Windows XP con 32Mb de RAM

113

Lendo un truco de PC-Actual, atopamos isto:
“Non todos dispoñemos de máquinas de última xeración para disfrutar do Windows XP.
Debido ás especificacións dadas por Microsoft, Windows XP precisa un mínimo de 64 Mbytes de RAM para completar adecuademente a súa instalación. Aínda que o rendemento verase seriamente afectado, existe a posibilidade de instalalo en equipos con 32 Mbytes.


Para facelo, temos que copia-los arquivos “txtsetup.sif” e “dosnet.inf” nun directorio temporal e edita-lo primeiro trocando o valor do parámetro RequiredMemory por 33030144. A continuación, realizamos a mesma tarefa co outro arquivo modificando MinimumMemory por 33030144. Por último, dende o intérprete de comandos, iniciaremo-lo programa de instalación coa instrucción winnt32 /m:C:\nome_directorio_temporal&I> para que obvie os arquivos que se atopan no CD de instalación e use os modificados anteriormente.”
Un truco interesante, pero cando di que “o rendemento verase seriamente afectado” ¿a qué se refire? ¿será capaz de arrancar? ¿o rato andará a brincos? …..
Fonte: pc-actual.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios