPG

Galobritánico.
Este era antecesor hipotético das linguas celtas centrais. Tratase dunha grande colección de dialectos celtas que tiñan conexións entre deles, formándose unha rexión lingüística. Este grupo central caracterizábase po-la muda do son orixinal “KW” a “P”. Antes, a celta habíalle faltado o P. Había outras linguas que pertencían a este grupo, por exemplo as linguas dos celtas balcánicos e dos celtescitas, pero non se sabe moito deles.
Gaelico vello:
As linguas goidélicas forman unha das ramas mais importantes da familia celta, e temos que hai discusións que non rematan das orixes dos goideles. Os primeiros celtas chegaron a Irlanda antes do século V aC. Tendo en conta que da fala celta só se coñecen inscricións Ogams datadas a partires do século IV e que a escrita non comeza ata o VII temos que todo canto se sabe deles é a traveso dunha transmisión boca a boca, que facían os Bardos cando pasaban o seu saber ós discípulos. Ben puidera ser que os Bardos si tivesen coñecemento dun alfabeto propio que só cultivaran entre deles, o caso é que uns din que o gaélico fora levado a Irlanda po-los celtiberos. Pero aínda que houbera contactos entre Iberia e Irlanda, hai mais diferencias entre deles do que se esperaría se o goidélico fora descendente do celtibero.
Outras teorías din que ten a súa orixe en Irlanda e despois da caída do imperio romano o goidélico se espallara ata Escocia e a Illa de Man, colonizando tamén parte do pais de Gales e Cornualles.
Chamado Q celta, o goidélico caracterizase po-la retención do “KW” protocelta, que as falas galobritánicas tiñan mudado a “P”. No goidélico posterior, o “KW” simprificouse a “K”. O goidélico ten “im” e “in” como resultado de nasais silábicas da fala protocelta, xunto coas demais linguas celtas, o celtibero mostra “am” e “an”.)
E moi interesante que o gaélico no houbera recibido nunca un nome derivado de Irlanda. Só noutras linguas pódese dicir “irlandés” para a fala tradicional de Irlanda. No gaélico sempre era “an ghòedhelg”, ou as súas derivacións nas linguas modernas, nunca era “éireannach”. A verba “gòedhelg” que quería dicir a lingua irlandesa no vello gaélico, era emprestada do británico. (Galés moderno, “gwyddeleg”)
Isto quizais signifique que había un tempo cando que gaélico non fora a única lingua irlandesa. Hai moitas verbas de orixe británica no vello gaélico, que no documento antigo irlandés “Leabar gabala” (Libro das invasións) menta que entre os últimos invasores prehistóricos de Irlanda eran os Fir Bolg. Os Fir Bolg, traducido por “os homes de bolsas”, eran os Belgae da Galia. Bolg é a forma vellogaélica para “os belgae”. Os belgae falaban galo.
No norte da illa había a tribo Cruithne. Cruithne é o nome dos Pictos en gaélico. Derivase dunha forma goidélica da mesma verba co británico. Non se sabe cal linguaxe falaron os pictos de Irlanda.
A literatura do gaélico comeza no século VII. Isto quere dicir que o gaélico ten a literatura mais antiga de toda-las linguas de Europa, despois do latín e o grego. A calidade desta literatura é de sona mundial, coma as epopeas do Ciclo do Ulster -os contos de CuChulain que se preservaron oralmente ata que se escribiron a partires do século IX, o texto e as formas da linguaxe apuntan acontecementos que ocorreron arredor do 100 aC.
Unha forma posterior da lingua, chamado gaélico clásico, usábase para a lingua escrita en toda-las partes de Irlanda e Escocia ata o século XVI cando as falas modernas comezaron a utilizarse como linguas da literatura. O gaélico clásico representa a forma da linguaxe arredor da metade da Idade Media.
Textos en Vello gaelico:
Porqué se chamou CuChulaín:
“Táin Bó Cuailgne Maith rucais do breth a meic bic, for Conchobar. Nís bermáis ém, ar Cathbath, ní bad ferr. Cid arnach Cú Chulaind bias fort-su de suidiu. Ni thó, bar in mac bec. Ferr lim mo ainm fodéin, Setanta mac Sualtaim. Nad raid-siu sin a meic bic, ar Cathbath, daig con cechlabat fir hErend ocus Alban inn ainm sin, ocus bat lana beóil fer n-hErend ocus Alban din anmum sin. Fó limm didiu, cid sed bess form, ar in mac bec. Conid de sodain ro lil in t-ainm aurdairc fair, is ed Cuchulaind, o ro marb in coin bói ic Culaind cherd.
“Ben que o tes xulgado, fillo,” dixo Conchobar. “É a verdade, nosoutros non podemos darche un mellor,” dixo Cathba. “¿Por qué non queres levar dende agora o nome CuChulain, (o can de Culann)? “Entón non,” contestou o rapaz: “prefiro o meu propio nome, Setanta fillo de Sualtaim” “Non digas iso, rapaz” Cathba seguiu a falar: “porque os homes de Irlanda e Escocia van escoitar dese nome ¡e as bocas estarán cheas del!” “Gústame entón, calquera nome que se me dea,” dixo o rapaz. Dende logo que lle quedou o nome soado de CuChulain, despois de que houbera matado o can de Culann o ferreiro.
Gaélico Escocés.
O pobo gaélico de Irlanda, que os romanos chamaron Scotti, probablemente chegaron a Escocia antes do 450 aC. cerca de Dunaverty, na punta de Kintyre, onde aínda queda unha ruina. No 563, Colum Cille (St. Columba) veu a Dal Riata dende Irlanda. Un predicador convincente, convirteu ós Pictos ó cristianismo. Fundou un mosteiro en Iona que dende entón é
lugar espiritual especial. Durante 1000 anos, reies de Escocia e Noruega foron soterrados alí.
Iona mostra moitas reliquias de séculos de culto, como son as cruces celtas. Na Idade Media tamén era un centro de educación. O mundialmente famoso “Book of Kells”; co seu esclarecemento espléndido probablemente se produxo en Iona no século VIII.
No ano 843, o líder gaélico Kenneth MacAlpin xuntou ós pictos e ó pobo gaélico e convirtiuse no primeiro gobernante de Alba, que comprendía a maior parte de Escocia, ó norte de Forthy Clyde. Dende entóns Alba é o nome gaélico de Escocia. A cultura da xente gaélica extendeuse por todo o país e convirteuse na língua do rei, a corte e a xente común.
O pobo gaélico estableceuse en Argyll (Earra Ghàidheal) que hamaron ‘Dal Riata’, en nome da terra que deixaran. Ao establecerse atoparon resistencia feroz de parte dos pictos. Durante a súa expansión para a súa seguridade dependeron dunha cadea de forezas, chamada dùn, (Dunadd) perto de Lochgilphead, é un sitio clave que tamén inclúe unha escultura antiga dos pictos.
Texto no gaélico escocés: (escollese este texto non por ser de carácter relixioso, senón para ter unha mellor comparativa entre as linguaxes celtas)
An toiseach bha am Focal, agus bha am Focal maille ri Dia, agus b’e am Focal Dia.
Bha e seo air tùs maille ri Dia.
Rinneadh na h-uile nithean leis; agus as eugmhais cha d’rinneadh aon ni a rinneadh.
Ann-san bha beatha, agus b’i a’ bheatha solus dhaoine.
Agus tha’n solus a’ soillseachadh anns an dorchadas, agus cha do ghabh an dorchadas e.
Chuireadh duine o Dhia, d’am b’ainm Eoin.
Thàinig esan mar fhianuis, chum fianuis a thoirt mu’n t-solus, chum gu ‘n creideadh na h-uile dhaoine trìd-san.
Cha b’esan an solus sin, ach chuireadh e chum gu’n tugadh e fianuis mu’n t-solus.
Ar n-athair a tha air nèamh: gu naoimhaichear d’ainm.
Thigeadh do rìoghachd. Deanar do thoil air an talamh mar a nithear air nèamh.
Thabhair dhuinn an diugh ar n-aran lathail.
Agus maith dhuinn ar fiachan, amhuil mar a mhaitheas sinne d’ar luchd-fiach.
Agus na leig ‘am buaireadh sinn, ach saor sinn o olc. Oir is leatsa an rìoghachd agus an cumhachd agus a’ ghlòir gu sìorraigh.
San Xoan V 1 – 8
Manes.
O gaélico manes é a lingua tradicional da Illa de Man (Ellan Vannyn, en manes), o mais pequeno dos países celtas. Esta illa, no Mar Irlandés, sempre preservou unha forma de independencia, e hoxe en día é unha zona autónoma da coroa británica, fora da Unión Europea, co seu propio parlamento e propias leis e institucións. Polo pequeno tamaño da illa, a fala manes non contou nunca con mais duns 30.000 falantes. A illa perdeu contacto coas outras zonas gaélicas na Idade Media, pero o gaélico manes ten afindades mais estreitas co gaélico escocés. O manes escrébese nunha ortografía baseada nas normas do inglés e do galés. Así que semella moi diferente na páxina dos outros gaélicos. Esta ortografía foi inventada polo bispo da illa no ano 1610, o galés John Phillips.
A partires do 1800, e a introducción dun sistema de educación que era só no inglés, o manes cedeuse axiña ó inglés. O último falante nativo da fala, Ned Maddrell, morreu no 1974. Hoxe en día fanse esforzos para reintroduci-lo nos colexios da illa e hai un movemento para a súa promoción. Actualmente o gaélico manes conta cuns 500 falantes que úsano coma fala secundaria.
Texto Gaelico Manes: (escollese este texto non por ser de carácter relixioso, senón para ter unha mellor comparativa entre as linguaxes celtas)
Ayns y toshiaght va’n Goo, as va’n Goo marish Jee, as va’n Goo Jee.
Va’n Goo cheddin ayns y toshiaght marish Jee.
Liorishyn va dy chooilley nhee er ny yannoo; as n’egooish cha row nhee erbee jeant va er ny jannoo.
Aynsyn va bea, as va’n vea soilshey deiney.
As ren y soilshey soilshean ayns y dorraghys, as cha ren y dorraghys goaill-rish.
Va dooinney er ny choyrt veih Jee va enmyssit Ean.
Haink eh shoh son feanish, dy ymmyrkey feanish jeh’n toilshey, liorishyn dy voddagh dy chooilley ghooinney credjal.
Cha nee eh va’n soilshey shen, agh v’eh er ny choyrt dy ymmyrkey feanish jeh’n toilshey shen.
Ayr ain, t’ ayns niau: casherick dy row dty ennym.
Dy jig dty reeriaght. Dty aigney dy row jeant er y thalloo, myr te ayns niau.
Cur dooin nyn arran jiu as gagh laa.
As leih dooin nyn loghtyn, myr ta shin leih dauesyn ta jannoo loghtyn nyn ‘oï.
As ny leeid shin ayns miolagh, agh livrey shin veih olk. Son lhiat’s y reeriaght as y phooar as y ghloir son dy bragh as dy bragh.
San Juan V 1 – 8
Gaelico Irlandés.
O Irlandés é a fala oficial e nacional da República Irlandesa. Hoxe ten cáseque un 30% de gaelicofalantes no país. Pero destes falantes, só uns 50.000 (quizais que ainda menos) usan o gaelico todolos días, en distritos onde o gaélico irlandés suponse que é a primeira fala oficial. Estas zonas chámanse “gaeltachtaí”. Un dos problemas que afronta o gaélico irlandés é que estas zonas son illas dentro da maioría anglofalante. Os demais falantes do gaélico irlandés, só o falan coma lingua secundaria, que normalmente aprendérono na escola, e a que moitos deles fáltalles fluidez gaelica..
No pasado, o gaélico irlandés falábase en todo o país. A illa foi conquistada por Inglaterra a partires do 1169 ainda que perante moitos séculos os ingleses só controlaban pequenas partes do leste do país, e a cultura e lingua nativa quedaron fortes. Despois da derrota dos xefes irlandeses en Kinsale, po-los ingleses no 1601, a illa converteuse nunha colonia onde a xente nativa perdeu case que todos os seus dereitos e as súas terras.
Os colonos chegados dende Gran Bretaña tomaron as mellores tierras, e suprimiron todolos aspectos da cultura nativa. O ensino era soamente no inglés, Non é un feito ben coñecido, pero unha grande porcentaxe dos colonos eran de Escocia, e tamén falaban gaélico. Os cregos protestantes do norte de Irlanda predicaban os seus ferigreses no gaélico, nembargantes, a fala gaélica identificábase có catolicismo, e co nacionalismo irlandés que se desenrolaba en resposta á colonización do país.
A pesares de todo, unha maioría dos habitantes de Irlanda falaban gaélico ata 1840. Despois chegou a Hambruna que afectou mais aos gaélicofalantes, a maioría deles eran moi probes, sobrevivindo en terras moi malas coa agricultura de subsistencia. Dependeron case exclusivamente da pataca, e medraban trigo só para pagar os terratenentes ingleses. Un añublo (fungo parasito que ataca as follas) esnaquizou a colleita de patacas, e a xente quedou sen ter que comer. Os que comeran o trigo foron desafiuzados por non paga-lo aluger. A poboación da illa caeu dende uns 8.000.000 ata 4.000.000. Polo menos 1.000.000 morreron, e uns 3.000.000 desafiuzados tiveron que emigrar.
Despois de moitos anos de resistencia, unha parte de Irlanda conseguiu a independencia no 1922. 6 condados no norte onde había unha maioría protestante quedaron baixo dominio británico (ainda que os protestantes só fixeron maioría en catro destes seis condados).
Hai tres grupos de dialectos do irlandés moderno. Donegal, Connacht e Munster. Os dialectos do Donegal son transitorios ao gaélico escocés. El dialecto recen extinto da Illa de Rathlin e a costa de Antrim tiña mais en común co gaélico escocés que cos outros dialectos irlandeses. O estado irlandés ten normalizada a fala en base dos dialectos de Connacht e Munster e desta forma, An Caighdeán Ofigiúil, ensinase en toda-las escolas.
Texto en Gaelico Irlandes:
Bhí an Briathar ann i dtús báire agus bhí an Briathar in éineacht le Dia, agus ba Dia an Briathar.
Bhí sé ann i dtús báire in éineacht le Dia.
Rinneadh an uile ní tríd agus gan é ní dearnadh aon ní dá ndearnadh.
Bhí beatha ann agus ba é solas na ndaoine an bheatha.
Agus tá an solas ag taitneamh sa dorchadas, ach níor ghabh an dorchadas é.
Bhí fear a tháinig ina theachtaire ó Dhia, agus Eoin a ba ainm dó.
Tháinig sé ag déanamh fianaise chun fianaise a thabhairt i dtaobh an tsolais chun go gcreidfeadh cách tríd.
Níorbh é féin an solas ach tháinig ag tabhairt fianaise i dtaobh an tsolais.
Ár n-Athair, atá ar neamh: go naofar d’ainm.
Go dtaga do ríocht. Go ndéantar do thoil ar an talamh mar dhéantar ar neamh.
Ár n-arán laethúil tabhair dúinn inniu.
Agus maith dúinn ár bhfiacha, mar mhaithimid dár bhféichiúna féin.
Agus ná lig sinn i gcathú, ach saor sinn ó olc. Óir is leat féin an ríocht agus an chumhacht agus an ghlóir go síoraí.
Ogam – O alfabeto antigo de Irlanda
Aínda que a tradición druídica era basicamente unha tradición oral, había tres formas de escrita asociadas ó culto. A primeira foi a Ogam, despois Ogma ou Ogmius, un antigo deus celta da aprendizaxe e da escrita.
Os ogams eran o primeiro alfabeto no que atopamos a lingua do gaélico. Talladas na pedra, as mais de 350 inscricións ogams datan do século IV ata o VII e atópanse en Irlanda, e nas partes de Gran Bretaña onde había poboados gaélicos despois da caída do Imperio romano.
O alfabeto inventouse en Irlanda arredor do ano 200. Parece que a invención foi inspirada polo alfabeto latino aínda que as formas das letras son moi distintas. Tratase dun alfabeto composto de curtas liñas e puntos tarado nas beiras de pedras. Por iso, normalmente sufriron moitos danos e pode ser difícil léelas. A forma do gaélico nestas inscricións é moi antiga e non mostran os cambios que posteriormente afectaron o idioma. Preserva-la Q orixinal (pronunciase “kw”) que na fala posterior mudouse a “c”. Tamén se usaban os ogams para escríbe-la linguaxe no celta dos pictos do norte de Escocia.
É un sistema moi doado de aprender, e a pesares do escaso marxe que deixa a toda expresión literaria profunda, ten unhas fortes connotacións máxicas. Hai outra versión do mesmo chamada Ogham Virgular, na que as raias están indicadas por unha serie de puntas de fechas, ningunha das cales corta a líña media. O Cgham, polo visto, foi o alfabeto preferido dos druídas de Irlanda, Cornualles e Escocia, sobre todo nos tempos precristiáns, cando foi usado para fins máxicos e adiviñación triada.
Hai tres doutrinas especiais que a nación de Cymri ten adquirido: a primeira, dende o principio dos tempos, foi a do Gwyddoniaid, anterior á época de Prydian, fillo de Aedd o Grande; a segunda foi o bardismo, ensinado po-los bardos despois da súa institución; a terceira foi a fe en Cristo, O primeiro libro de Barddas chamase “Símbolo” e trata da orixe das letras, o alfabeto e a escrita segreda dos bardos.
As letras foron inventadas por Biniged o Xigante, fillo de Alser, e gravadas en toros de madeira que se chamaban Coelbren. Bran o Bendito trouxo de Roma a arte de curti-la pel de cabra para facer pergameos, e Menw o Ancián recibiu as tres letras orixinais do Deus mesmo coma tres raios de luz, así temos en tres columnas: o son do “O” foi asignado a primeira raia ou columna, a “H” a columna intermedia e a “Y” a terceira. Estas escribíronse nun principio o cal non é moi distinto da escrita rúnica e, o mesmo que as catro letras do “tetragrammaton” hebreo (YHVH), non se poden pronunciar. Estas tres letras místicas din que representan os atributos divinos do Amor, do Coñecemento e da Verdade, cuxos tres principios estaban representados nos tres graos que lles foron outorgados os bardos británicos. Destas tres letras principais formáronse outras dezaseis, e de toda-las letras desenroladas despois polos bardos, formaron o “Abcedilros” unha verba composta po-las dez primeiras letras. Posteriormente, foron engadidas outras letras ata forma-lo número de vintecatro.
Británico:
Parente moi achegado do galo, o británico foi levado a illa de Bretaña polos que colonizaron este país. Moitas das tribos da Galia tamén tiñan terras na illa, coma os Atrebetes dos Belgae, e os Parisi que deron nome a París. A pesares de que o británico ten descendentes vivos, non se sabe tanto desta linguaxe como se sabe do galo. Non hai inscricións longas nin a grande cantidade de inscricións curtas que hai na Galia. Os escribáns romanos dinnos que as linguas dos galos e británicos eran case idénticas e as duas nacións podían entenderse sen problemas. Segundo Tacitos na súa Agrícola XI, “sermo haud multum diversus” a lingua (dos británicos) non é moi diferente da dos galos.
Os celtas chegaron a illa antes do século V aC, pero ó longo da súa ocupación quedou unha estreita relación cos celtas da Galia. Había diversas chegadas de grupos celtas antes da conquista romana, a última
despois da súa conquista da Galia. Un dos motivos romanos para conquista-la Bretaña era para impedir cos británicos axudaran os seus parentes na Galia a resisti-lo dominio romano.
O británico falábase en toda-las partes da illa de Bretaña o sur dos ríos Clyde e Forth na Escocia central.
Sábese por documentos irlandeses e po-las verbas británicas que contén o gaélico que tamén o británico falábase en partes de Irlanda. Atopáronse restos arqueolóxicos de poboados británicos na Irlanda que datan do
ano 100 aC. As lendas irlandesas tamén din dos Fir Bolg, que invadiron Irlanda. Estes parecen haber sido os belgae da Galia que tamén tiñan moitos poboados na Gran Bretaña. No vello irlandés Fir Bolg quere dicir “os homes do belgae”.
O británico contaba a lo menos con tres dialectos. O setentrional que nos deu a linguaxe moderna de Gales, e tamén unha fala extinguida do sur de Escocia, o Cúmbrico. O dialecto meridional que nos deu as falas Cornualés e Bretón. O terceiro era a lingua dos celtapictos que vivían no norte de Escocia.
As linguas británicas: hai tres linguas modernas que pertencen o grupo británico das linguas celtas, e duas extinguidas. Despois da caída do Imperio romano, os anglosaxóns invadiron a illa, e empurraron ós celtas cara o oeste e cara o norte. Un grupo destes fuxiu o outro lado da Mancha, ata Armórica onde aínda viven os seus descendentes, os bretóns. Sábese que no mesmo tempo, grupos de refuxiados británicos tamén fuxiron a Galicia onde a súa fala sobreviviu unhas cantas xeracións.
Galo.
O Galo é o mellor atestado e coñecido das linguas celtas antigas. Falábase na maioría de Francia, Bélxica, norte de Italia e norte de Cataluña, algunhas partes de Suíza, e en todolos territorios ao oeste do Rin.
Segundo as crómicas de Xullo César, durante a súa conquista no 58 – 51 aC, Galia dividíase en tres nacións, os belgae, os celtas, e os aquitani. A lingua dos belgae era idéntica a galo. No outro lado, aquitani do sudoeste
(gascuña moderna) falaban outra lingua non indoeuropea que quizais fora anterga do vasco.
O galo representa a lingua do territorio central dos celtas. Nos anos da súa maior extensión, falantes do celta atopábanse no sur de Alemania, Austria, a República Checa e Hungría. Tribos xermánicas empurráronos ao oeste e os poucos celtas que quedaban o leste do Rin, po-lo tempo de Xullo César asimilábanse rapidamente os xermánicos. E certo que Galia era un país celta nunha data temperán. Os gregos que fundaron o porto de Massalia (Marsella) introduciron o alfabeto grego nas tribos da rexión. Chamábanlles keltoi. Dende logo que os gregos adoptaron o nome para referir a toda-las nacións celtas. Hai inscricións de galo nambolos dous alfabetos grego e latín. As mais importantes son no alfabeto latín e escribíronse en táboas de chumbo. Estas táboas, con inscricións de rezos, maldicións e feitizos tiráronse en fontes sagradas.
O Galo sobreviviu pouco tempo despois da conquista romana. Son moitas as verbas galas que lle foron prestadas o latín popular de Galia e as primicias do Imperio Occidental. Entre outras están: bracae “bragas” (que orixinalmente quería dicir “pantalóns”) cervesia “cervexa”, cucullus “manto”, carrus “carro”, gaesa “xavelina”, bardus “bardo”, druidae “druída”. E probable que a lingua gala sobrevivira mellor nas zonas mais afastadas dos centros da civilización romana. San Xerónimo, nos comentarios que fixo arredor do 400, sobre da semellanza das linguas dos gálatas e os galos de Treveri (Trier, Alemania) insinuaba que ainda se falaba galo no vello territorio dos belgae. Uns poucos anos despois, esta lingua foi aprastado po-las invasións das tribos xermánicas. É posible que o galo sobrevivira mais tempo no sur, nas estribacions alpinas, pero hai poucas probas dereitas.
Hai moito desacordo coa posibilidade de que o galo sobrevivira na provincia de Armórica ata o tempo da colonización británica, e é posible que o galo na provincia fora reforzado pola chegada dos refuxiados chegados da Britania – falantes do case idéntico británico – a partires do ano 500. Algúns consideran que o establecemento do éxito do bretón dependía da existencia de mitos falantes do galo na península armoricana. Por que Armórica estaba afastada dos centros de influencia romana, e probable que o galo sobrevivira ata a chegada dos bretóns no século VI. E posible que a existencia dunha comunidade grande e comprensiva de falantes do galo fora un dos feitos que atraeran os bretóns a Armórica. O galo o británico por suposto que eran semellantes e o coñecemento de afinidade común habería estado xeneralizado entre bretóns e galos, nembargantes, asemella que a lingua do galo estivo recuberta por elementos británicos e o bretón moderno non contén diferencias distintivas dende as demais linguaxes británicos que non se pode demostrar que non haxan evolucionado directamente do mesmo británico. Po-la contra, as características especialmente bretóns desarrolabanse a partires do 1000, e se houbera sobrevivido o galo ata a inmigración británica a Armórica, non nos deixaría ningún risco lingüístico?.
A inscrición de Segomaros.
Transcrición da inscrición: “segomaros : ouilloneos : tooutious : namausatis : eiôroubêlê : samisosin : nemêton”
Probable tradución: “Segomaros Ouilloneos tooutious Namausatis eiôrou bêlêsami sosin nemêton”
Que quere dicir: “Segomaros, (fillo de) Villó, cidadan de Nîmes, dedicou este lugar sagrado a Belesama”
Segomaros.JPG

Lepóntico.
Lepóntico era a lingua celta do norte de Italia, a lingua da Galia Cisalpina dos romanos. Inscricións posteriores dan como certo que a lingua era idéntica oo galo e créese que o lepóntico estaba cada vez mais influído por esa fala. Téñense contas de autores romanos que nos din que había colonos galos no norte de Italia, e é posible que non houbera moitas diferencias entre o lepóntico e o galo. Parece que o lepóntico cedeuse moi axiña o latín, quizais sobrevivira mellor nas zonas alpinas. Por certo, extinguíase, non podía ser
menos, nos comezos da era cristiá. ¿De que nos soa esto?
Gálata.
Gálata era a lingua celta da parte central de Asia Menor, na rexión de Ankara, Turquía.Moi lonxe dos outros celtas, os gálatas descenderon de invasións celtas que chegaron a Asia Menor no 278 aC. Grupos celtas tíñanse
movido na península balcánica durante o carto século aC, dende alí invadían e atacaban Grecia, onde saquearon o templo de Delfos. Duas destas tribos gálatas foron convidados en Asia Menor po-los reis locais, para axudarlles contra seus inimigos. Unha terceira tribo xuntounos uns anos despois. No 230 aC, Attalus, rei de Pergamon, estableceunos na rexión da Ankara moderna.
Ainda que os gálatas se separaban dos demais celtas para moitos séculos, preservaron a súa identidade e fala celta. San Xerónimo, traductor da Vulgata, dinos que no ano 400 da nosa era, os gálatas falaban duas linguas, grego e maila súa propia, moi semellante a dos Treveri, unha tribo do norte da Galia.
Por certo, o Gálata extinguíase aló polo ano 600, que cedeu ó grego.¡ Vaia, por esta vez libraron os cristiáns!
Cúmbrico.
O cúmbrico foi o descendente do británico no norte do seu territorio. Despois das invasións anglosaxonas da Gran Bretaña a partires do século V, os celtas sobrevivían nas montañas do norte e do oeste.
Tres reinos cúmbricos ocupaban as zonas do sur de Escocia, Goddodin, Strathclyde e Rheged. Goddodin foi conquistado decamiño polos anglosaxóns, e despois a zona setentrional, a provincia de Lothian onde estaba Din Edin, a capital do país, foi conquistado po-los escoceses. Strathclyde uniuse con Rheged e este reino uniuse con Escocia no 1036. Mais tarde xa, o territorio de Rheged perdeuse para os ingleses. Parece que o cúmbrico había comezado a ceder ó gaélico antes da xuntanza de Strathclyde con Escocia.
O cúmbrico extinguiuse aló polo 1200. Cedeu ó gaélico no oeste e o anglosaxón no leste do seu anterior territorio. Sobrevive só en topónimos e en tres verbas preservadas nun documento notarial. Estas son; kelchyn “un circuito (de xulgados)”, mercheta “moza”, e galnys “compensación”.
Textos no Gaelico Escocés:
An toiseach bha am Focal, agus bha am Focal maille ri Dia, agus b’e am Focal Dia.
Bha e seo air tùs maille ri Dia.
Rinneadh na h-uile nithean leis; agus as eugmhais cha d’rinneadh aon ni a rinneadh.
Ann-san bha beatha, agus b’i a’ bheatha solus dhaoine.
Agus tha’n solus a’ soillseachadh anns an dorchadas, agus cha do ghabh an dorchadas e.
Chuireadh duine o Dhia, d’am b’ainm Eoin.
Thàinig esan mar fhianuis, chum fianuis a thoirt mu’n t-solus, chum gu ‘n creideadh na h-uile dhaoine trìd-san.
Cha b’esan an solus sin, ach chuireadh e chum gu’n tugadh e fianuis mu’n t-solus.
Ar n-athair a tha air nèamh: gu naoimhaichear d’ainm.
Thigeadh do rìoghachd. Deanar do thoil air an talamh mar a nithear air nèamh.
Thabhair dhuinn an diugh ar n-aran lathail.
Agus maith dhuinn ar fiachan, amhuil mar a mhaitheas sinne d’ar luchd-fiach.
Agus na leig ‘am buaireadh sinn, ach saor sinn o olc. Oir is leatsa an rìoghachd agus an cumhachd agus a’ ghlòir gu sìorraigh.
Galés.
Galés é unha das linguas oficiais e a fala nacional do País de Gales. O mais útil recurso estatístico a man, é unha reportaxe do “Welsh Office”, (Oficina galesa, ministerio do goberno británico sobre dos asuntos galeses) Arolwg Cymdeithasol Cymru 1992: adroddiad ar e Gymraeg único publicado en marzo do ano 1995. Mostrou que 590.800 persoas falaban galés. 326.600 da poboación fálao como lingua materna, o que quere dicir que alguén fala mais o galés ca inglés,.
Galés é descendente dereito do antigo dos británicos celtas. O país uniuse po-la forza con Inglaterra no 1536.
O inglés e agora a única lingua do Estado, e pouco a pouco medrou en influencia no País de Gales.
Nembargantes o galés quedou coma fala cotiá de case toda a poboación ata os procesos da industrialización que desenrolaron no sueste do país a partires do 1800.
Coa industrialización, chegaron inmigrantes dende Inglaterra e Irlanda para traballar nas novas fábricas e minas. A fala das cidades do sueste, onde vivía a gran maioría da poboación, era a inglesa.
O ensino público e de balde chegou a Gales no 1870. Motivo: ensino para espallamento do inglés. Os alumnos castigábanse se falaban galés nos colexios. Esto fixo que o galés entrase nun tempo de declive que durou ata os anos 60. Nesta década, unha organización de falantes do galés, Cymdeithas e Iaith Gymraeg, comezou unha revolta pacífica para mellora-la situación da fala. Isto tivo éxito e agora o galés é a linguaxe oficial no País de Gales, xunto co inglés.
O Galés moderno existe nunha variedade de formas. Hai os dialectos coloquiais, e tamén a lingua escrita que é ben distinta dos dialectos falados. Utilízanse formas verbais diferentes e unha pronunciación mais arcaica. Os dialectos falados están cheos de verbas ingresas que non sempre se aceptan na fala escrita.
O Galés ten unha división fonda entre os dialectos do norte, os do sur. Créese que esta datase dende os tempos do británico antigo. Os dialectos do sur cambiaron mais na súa fonoloxía, por exemplo perderon o son “h”, e simplifican as letras chw a w (por iso se di chwech “seis”, como wech. Chw é semellante o son castelán de ju en “juego”). Tamén é típico dos dialectos do sur que as letras “i” e “u” se pronuncien iguais, coma “i”.
Texto en Galés:
Yn y dechreuad yr oedd y Gair, a’r gair oedd gyd a Duw, a Duw oedd y Gair.
Hwn oedd yn y dechreuad gyd a Duw.
Trwyddo ef y gwnaethpwyd pob peth; ac hebddo ef no wnaethpwyd dim a’r a wnaethpwyd.
Ynddo ef yr oedd bywyd; a’r bywyd oedd oleuni dynion.
A’r goleuni sydd yn llewyrchu yn y tywyllwch; a’r tywyllwch nid oedd yn ei amggyffred.
Yr ydoedd gwr wedi ei anfon oddi wrth Dduw, a’i enw Ioan.
Hwn a ddaeth yn dystiolaeth, fel y tystiolaethai am y Goleuni, fel y credai pawb trwyddo ef.
Nid efe oedd y Goleuni, eithr efe a anfonasid fel y tystiolaethai am y Goleuni.
Ein tad yr hwn wyt yn y nefoedd; sancteiddier dy enw.
Deled dy deyrnas. Gwneler dy ewyllys, megis yn y nef, felly ar y ddaear hefyd.
Dyro i ni heddiw ein bara beunyddiol.
A maddau i ni ein dyledion, fel y maddeuwn ninnau i’n dyedwyr.
Ac nac arwain ni i brofedigaeth, eithr gwared ni rhag drwg. Canys eiddot ti yw’r deyrnas a’r nerth a’r gogoniant yn oes oesoedd.
Cornualés.
O Cornualés era a fala da comarca de Cornualles, no sudoeste de Inglaterra. Aínda que os cornualeses estiveron conquistados polos ingleses antes do ano 1000, mantiveron a súa cultura, lingua e a súa nacionalidade distinta.
O Cornualés ten afinidades mais estreitas co bretón, e dise que os falantes das duas linguas podíanse entender. Os dous pertencen o grupo meridional das linguas británicas. A retirada do cornualés comezou na Idade Media, non tiña ningún status oficial no país. A derradeira falante nativa de cornualés, unha anciá que se chamaba Dolly Pentreath, morreu arredor do 1780.
Hoxe en día fanse esforzos para revivi-la lingua, e unhas 1000 persoas falan esta forma revivida de cornualés.
Texto en Cornualés:
Y’n dallethvos yth esa an Ger, ha’n Ger esa gans Dew, ha’n Ger o Dew.
An keth esa y’n dallethvos gans Dew.
Puptra oll a vu gwres ganso: ha hebtho ny vu gwres travyth a vu gwres.
Ynno-ef yth esa bewnans; ha’n bewnans o Golow tus.
Ha’n golow a splan y’n tewlder, ha’n tewldra ny ylly y dhyfudha.
Yth esa den danvenys dyworth Dew, Jowan y hanow.
An keth a dheth yn tyyas rag dustunya a’n Golow may crysso pup mabden-oll dedho.
Nyns ova an Golow-na, mes danvenys vu rag dustunya a’n Golow.
Agan Tas-ny, us yn nef; benygys re bo dha hanow.
Re dheffo dha wlascor. Dha voth re bo gwres, y’n nor kepar hag y’n nef.
Ro dhyn-ny hedhyu agan bara pup deth-oll.
Ha gaf dhyn agan camwyth, kepar del aven-nyny dhe’n re-na us ow camwul er agan pyn-ny.
Ha na wra agan gorra yn temptasyon, mes delyrf ny dyworth drok. Rag dhyso-jy yu an wlascor ha’n gallos ha’n gordhyans bys vyken ha bynary.
Bretón.
O Bretón non é descendente directo do galo antigo, senón un do británico antigo. Po-las invasións anglosaxonas de Gran Bretaña nos séculos V e VI, grupos de falantes do británico fuxiron ata Armórica, no norte da Galia. Non se sabe se o galo sobrevivía na provincia. Por certo que o británico e mailo galo eran moi semellantes, pero non hai ningún trazo no bretón moderno que diga que non descenda dereitamente do británico. Se a lingua galo sobrevivía, non deixou ningunha influencia evidente no bretón.
O Bretón conta con catro dialectos. O do sueste, gwenedeg, é distinto dos outros. O Cornualés ten mais afinidades co bretón, e dícese que os falantes das duas linguas poden entenderse un ao outro. Os dous pertencen o grupo meridional das linguas británicas. Un dos dialectos mais importantes do Bretón chamase Kkernevek, nome cornualés para a súa propia fala.
O Bretón non ten estatus oficial na Bretaña, e a política dos gobernos franceses sempre foi moi negativa cara o bretón, as outras linguas minoritarios do estado francés.
Aínda que nos últimos anos do século XX tense visto unha baixada moi grave no número de bretón-falantes, a lingua aínda conta con uns 600,000 falantes. Hai duas ortografías, a Zedacheg que tenta xunguir todolos dialectos nunha forma normativa, e a Orthographe Universitaire que se basea nas normas ortográficas do francés.
Texto Bretón.
Er gommansamant e oa ar Ger, hag ar Ger a oa gand Doue, hag ar Ger a oa Doue.
He-ma a oa er gommansamant gand Doue.
An holl draou a zo bet gred drezan, hag hepzan n’ eo bet gret netra hag a zo bet gret.
Ennan e oa ar vuez, hag ar vuez a oa goulou an dud.
Hag ar goulou a sklera en devalien, hag an devalien n’ e deus ked e resevet.
Bez’ e oe un den kaset gand Doue, hanvet Ian.
He-ma a zeuaz da desteni, evit rei testeni diwarben ar goulou, evit ma kredche an holl drezan. 8. Ne ket hen a oa
ar goulou, mes kaed e oa evit rei testeni diwarben ar goulou.
Hon Tad, a zo en neñv: ra vo santelaet da anv.
Ra zeuio da rouantelezh. Ra vo graet da youl war an douar evel en neñv.
Ro dimp hiziv hon bara pemdeziek.
Distol dimp hon dle evel ma tistaolomp d’ hon dleourien.
Ha n’ hon laka ket da vezañ tentet, met hon dieub diouzh an droug. Rak dit-te eo ar rouantelezh hag ar galloud hag ar gloar da virviken.
POR CERTO: SE QUERE APRENDER OU COÑECER MAIS DO BRETON, TEÑO UNHA PAXINA PARA VOSTEDE: www.kervarker.org
Hispabretón.
Os británicos fuxindo da invasión anglosaxona da Gran Bretaña, despois da caída do Imperio romano chegaron as costas galegas e asturianas nos séculos V e VI. A maioría dos refuxios foron na Bretaña Francesa, pero houbo grupos importantes que viaxaron aínda mais o sur e fundaron colonias en Galicia e Asturias.
A súa linguaxe era idéntico co dos bretóns e os cornualeses contemporáneos, pero non sobreviviu aínda que fose nunha so inscrición. Os británicos de Hispania eran tan importante que tiñan o seu propio bispo. Un bispo británico, Maeloc, asistiu o Consello de Braga no 572, e parece ser que os británicos das costas galegas e asturianas tiñan unha gran medida de independencia. Perdérona despois das invasións visigodas e suevas e axiña os británicos asimiláronse na poboación romanizada.
Un dos lugares de asentamento destes refuxiados británicos foi Cedeira, que aínda, ou polo menos ata fai moi pouco tempo, algúns lugareños conservaban apelido británico.
Os Números:
Proto indo-europeo: oinos, duwo, treyes, kwetwores, penkwe, sweks, septm, okto, newm, dekmt.
Itálicos:
Latín: unus, duo, tres, quattor, quinque, sex, septem, octo, novem, decem.
Osco: uinos, dus, tris, petora, pompe, sehs, seften, uhto, nuvem, deken.
Falisco: unus, du, tris, cuatur, cuicue, zex, zepten, oktu, neuen, deken.
Protocelta: oinos, dauo, treis, kwetwor, kwenkwe, sueks, sextan, oxto, nouan, dekan.
Goidélico:
Irlandés vello: óen, dá, tri, cethir, cóic, sé, secht n-, och n-, nói n-, deich n-.
Irlandés moderno: aon, dá, trí, ceathair, cúig, sia, seacht, ocht, naoi, deich.
Gaélico escocés: aon, dà, trí, ceithir, cóig, sia, seachd, ochd, naoi, deich.
Gaélico manés: nane, jees, tree, kiare, queyg shey, siaght, hogt, nuy, jeih.
Galo-británico:
Galo: oino-, do-, tri-, petor, pempe, swekos, sextan, oxtu, nouan, dekan.
Británico: oino, daw, tri, petuor, pempe, suexs, sehtan, ohto, nauan, dekan.
Galés: un, dau, tri, pedwar, pump, chwech, saith, wyth, naw, deg.
Cornualés: onen, deu, try, peswar, pymp, whegh, seyth, eth, naw, dek.
Bretón: unan, daou, tri, pevar, pemp, c’hwec’h, seizh, eizh, nav, dek.
Illas Feroë.
Neste archipiélago diminuto, de tan só 1.333 km2, cunha poboación, de unhas 50.000 persoas ubicada no norte das Illas Británicas,coa súa capital chamada Torshavn, posúe unha característica moi interesante a ter en conta no estudio das linguas celtas. A primeira noticia que se coñece da poboación destas illas foi a ocupación que fixeron os monxes celtas irlandeses aló polo ano 650. Por suposto que tamén chegou con eles unha poboación laica.
A pegada que deixaron aíndan persiste na fala, a pesares que a conquista vikinga (aproximadamente no ano 1000) propiciou o nacemento dunha nova fala, considerada unha das mais curiosos de Europa. Faise incomprensible para os daneses e, segundo o investigador Narciso Binayán Carmona, “aínda que está estreitamente emparentado co noruego medieval e co islandés, ten conservado verbas e formas celtas herdadas dos primeros falantes.” Tamén aquí se conservan numerosas denominacións celtas na toponimia.
A pesares da pequena xeografía e poboación, o faroés posúe numerosos dialectos contra dos cuais loitou o danés, lingua oficial, para imporse. Na actualidade utilizanse ambalas dúas linguas para documentos oficiais e só faroés para uso cotiá. A illa goza dunha autonomía, dende 1948, con linguas, bandeira e institucions propias, reservándose Dinamarca a representación diplomática, e a defensa exterior. Ademais posúe dous deputados no parlamento danés.
Bibliografía:
-Caitlín Mattheus. “La tradición celta”. Editorial EDAF, Madrid 1982.
-Carlos García Gual. “Introducción a la mitología griega”. Alianza Editorial
-Enciclopedia: “Historia Universal Salvat”. Volumen III, Salvat Editores, SA. 1984. Barcelona. España.
-Enciclopedia: “Los orígenes del hombre”. Volúmenes 19 y 20, “Los Celtas”. Time-Life Books Inc., y Ediciones Folio, S.A. 1994. Barcelona. España.
-Guido Mansuelli. “Las civilizaciones de Europa antigua”. Editorial Juventud. Barcelona España. 1972
-Henri Hubert. “La Evolución de la humanidad”. (Tomo XXIV, “Los Celtas”). Dirigida por Henri Berr. Enciclopedia Salvat. Barcelona. España 1972.
-Henri Berr. “Al margen de la historia”. Uteha, México 1961
-Kate Sheridan, The Irish People Irish Lessons.Sin datos sobre la editorial y el año.
-Ramón Otero Pedrayo. “Guía de Galicia”. Tercera edición, mayo 1954. Editorial Galaxia, S.A. Reconquista, 1- Vigo. España.
-Roberto Rosaspini Reynolds. “Los celtas. Magia, mitos y tradición”. Ediciones Continente. Buenos Aires, Argentina 1998.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios