Boletín de noticias de Historia

125

Dende fai uns meses, algunhas das principais webs de temática histórica en español, xunto con dous portais, uníronse para desenvolver unha serie de proxectos en común co fin de promove-la difusión da Historia en Internet. A primeira desas iniciativas é o Boletín de Noticias de Historia, que xa vai polo número 6.


O BNH ten unha periodicidade mensual, é enviado por correo electrónico (chega xa a uns 140.000 usuarios do ámbito hispanoamericano) e tamén pode ser atopado na Sección de Historia da biblioteca virtual cervantes en formato web. Presenta novas de actualidade relacionadas coa Historia (congresos, exposicións, proxectos e acontecementos destacados), novidades publicadas nas diferentes webs e suxerencias de navegación, que levarán ós internautas a visita-los lugares máis atractivos e menos coñecidos dos citados sitios e doutros dispersos pola red de redes. Así mesmo, o BNH ofrece ós seus lectores reportaxes especiais sobre temas de actualidade ou relacións de recursos virtuais de interese. Ademáis de aparecer nas webs afiliadas ó proxecto, os boletíns poden ser publicados libremente en tódolos sitios que desexen difundi-los seus contidos.
Fonte: cervantesvirtual.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios