No Reino Unido non deixan saír un cadro de Rafael

73

¿Realidade ou ficción? veño de ler en elmundo.es un artigo que fala de que a lotería inglesa deu cartos para que un cadro de Rafael non se vaia do Reino Unido, algo que da moito que pensar no noso outra vez.


Non do feito de protexe-lo noso patrimonio cultural, senon da concienciación de todos nós respecto ó noso. Xa non digamo-los feitos vandálicos, se non os que pasan por simple descoñecemento do noso patrimonio -lembrádevos da pedra ‘oso’ de Camariñas.
¿Cómo é posible que ocurra isto? pois ou porque a xente non coñece o que ten, ou porque non lle importa. Se é polo primeiro, mal estamos, e se é polo segundo, estamos aínda peor.
A solución só pode se-la educación, tanto nas escolas coma nos medios de comunicación. Os medios de comunicación non están pola laboura -salvo uns poucos- e na educación, poucos hai que realmente o faigan. Así que mal estamos para mellorar isto.
De todas formas, esperemos que con proxectos como o desta páxina haxa xente coma Ferloxe que nos vaia ensinando algo do noso, porque aquí nas Pontes temos moito e é unha pena que non saibamos del e moito máis que se perda… Temos que coñecelo e varolalo, porque é o que hai e francamente non está nada mal.
Coidádevos e coidade da nosa/vosa Historia.
A nova do de Rafael tédela aquí

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios