Avanza a ‘arañeira’

76

O tempo que os lectores dedican ós medios escritos caerá en beneficio da arañeira, mentres que o dos audiovisuais manterase estable.
O banco Veronis Suhler Stevenson, dedicado ó sector dos medios, sempre chama a atención no seu informe anual polos puntos de vista desde os que analiza a evolución do sector.


O informe de Veronis Suhler Stevenson establece dous grupos diferenciados de medios: os que contan cun significativo apoio publicitario (televisión comercial, radio, diarios e revistas de consumo) e os que se basean no apoio directo dos consumidores (televisión por cable e satélite, cine, vídeo, TV interactiva, música, videoxogos, Internet e libros). A proporción de tempo que a audiencia dedica a un grupo ou a outro fala das posibilidades de éxito das mensaxes publicitarias. Pois ben, segundo o último informe sobre medios realizado por esta entidade, rómpese a media de tempo que a xente gasta cos do primeiro grupo en beneficio dos do segundo: o público dedica menos cantidade do seu tempo ós anuncios e máis ós contidos premium.
O estudio, do que informa Mediapost.com, revela que aínda o tempo se dedica maioritariamente ós do primeiro grupo, pero que os medios do segundo están a conquistar parcelas cada vez máis amplas. Así, no 1997 os consumidores de EEUU gastaban dous tercios do seu tempo (o 66,1%) en medios soportados pola publicidade. No 2002, a porcentaxe reducírase ó 57,8% e para 2007 espérase que caia ata o 55,4%.
Fonte: galicia-hoxe.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios