Concurso de antenas en Mejorada

52

En MejoradaWireless fan un concurso de antenas enmarcado nas II Xornadas Tecnolóxicas de Mejorada del Campo sobre Wireless. Estas xornadas serán do 15 ó 18 de outubro, e parece que son totalmente gratuitas…..
O único que non teño claro é o premio que se vai levar o gañador, jejeje


As bases do concurso son:
1- O concurso realizarase nas instalacións do CDT de Mejorada del Campo
2- Os concursantes deberán de estar inscritos con anterioridade neste correo “concurso@efectotecnologico.com”
3- Os materiais do taller deben ser traídos pola persoa a concursar así como a ferramenta que se estime oportuna ou se se prefire a organización proveerá do material mínimo para fabricar unha antena básica.
4- O tempo do que se dispón para a realización do concurso é de 3 horas.
5- Ningunha peza pode ser traída torneada ou manipulada de ningunha forma.
6- A proba das antenas realizarase o sábado 18 en todo o termo municipal poidéndose atacar a nodos de poblacións periféricas como por exemplo Torrexón ou Velilla de San Antonio.
7- Premiarase a antena máis orixinal por forma e/ou por utilizar material de reciclaxe.
8- Premiarase a antena con mellor calidade técnica.
Máis información en MJW

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios